Eu tamén son pai e entendo a uns, e son –e sobre todo fun- fillo, e comprendo ós outros, e a maiores son xornalista, co que sei do noso, pero todos deberiamos conducirnos algo máis a modo. No asunto este das detencións de independentistas aquí e noutros similares que se aveciñan por aí.
Como pai, eu tamén me impoño cando penso que a cousa se está demandando, ou cando teño prontos, que os teño, con razón ou sen ela. E por eso entendo o das detencións como un aviso a navegantes da autoridade competente de que, igual que os pais, acaba sabendo todo o que pasa tarde ou cedo (neste caso, máis ben cedo), e como unha chamada de atención antes de que a cousa pase a maiores e haxa algún disgusto que lamentar. É decir, unha advertencia tipo: “¡vaste enterar!” ou “¡pasa que cenas!”. O que me parece, desde o punto de vista meramente paterno, é que os castigos débense facer no momento mesmo en que se sabe quen foi. A Operación Castiñeira semella un pouco, con todas as diferencias, como se o meu pequeno fai unha trasnada e agardo a que a nena faga outra para poñer as cousas en orde. Así o debeu entender o xuíz que, logo de que lle levaran ós díscolos por unha orella á súa presencia, determinou que el non era o axeitado para decidir, porque actos como facer pintadas, proferir inxurias e xuntarse con outros para nada bo non é terrorismo. (Hai outra posible interpretación: o xuíz é o que sentenciou que a kale borroka non era terrorismo e o que pediu a extradición dos militares norteamericanos que mataron a Xosé Couso, mentres o fiscal que considerou que este non era caso para eles, é un daqueles “indomables” que facían máis ou menos o que lles petaba. Ou sexa, que non se levan. Esta interpretación vai entre parénteses porque estraga o ton de parábola que quero darlle a esto).
Na miña faceta de fillo entendo tamén o que é estar cheo de razón nun mundo en que o político antes coñecido como Aleix (Alejo Vidal Quadras) pode esixir na prensa que xulguen a Zapatero por traidor. Coñecemos a frase “la Historia me absolverá” porque quen a dixo conseguiu despois que a Historia se escriba ó seu xeito. Pero no interín, hai que apandar xudicialmente coas consecuencias, anque sexan tan desmedidas como os catro anos que lles caeron a dous celtarras por ter a intención de mandarlles uns cócteles molotof a eses seguidores do Real Madrid que se dedican a apalear mendigos e apuñalar contrarios. E como xornalista, non estou satisfeito do bombo que lle demos en xeral a unha operación da que non demos averiguado (e moito menos informado, polo tanto) se en realidade se trataba da desarticulación dun grupo terrorista, dunha detención conxunta para optimizar recursos técnicos e humanos ou que.
En teoría, todo o mundo debeu quedar contento. As autoridades polo público tirón de orellas, os das orellas polo resultado final (de momento) e polas primeiras páxinas acaparadas ata en La Razón (manipulación a que se queira, pero son primeiras páxinas), e os medios de comunicación por cumprir o noso deber social e encher. Na práctica, penso que a todos lles/nos saíu o tiro pola culata.
(para xoves 17 de novembro de 05)
Por certo, Rajoy e Zapatero coinciden conmigo: tamén son pais. E os acontecementos similares que acontecerán por aí que citaba no primeiro parágrafo e que me esquecín desenvolver refírese á prevención das autoridades españolas/catalanas (nesas cuestións nunca hai diferencias) alarmadas polas mensaxes interceptadas entre antiglobalizadores para reproducir en Barcelona a revolta francesa. Alarma que lle confiaron ós medios de comunicación, para que non cunda a alarma social.
Se queren tirar das orellas que vaian a polos ultrasur (r.madrid), bastion (at. madrid), frente atlético (at. madrid), supporters gol sur (betis), brigadas (espanyol), ultravioletas (valladolid), juventudes verdiblancas (rac. santander), ultraboys (sp. xixón),frente boquerón (málaga) etc…
Aí teñen orellas dabondo para facer un bo cocido deses que organiza o PP-gz para 200 persoas…
O que non me queda nada claro é se quedaron libres con cargos ou sen eles. Porque temos para todos os gustos:
La Opinión A Coruña: “La Audiencia libera sin cargos a los diez independentistas acusados de terrorismo”.
El Ideal Gallego: “Dejan en libertad sin cargos a los diez independentistas”.
… mais na portada de La Opínión e no propio contido da noticia falan de que quedaron con cargos.
http://www.laopinioncoruna.com/media/portadas/2005-11-24POR2005-11-170132291_ejemplar1855.pdf
http://www.laopinioncoruna.com/secciones/noticia.jsp?pIdNoticia=42078&pIdSeccion=4%23#
Non sei, deixei de cubrir o tema. A dúbida reflicte a confusión informativa xeral sobre o asunto. Polo que sei, ó trasladar o asunto ó ambito xusrisdiccional galego enténdese que hai causa, pero será aquí onde determinen se hai cargos e cales.
