Todas as vantaxes teñen o seu inconveniente. O correo electrónico ten o chamado spam, que vén sendo a versión en bits daqueles sobres de papel que contiñan propaganda ou certificacións de que ganaramos un precio exclusivo. Hai tempo, os email non desexados estaban empeñados en ofrecerme sistemas para que me medrara algo que me caracteriza como animal masculino, e agora inúndanme de ofertas de viagra e outros “fármacos populares” como eles lle chaman, considerando que se estimulan a función, quizais logo eu queira mellorar o órgano. A última moda en intromisión é tentar meterche virus co escusa da proximidade (as túas propias contas, ou as da familia, envíanche mensaxes en inglés) ou do medo: remitentes ameazadores tipo post@cia.gov ou mail@fbi.org aseguran que estiveche visitando alomenos 30 páxinas ilegais, e esixen que fagas o favor de contestar unhas preguntas. Entenrecedor.
Hai unha chea de estudios apocalípticos formalmente económicos sobre o spam. Un da empresa norteamericana Ferris Research asegura que os 4,4 segundos que se tardan en borrar cada email non desexado supoñen unhas perdas anuais de 890.000 millóns de dólares en EEUU e de 250.000 millóns en Europa, soamente para as empresas, sen contar a perda de tempo e traballo dos particulares. Mesmo Trend Micro, una empresa especializada en tornar dos virus e outra bichería informática argallou un programa gratuíto no que, introducindo o número de persoal con correo electrónico, o salario medio da xente, a cantidade de emails que se reciben e o tempo que os servicios informáticos dedican a amañar os prexuízos derivados deses problema, calcula o custo que causan (seguro que a cantidade resultante é inferior ó que vale comprar os programas de seguridade de Trend Micro). Aínda que peor é que gasten papel en tentar convencerte de que teñas unha visa-Real Madrid, ou que te chamen por teléfono para vender seguros.
A verdade, o spam molesta, pero eso das perdas millonarias non me cola, con perdón de Ferris e Trend. No cuarto de hora que mesmo o traballador máis eficiente dedica cada xornada a conversas telefónicas privadas ou mirar para os biosbardos, dálle tempo a eliminar 204,5 emails que lle prometen alongar a súa ferramenta (non precisamente de traballo). É o mesmo que os que calculan as perdas pola piratería, informática ou musical, partindo da base de que, sen piratería, a xente compraría os mesmos productos legais, e na mesma cantidade (e xa postos, tampouco se descontan os beneficios das empresas que fan spam, por algo no principal país productor, EEUU, non hai lexislación ningunha sobre o asunto).
Pero peor son cousas como o que acaba de entrar no meu correo. Baixo o saúda “Apreciable ejecutivo”, Quality Trainning invítame a participar nun “exitoso seminario” titulado “Contratación, Despido, Finiquito y Liquidación”, no que poderei aprender a controlar potenciais ameazas á miña productividade, como “Desarrollo de Sindicatos Rojos con objetivos y causas contrarias a los planes de la organización, o Demandas Laborales individuales y colectivas que pueden dañar gravemente a una empresa”. Afortunadamente, o seminario celébrase en México, co que se quero comentarlles o que me parece o seu seminario o único sistema que teño é vía email.
(mércores, 7 de decembro de 05)
Non sería para ir o 12 e o 13 de decembro ao Hotel Crowne Plaza en Monterrey? Asdo.: Outro “apreciable ejecutivo” espameado.
Ese, ese. Aínda estamos a tempo de animarnos…
Que sorte teñen vostedes, que son obxecto de propagandas varias. Párense por favor a pensar no triste que resulta a vida dos que, coma min, case non recibimos spam no correo nin mensaxes de “pásao” no mobil. Eu estaría desexando recibir propaganda desa do alongamento do trasto, ou convocatorias varias para manifestarme, aínda que fora contra o estatut. Síntome un mindundi. Menos mal que (bendita casualidade) o ultimo numero que me asignou vodafone pertenceu antes a un capitoste de CiU, e me forran a “passa-ho” contra o PSC ou a prol do cava. O malo é que non son pra min, pero eu contesto igoal.
Por certo, e falando de alongamentos: se vostedes guglean “courizo ceboleiro” ou “morcilla galega” atoparán como referencia un foro de engrosamento de chismes. Sen comentarios.
O dos pretensos spams da CIA nom o sabia. O dos cursos para apreciables ejecutivos nom me chega, porque como eu vendo fruta…o meu é-vos trabalho manual.
Por que pensa que a fruta está libre de ameazas?, E logo non hai perigo de que se introduzan os Sindicatos Rojos nos recolectores de Napa Valley?
Já, mas eu som autónomo, o que eu poido fazer referente a práticas anti-sindicais é como muito negar-me a fechar a loja um dia de greve, cousa que nunca fago porque se nom há postos de trabalho e bons ordenados, nom há vendas, amigo. Nom todos os concissionários de postos de fruta pensam assim, mas eu escoro cara a esquerda desde sempre e nom lhe tenho mentalidade de empresário. Homem, o que podem é anunciar cursinhos de defesa pessoal contra os piquetes, precisamentte para esses, para os que quando há umha greve lhes salta o resorte leirista.
Tres mostras do spam metemedos (os teléfonos serán os de verdade?)
Subject: You visit illegal websites
Body:
Dear Sir/Madam,
we have logged your IP-address on more than 30 illegal Websites.
Important:
Please answer our questions!
The list of questions are attached.
Yours faithfully,
Steven Allison
++++ Central Intelligence Agency
CIA++++ Office of Public Affairs
++++ Washington, D.C. 20505
++++ phone: (703) 482-0623
++++ 7:00 a.m. to 5:00 p.m., US Eastern time
Subject: You visit illegal websites
Body:
Dear Sir/Madam,
we have logged your IP-address on more than 30 illegal Websites.
Important:
Please answer our questions!
The list of questions are attached.
Yours faithfully,
Steven Allison
* Federal Bureau of Investigation
FBI935 Pennsylvania Avenue, NW, Room 3220
Washington, DC 20535
* phone: (202) 324-3000
Subject: Registration_Confirmation
Body:
Protected message is attached!
Go to: http://www.your_domain
Email: postman@your_domain
Body:
Glueckwunsch: Bei unserer EMail Auslosung hatten Sie und weitere neun Kandidaten Glueck.
Sie sitzen demnaechst bei Guenther Jauch im Studio! Weitere Details ihrer Daten entnehmen Sie bitte dem Anhang.
+++ RTL interactive GmbH
+++ Geschaeftsfuehrung: Dr. Constantin Lange
+++ Am Coloneum 1
+++ 50829 Koeln
+++ Fon: +49(0) 221-780 0 oder