Cando lean isto estarase tomando unha das decisións máis parvas e máis hipócritas das moitas que se poidan tomar, e miren que hai competencia. O peor desta é que non lle imos poder botar a culpa a ninguén en concreto, porque están sospeitosa e unanimemente de acordo todos os nosos representantes políticos, incluídos os que fuman e os elixidos polo 31% de electores que fumamos. A nova lei antitabaco escapa tanto das proclamas do Goberno que aseguran que están a resolver os problemas da xente, como das reclamacións de Rajoy de que hai que ocuparse dos problemas serios, e mesmo da oportunidade que teñen os deputados minoritarios de defender ás minorías e a sensatez sen gasto ningún, nin risco de que lles fagan caso.
Enténdaseme. Non estou a favor de que o fume invada todos os sitios, e moito menos de fumar, nin sequera de fumar eu. O do tabaco é para min un vicio ruín, e o menos pracenteiro dos que teño, por non falar do gasto. Pero esa lei que prohibe fumar nos postos de traballo, así en xeral e sen matizar (tanto teña que sexa unha obra en construcción como un estaleiro, ou unha oficina) é unha machada. Unha machada, que cucamente, prevé maiores sancións para as empresas que para os traballadores (as empresas teñen mais poder de decisión sobre os empregados que eles propios) e máis cuantiosas ás empresas que dispoñan un lugar para que adictos satisfagan o seu vicio nefando que ás que se limiten a non respectar a legalidade. Todo, por suposto –e aí estou de acordo co que propuxo o PP sen éxito- sen que a sanidade pública axude nada ó desgraciado vicioso que se queira quitar.
Ben, unha axuda si que hai. Unha campaña de publicidade: “En tu interior, sabes que es bueno para ti”, que recorda aquelo de “es por tu bien” e revela a mala conciencia do lexislador. Peor a terá cando se produzan as previsibles consecuencias no ámbito laboral, que ata preveu o Consello Económico e Social: a crispación entre o persoal. Os non fumadores comezarán a queixarse de que os outros pasan o día botando un pito fóra, co que eles traballan máis polo mesmo salario. Os non fumadores teñen agora a lei da súa parte, pero como haberá irreductibles –por moita cara ou moito vicio- a ver que fan: se os denuncian, haberá unha escalada de escaramuzas, se non, unha acumulación de mal rollo. En resumo, trasladarase ó ambiente laboral ese clima de tolerancia e convivencia harmónica que caracteriza á clase política e ós medios de comunicación madrileños.
Postos a buscar a explicación de tamaño fundamentalismo, fóra da teima de ser pioneiros en cousas que non custan unha cadela, está a da saúde pública. Por un lado, é curioso que se permita vender (e apañar unha chea de impostos) un producto sen control sanitario sobre o seu contido e os seus milleiros de aditivos. Por outro, o resultado vai ser o mesmo que o anterior de encarecelo (e de paso ingresar máis impostos) para restrinxir o seu consumo: creáronse as marcas baratas e agora a xente fuma a mesma cantidade, pero de peor calidade. Para entón, endurecerán as leis e farán outra campaña publicitaria.
(xoves, 15 de decembro de 05)
Síntollo moito, pero pouco coincido eu con vostede neste caso.
Vale que a seguridade social podía botarlle unha man a quen se queira sacar do vicio, igual que podería cubrir o 100% da saúde dental, mental ou óptica, que tampouco o fai e é para todos.
Vale que o estado ten unha doble moral recadando impostos por un producto tan pésimo, pero tal el como dicen os apuntes de Teoría E Institucións Económicas dos que mañán me examino, os impostos especiais créanse precisamente para aquilo que se supon lle produce un efecto negativo ó estado. Personalmente, eu preferiría que retirasen o gravamen do alcohol, por iso de vivir nunha terra de viños, ou da gasolina, que aínda resulta imprescindible para case todos.
Pero de ningún xeito concordo na cuestión do tabaco no traballo. Nun lugar de esparcimento, eu podo estar ou non, sexa un bar ou un jarito calquera, á miña vontade. No traballo non ocorre así. Un ten que estar alí quietiño, queira ou non. E xa que ninguén se pode levantar e liscar cando lle pete, non é xusto que teña que aturar os vicios de outros, especialmente cando se trata dun vicio tan molesto para os que non o temos; nin é xusto de que un vicio lle dea ventaxas (máis tempo libre dentro da xornada laboral) ó que o disfruta, que ó que o padece.