Quedan sen aqueles cargos que son obxecto de investigación pola Audiencia Nacional (delitos de terrorismo). Pero a A.N. deixa nas máns das Audiencias galegas a eventual presentación de cargos polos outros delitos que lles imputaban (asociacion ilicita, desordes publicos, etc).
Noraboa pola reportaxe da 2 sobre o prestige.
por certo: ademais de mirar para ultrasur, etc, penso que non estaria de mais botar unha ollada ós boixos nois ou os celtarras, que tampouco son Gandhi
Gracias. Era básicamente o do ano pasado, traducido ó galego, recuperando cousas que lle quitaran en Madrid (por exemplo o color nas declaracións de arquivo) e cun par de gracias que algúns dixeron recentemente. (Así, entre nós, quíxeno meter na rede pero non dei)
Teñen razón tanto Anzony coma eSedidió, e aínda hai máis fora do fútbol ¿Ou cal e a diferencia entre o discurso da extrema dereita e a apoloxía do terrorismo?
Por desgracia, hai moito flipado con historias de loita armada e cantigas desas, que non se da conta de que, sexan do bando que sexan, sempre sacan partido deles os mismos.
Sr. Pereiro: Unha das razóns polas que o admiro e que, case tódalas veces que fala de xornalismo, o fai cunha autocrítica que oxalá fixeran a metade dos seus colegas, polo menos dos que teñen a responsabilidade de influir sobre a opinión do público.
Se mo fas chegar eu pódocho subir
Esquecía Herri Norte (non sei por que carallo éntrase na dinámica de pensar que hai makarras bós e makarras malos en función da bandeira coa que te pegan de hostias…)
Agradecido polas explicacións dos cargos. E entérome agora que volveron emitir o documental de sihomesi sobre o Prestige… “Sete días de novembro”. Vaia. Desta vez o perdín. Mais parabéns pola xoia rabuda que vin o ano pasado. A ver se é posible o da rede
E máis do boicot: atopados uns feixes de papeliños na Coruña esta noite no chan diante de La Caixa (Cantón Pequeno/Juana de Vega): “BOICOT A LA CAIXA = Montilla + corrupción”. Son moito estes liberais-boicoteadores.
O problema é que a Herri Norte xa os teñen acusado de kale borroka e demáis lindezas e ós que dixen no outro post (eskecía ós boixos, sorry) non. Porque digo eu, non é kale borroka asociarse “lícitamente” captando chorbitos nos institutos para dar ostias a inmigrantes, queimar bandeiras de euskalherría-galiza-catalunya e boikotear actos (carrillo)? Iso non é kale borroka?.
Esté ben iso de que son igual de malos uns que outros, pero iso tes que decirllo ás autoridades (in)competentes.
A ver…. non vamos aproveitar este blog, que non é noso, para polemizarmos sobre cuestións nas que estou seguro que estamos dacordo no fondo.
En todo caso, a expresión “kale borroka” é unha autodefinición do MLNV sobre determinado tipo de actividades. O outro é violencia fascista ou chámalle como queiras. Eu o que digo é que, as máis das veces, hai moito máis de compoñente makarra (ou lumpen, como prefiras)dos ultras futboleiros e dos skins, pero tamén dos katxorros de jarrai, que ningún tipo de compoñente ideolóxica.
Por certo, reitero o meu ofrecemento para subir á rede o documental, xa sexa na mula ou como torrent (ou os dous…)
sihomesi, páselle o documental a eSedidió, que eu queríao baixar. (E avisen cando estea “pendurado”, claro. Graciñas.
Por certo: Estou en contra de pasar por diante dun caixeiro e que me estoupe algo nas narices.
