Parecía unha parvada, pero leva camiño de se converter en:
A.- Un xénero periodístico
B.- Un uso social
O de agachar como sexa a identidade cando che tocan unha chea de pasta. Ó agachad@ de Zas únese agora o escondid@ de Noia, con grande alborozo dos encargados nos medios de procurar “noticias de interese humano” (que non parecen así asumir a secuela: que as demais que poñen son de interese animal ou de interese inexistente) e con grande mosqueo de:
A.- os presuntos veciños do premiado
B.- Os da Lotería, que ven como se lles escapa a grande promoción para os seus productos que sería ver a un tipo todo nervioso cargando un feixe imaxinario de pasta.
O mosqueo da cúpula loteira é tal que:
A.-En privado recordan que hai xogos de azar nalgúns sitios do mundo (EEUU) que inclúen nas normas a obriga de saír nun show televisivo en directo para poder cobrar o premio.
B.-Interiormente, debaterán a obriga de que se presente alguén -non necesariamente o agraciado, valería un cuñado ou un notario, que tamén aseguraría o anonimato- para cobrar o premio.

Advertisements