Eu non vexo hipocresía por ningures.Son non fumador na medida en que me deixan selo e o único reproche que lle teño que facer á lei é que se quede curta.É abraiante a cantidade de voces que están saindo incapaces de comprender que un capricho seu non pode anteporse á saude dos demais.A cuestión non é que ninguén deixe de fumar.Que fumen canto queiran,ben saben o que fan,pero que non nos obriguen aos demais a facelo.Así de sinxelo.Debería estar prohibido en todo lugar público e pechado.
sonche os problemas de entrar en europa. coñeces xente civilizada e acabas copiando as súas leis. así de duro.
Un edificio en construcción ou a cuberta dun barco son centros de traballo e non son lugares pechados. Eu teño un despacho pechado e unhas terrazas ó lado, e teoricamente, non podo botar un pito en ningún dos sitios. Sigo sen escoitar ningún argumento contra a existencia de narcosalas en centros de traballo. De cumprirse a lei (que non se cumprirá, desgraciadamente, xa o verán) produciríanse unha serie de conflictos pola síndrome de abstinencia importantes, e aínda que non se cumpra, vai haber follóns igual. É como a lei que prohibe fumar en presencia de preñadas: a un besto que o fai, tanto lle ten que llo prohiba unha norma. Nalgunhas comunidades de veciños de EEUU prohiben fumar en todo o edificio, incluida a casa de cada un, e xa me dirán en que inflúe na saúde dos demáis que un fume no seu salón. Se é polo cheiro, que prohiban tamén asar sardiñas. Do que estamos a falar é de protexer addecuadamente os dereitos dos non fumadores, sen anular os dos adictos. Co contido desta lei, os peóns poderían pedir que se prohibira circular en coche, actividade que causa máis mortalidade, activa e pasiva.
E por certo, en ningunha parte de Europa hai unha lei igual de drástica (quizáis porque por aí están afeitos a facelas para que se cumpran)
A penúltima mensaxe ofrece o único que se pode pra defender o indefendible:demagoxia.¿Cómo pode un adulto (supoño) soltar algo coma ¨que prohiban os coches¨?Imos falar en serio un momentiño,e de cousas que deberían estar ben sabidas.(En efecto,nos países civilizados da UE e en EEUU non fai falla facelo).Os dereitos duns e doutros teñen o mesmo axuste de sempre:que os duns (o de ter un capricho) rematan onde empezan os dos demais (o dereito á saude,nada menos).O dos lugares de traballo podería pasar por unha excepción á norma (cousa que non suporía contradicción algunha),pero non o é:ainda sendo aberto,os demais teñen que tragar unha certa cantidade de fume,e no traballo isto ten que estar reducido a cero.O que máis gracia me fai son as amenazas de que vai haber conflicto.Ou sexa,que duas de cada tres personas (os non fumadores) aguantandonos ata agora porque ¨no esta prohibido fumar¨ e cando aos nenés lles cambia a cousa,aos nenés vanlle dar berrinches.Pois si,pode que haxa conflictos.Eu mesmo non estou disposto a pasar unha.
Fumar pode comezar por ser un capricho, pero convértese nunha enfermidade. A intolerancia é un andacio.
poideron aproveitar o día no congreso e prohibir tamén os petardos, as bombas de palenque e a tuna, que son tres cousas que afectan seriamente á miña saúde.
A min paréceme, despois de todo o día a voltas co rollo na tele e na radio, que o que os fumadores, máis que dereitos, defenden privilexios: Porque, na maoiría dos traballos, sair cinco minutos (ou un só) ó libre alvedrío, sexa para fumar ou para o que sexa, é un privilexio; que lle habiliten a un sitio para que dea conta dun vicio, non é una necesidade, senón un privilexio…
Tamén e un privilexio (do fumador) que sexa o non fumador, o que teña que tomar a iniciativa cando lle molestan, no canto de que o fumador se moleste polas repercusións do seu hábito.
E nos espacios abertos (sexan cubertas de barco ou nas ruas), o fume dispérsase na atmósfera, pero as colillas quedan no chan; iso non lle afecta á saúde, de acordo, pero tampouco lle é unha cousa hixiénica que digamos, nin temos por qué aturala os demáis. (E dirán “tamén haberá non fumadores que tiren papeis”, pois multa para eles tamén, pero unha cousa non quita a outra).
Sobre as tensións da abstinencia, existen outros casos de tensión social provocada pola abstinencia, por exemplo, cando á muller de algún “lle doe a cabeza”, e nin por iso hai que facerlle a reverencia cando se pon tenso.
