Etiquetas
A semana pasada caín na tentación de asistir a unha desas convocatorias gremiais onde se discute sobre a información, ou máis ben sobre como se informa e sobre como se debería informar. Normalmente resístome porque todos sabemos que se fai mal e por que, e o pouco remedio que ten, aínda que ós informadores, exactamente igual que ós informados, o que nos presta é que nos reforcen as opinións que previamente temos.
O que xa sabemos pero nos gusta escoitar, segundo o certeiro verbo de Xosé Luis Barreiro, é que: 1.- A cegueira (informativa) vén tanto pola falta de luz como polo exceso. 2.- Se hai pouca información, é posible analizala. Se hai demasiada, só queda a escolla aleatoria. 3.-Na información actual hai variedade de opinións, pero ¿hai variedade de temas? En conclusión, coa que se aveciña (18 canles de televisión, un xornal gratuíto máis na Coruña), atopar unha noticia ou un tema novedoso vai ser como sacar unha primitiva. Nestes debates, o público adoita botarlle a culpa dos males descritos ós periodistas, e os periodistas ás empresas ou ó mundo que está feito así (reprimindo as ganas de contestar: “a culpa de quen vai ser, súa, por consumir o que consume”). De paso, aproveitan –aproveitamos- para asumir ou incluso reivindicar ese papel do xornalista como heroe cunha misión social/divina que convén a uns e outros.
Eu, de cando en vez, rompo a cabeza sobre o particular. ¿Cal é a miña misión? ¿distraer a quen tivo o detalle de gastar un euro neste periódico da canseira das declaracións dos políticos contra os seus colegas, das deprimentes denuncias sobre os defectos da súa xestión, das abraiantes narracións de desgracias?, ¿comunicar a miña opinión por se dera a casualidade de que a alguén lle interesa? Se polo menos fose como Xiang Fei… A señora Xiang ten na Radio Nacional de China o programa A noite de China, que se emite coa participación dos oíntes (como Hablar por hablar, vamos), e ata o momento conseguiu que tres deses oíntes, criminais fuxidos, se entregaran á policía despois de intervir no seu programa. O South China Morning Post conta que o máis reacio, Gu Haijun, buscado desde hai 12 anos por asasinato, interveu 13 veces antes de que a locutora o convencera de “escoller o camiño correcto na vida”, segundo a terminoloxía da locutora, máis propia do que debería ser a COPE.
Claro que tamén podería ser como un colega parece ser que moi famoso, David Gistau. Ó colega, nada máis desembarcar na profesión, mandárono de corresponsal de guerra, pero non lle gustou (“allí descubrí que no tengo las características de buen periodista. Me importa un carajo la información, no tengo tenacidad para la investigación, soy vago, lo que me gusta es pasarlo bien”). Así que agora manda unhas columnas moi polémicas nun xornal madrileño, que tampouco o teñen moi satisfeito: “me hago cargo de que la columna me está forzando una imagen pública muy antipática, que no es la de la persona”, asegura, aínda que o tranquilizan dúas cousas: 1.-“mis amigos saben cuál de los dos soy yo”. 2,- “me pagan muy bien, estoy muy contento”.
Non me estraña que os periodistas de provincias esteamos dándolle voltas ós problemas da información.
(luns, 5 de decembro de 05)
1.1) Dende que empezaron a falar de máis canles de televisión, plantéxaseme unha dúbida: Se xa non saben que broza inventar para encher unas 20 (horas) x 6 (canles)= 120 horas diarias de TV (descontando as teletiendas de madrugada) ¿De onde van a sacar material para 360 horas (18 canles)? A miña resposta e tipo koan zen: Non penso facer nada por averigualo.
1.2) A miña solución proposta para a falta de contidos na TV, e nos medios en xeral, é bastante práctica: aforrar enerxía e papel, pechando a emisión cando non haxa nada que contar ou non imprimindo palla.
2) Eu penso que a obriga dun xornalista… mellor dito: O que eu agardo dun xornalista (por si interesa) e que, si cree que me debe contar algo, que o faga co mellor estilo posible, que depure a “sustancia” para non me facer perde-lo tempo, que non se crea máis listo ca os demáis (isto creo que inclúe ós seus dous exemplos) e que non sexa un mandado (isto ten varios significados).
Deducirá vostede que pocos xornalistas, editores e productores pagan os estudios dos seus fillos do meu peto.
Desengáñeseme vostede, que os xornalistas teñen xa deixado de seren informadores. Hoxendía a información está na rede, e, en calquera caso, o problema é o exceso de información. Que na rede e fora dela exista cada vez menos coñecemento (e xa non falemos da sabiduría)é: a)Unha derivada do propio exceso de información que nos impide a reflexión (ao fin e ao cabo non somos máquinas)e b)A inexistencia de referentes, ou sexa, persoas ou grupos aos que podamos recorrer para que nos fagan a filtraxe e a interpretación desa información.