Aproveiten, aproveiten, que é de balde, e así eu teño cousas que ler, que os post xa os coñezo. En canto ó de subir
así, na intimidadeo que teño en dvd son os dous orixinais do ano pasado, este aínda non, pero, ¿como os fago chegar?Ocúrreseme, así, a estas horas da mañanciña (por certo, Sr. sHs, a ver se arranxa isto das horas do seu blog que vivo nun sinviver…), eu que sei, deixemo nun bar, ou na redacción, ou no meu curro… (para que demos se me pide o meu correo-e cada vez que entro se despois o dono do blog non os pode usar?) Se ten un DVD eu penso que o mellor será comprimir a DivX (sobre 700-800 Mb), ou se se quer mesmo pódese subir en formatos similares ós DVD (RatDVD… sobre 3,5 Gb). O malo é que para despois descargar desde EMule ten que haber mais fontes que compartan, senón pódese eternizar. Eu comprometo a subir e deixalo no meu servidor sine die. Os primeiros que o baixen deberán ter paciencia e despois compartilo tamén… Estooooo…. quería pedir un favor, se pode ser… ¿podo facer unha pequena modificación do video? non é nada, so é tapar o careto do manuchao tocando o bombo… e que ultimamente ando fatal das almorranas e o tipo ese faimas empeorar…. Vaaale, deixareino como esta
Xa o esquecía…. na rede aparecen de cando en vez cousas moi interesantes…. por exemplo, dende a mula pódense descarregar as imaxes que emitíu non sei se a TVG ou TVE (a que fala é Tereixa Navaza…) o día da chegada do cadaleito de Castelao a Compostela, coas hostias e todo aquilo…
Uf, ¿só setecentos megas? E eu conectado a 45kb/s… ¿Pódolle pedir, Sr. Pereiro (perdoe que insista en usar o seu apelido, pero e que sigo asociando os nicks a persoas que non distinguen moi ben a súa identidade da protagonista de Final Fantasy ou Doom II)que me mande o citado DVD por correo postal contra reembolso? ou dígame un lugar e unha hora e estarei alí para recollelo.
Respecto ó rumbo que leva a polémica… Tanto os bos coma os malos (que cada un escolla os seus) non son máis que uns suxeitos, nunha idade do pavo tardía, que superan as súas deficiencias coa tranquilidade que lles da o feito de sentiren o temor dos demais. Da igual que sexan de extrema dereita, extrema esquerda, extrema independencia, extrema indiferencia ou simplemente pandilleiros tipo Latin Kings.
O que a min me doe e que os ideólogos dunha ideoloxía se apoien nos radicais da contraria para xustificarse. E ideólogos hainos na política, na radio, na tele…
Do documento histórico do que fala eSedidió, o elink no eMule é:
ed2k://|file|Carga%20Policial%20No%20Traslado%20a%20Galiza%20e%20enterramento%20em%20Bonaval%20(Compostela)%20de%20Castelao%20-%20TVE-G%201984.avi|49987584|87131687DFC73FDB940F996A1240BAC7|/
Agora vai mellor:
Carga Policial No Traslado a Galiza e enterramento em Bonaval (Compostela) de Castelao – TVE-G 1984.avi
Para ser máis exactos (uns 48 Mb):
ed2k://|file|Traslado a Galiza e enterramento em Bonaval (Compostela) de A.D.R. Castelao – TVE-G 1984. Interessantissimo documento historico. Nacionalismo galego..avi|49987584|87131687DFC73FDB940F996A1240BAC7|/
🙂
ver tamén (290 Mb):
ed2k://|file|na.defensa.da.terra.[galiza].manifestacions.encrobas.baldaio.xove.anos70.Carlos.Varela.Veiga.mpg|305380572|A4F8F282C4DFD792D2B7CF7851A7CE6A|/
ou (10 Mb):
ed2k://|file|Video en Ferrol Pintando unha estatua de franco cinco detidos By miCoRRaDo Galiza CeiVe.avi|10733568|933357E1309C3991FE2215E0B7BCD7DE|/
Seguiremos informando )
Continuando co meu labor filantrópico dos sábados sabadetes, estou disposto a subir a rede algún material que anda algo escaso por eiquí: por exemplo, o CD que publicou ETB co titulo Euskadi Galiziarekin – Galiza con Euskadi (a prol de Nunca Mais): a maioría é un recopilatoria de traballos xa publicados de colaboracion entre artistas vascos e galegos, pero hai algun inédito: Oskorri ou Jabier Muguruza cantando en galego e Luar na Lubre tocando cuns nenos no Ibilaldia (día das ikastolas) do 2001, ademais dunha preciosidade chamada Tipulazioa que cantan un monton de peña. O CD completo non está na mula.
Se alguén non o coñece e/ou está interesado, que avise (Un dia destes vou acabar no trullo )
Ben certo que é vostede un filántropo. Aínda farán uns premios eSedidió, unha fundación eSedidió e unhas xornadas de exaltación de eSedidió e todo. Controlaba o de Carlos Veiga mais non o de Ferrol Vou por el
Vémonos no trullo.
Onde dixen Carlos Veiga quixen decir Carlos Varela.
Moitas gracias, sr. Mourullo, pero á miña filantropía hei de engadir a miña natural modestia, que me impediría recibir calquera caste de homenaxe por merecida que esta fose …. Se acaso contentaríame con sair un momentiño no próximo documental do Sr. sHs, a ser posible tocando o bombo (a gorra xa a aportarei eu….)
Velahi vai a miña contribución a amizade entre os pobos ed2k://|file|Euskadi Galiziarekin – Galicia con Euskadi (a prol de – Nunca Máis – en alde) Completo by Fume&Ilargia.rar|92295717|7FADCBCFDF3E631C92D573DC433F5DF4|/
Seguiremos informando