Por desgracia os referentes que quedan polo mundo adiante compórtanse como gurús, por culpa de todos nos, que consumimos o seu produto. Mesmo dos xornalistas, dende o momento no que é máis importante escribir ben (ou ter labia) que ser un bo tipo.
PS. xuro que hoxe non comín cocido
Encantáronme as razóns tranquilizadoras de Gistau.
Bueno, Sr. eSedidió, e de xusticia dicir que nesta casa, na que vostede máis eu comentamos ás nosas anchas, hai algo do (positivo) que dice.
Algún informador queda por ahí. E tamén queda quen dea opinións sin se crer máis listo que os demáis ou ser un “sicario”. Pasa como cos artesáns, ou os bos oficiais (de albanelería, de mecánica…), que cada vez quedan menos e hai que buscalos.
Efectivamente, a culpa é toda nosa, por sermos “consumidores” no canto de persoas.
Eu, en canto lin a entrevista completa ó tal Gistau, o que me quedou foi cara de idiota, por ser de provincias (mira que papei roldas de prensa dde consellerías e deputacións sen dar descuberto que non servía para tentar facer noticias delas)…. e por riba escribir en indíxena. Caghoendié.
Non sei se me expliquei ben…. a ver, eu non son un habitual dos foros e demais historias participativas…. eu atopei este blog despois de ler un dia a columna do Sr pereiro no faro, e dende entón é case o primeiro que fago despois de prender o meu pc polas mañanciñas… e entre os meus multiples vicios non está (polo de agora, que nunca se sabe….) o do masoquismo. Xa dixen un día que esto de soltar chorradas estabase a convertir nun vicio. Se tuvera unha mellor capacidade para escribir non me viría a cabeza iso de “un soplo de aire fresco, etc….”. En calquera caso, detras das columnas de sHs atópase (aí si) un bo tipo. E así lle vai
Carai, eSedidió, gracias por un lado, pero por outro non me vai mal. Como decía o xefe local do Movimiento e profesor de FEN e ximnasia do instituto do meu pueblo, “gracias a estas caralladas, mantengo medianamente gordos a mis cinco hijos”.
E digo eu, se há tantos novos canais, e tanta dificuldade para encher contido, nom seria possível que algum desse canais fosse em galego. Mas suponho que em dizendo isto vam atopar rapidamente questoes “interesantisimas” com as que nos encher os miolos.
Desculpe se lle teño ofendido, pero eu non me refería a que os seus fillos pasasen fame ou si tiña vostede un monovolumen, poño por exemplo. Estou seguro que, nese sentido, vaille moito mellor que a mín.De todos os xeitos, dea por non dita esa maldita frase. É que eu sonlle de ciencias, e tatexo por escrito.
A 8: Os contidos na tv fanse para a meirande audiencia posible (de feito non se fai nada que non sexa o mínimo común denominador) ou para nichos concretos (os cazadores, os bebedores de cervexa). Non van facer algo para 2.700.000 podéndoo facer para 40.000.000. En concreto, agora o que se fai é repetir os formatos que trunfan, non crear novos. Noutras palabras: satisfacer a demanda, non incrementar a oferta.
A 9.- Non home, pordiós. É que odio dar pena ou queixarme. E eu tamén era de ciencias, pero deixeino porque había que cavilar demasiado.
Je je je, eu sempre fun de ciencias por máis que me aconsellaron que me metese a letras. Cousas da vida e das (¿equi?)vocacións.
Nun estatus permanente de autocrítica, leo todo o que escribo e, neste caso, trato de evitar parecer un pelota compulsivo. Vou mirar para outro lado e dicir o que insinuei noutro “comment”: http://sihomesi.blogsome.com (e outros, sexan blogs, Guiñoles ou terceiros), reperesenta o 90% do meu consumo diario de xornalismo (vamos, que me apunto ó 6. de eSedidió)
1) Porque pensa parecido a min (Commentario 1 (meu propio) apartado 2)
2) Porque fala a miña linguaxe e o meu idioma.
3) Descubrin isto via “todonada…” que está na misma órbita.
4) Só boto en falta, quizais por descoñecemento do medio, blogs alleos ó xornalismo, á cultura, e a internet en si mesma.
5) Quédame algo no tinteiro (que non Trinteiro-Ourense) e non me dou conta do que é.
E eu engado: é como se soubeses poñer con palabras precisas o meu pensamento desordenado.