Conclusións:
1 Os demais non temos a culpa dos vicios de cada un.
2 Os fumadores deberían percatarse de que están a oir o que non fumadores pensaron e calaron durante todos estes anos.
Estou contra a intolerancia, estou contra as narcosalas, contra fumarlle na cara a quen non fuma, contra que me mate o tabaco, contra que chamen apestado a un fumador… Hai tantos matices, que o problema non ten fácil solución. Saen gañando os non fumadores, por descontado. Os fumadores igual de rebote tamén porque ó mellor intentan deixar de fumar. Pero a lei paréceme algo radical de máis, nun país coma este. Claro que en Irlanda polo que me contaron tamén flipaban ó principio e agora lévano bastante ben. Deamoslle unha marxe de confianza.
1.- Se eu traballase só, e tampouco nise caso podo fumar (de acordo coa lei)… ¿ónde carallo queda iso de que a lei se fai para respeitar os dereitos dos non fumadores?.
2.- Entón, a lei faise para defendérmonos de nós mesmos? hummmm…. como me lembra iso aos tempos nos que, polo seu ben, se queimaba na fogueira aos disidentes…. morrían, pero ían ao ceo.
3.- No único que non estou de acordo co sr. sHs é que fumar sexa unha enfermidade. Eu fumo, sinxelamente, porque me peta e quero e dame a gaña (desculpen o parafraseo). De feito son un ex-non-fumador (oito anos alonxado do tabaco), e por certo, era infinitamente máis tolerante cos fumadores do que estou a ver que está de moda.
¿Pero que tolerancia? Dende hai uns vinte anos, que emepezei a ir no autobus do colexio “cos maiores”, aturando tólos días da miña vida o fume a picarme nos ollos, a deixarme cheiro na roupa… ¿porque a calquera lle da a gana de fumar? POIS A MIN NON ME DA A GANA DE ATURAR.
Cando un estéa so, que faga o que queira (moita xente fervella no nariz, por exemplo) pero, por fin, será obligatorio que non me metan o fume polos ollos, sin ter que rebaixarme a dirixirme ó “libertario” de turno a lle pedir por favor que non moleste.
Para min é un alivio.
Gracias por permitir que, cando eu estea só, poda facer o que queira. Non teño claro que dentro duns anos, de seguir así as cousas, iso poda ser posible.
É evidente que vimos dunha situación cutre e casposa na que o que non fumaba non era home, ou algo así. Pero iso está a ser substituído por outra (igoal de ruín na miña opinión) na que, cada vez que un fumador tenta, de forma tranquila, dar argumentos sólidos que desvelen as contradicións que se ven nesta movida (falo do sr sHs, non de mín, que nin son tranquilo nin sólido), aparece unha chea de non fumadores cabreados que describen unha situación na que (eu polo menos o visualizo así) un tipo malencarado cun puro enorme está a botar o fume nos ollos a un pobre tipo inmobilizado e indefenso.
Eu só digo que sigo sen comprender como é posible que un parlamento se meta na miña vida privada (xa sexa na miña casa ou no meu traballo). E, dende o momento no que impiden fumar nunha empresa onde todos os traballadores son fumadores e non hai atención ao público, están, queiranno ou non, facendo exactamente iso, polo ben da nosa alma inmortal. E, por favor, que non se utilice o argumento da defensa da baixada dos custes da sanidade, que ese é outro debate no que habería moito que falar. Por de pronto, collan un lápiz e fagan contas.
Eu nunca me topei con ese icono do fumador de puros mal encarado, pero sí moitas veces con outro icono, o do tipo egoísta e desconsiderado que se basta para afumar un recinto no que otros non desexan ese fume.
Por outra parte, non penso que o parlamento se meta na súa vida privada. Ocorre que unha parte da sociedade, minoritaria aínda que non marxinal, demanda o dereito a fumar cando e onde lle pete. Enfrentada, outra parte da sociedade presumiblemente maioritaria, demanda o dereito a dispoñer de aire limpo de fumes nos espacios que comparte cos fumadores (sin extendernos máis). Básicamente (que non exclusivamente), a lei que ven arbitra en favor dos que piden un aire tolerable para as dúas partes, ousexa sen fume, nos espacios públicos.
No meu traballo levamos ano e pico aturando a dous fumadores que queiman entre os dous vinte cigarros ao día. Cando se lles di que molesta o fume, encollense de ombreiros e un deles di que o un de xaneiro o deixa… Eu teño sorte: non estou no mesmo despacho ca eles dous. Pero a terceira persoa que ten a desgraza de compartir unha sala de 8 metros cadrados con eles dous, anda a contar os días para que chegue o 2006. Poida que para moita xente non sexa importante: para nós é tanto como poder respirar nun sitio do que non podemos marchar.
O dos bares dame igual: cando non gosto do ambiente, marcho. Pero do traballo non me deixan…
Tamén querería dicir que no meu centro de traballo hai catro fumadores. Dous deles non precisan de lei ningunha, son xente moi respectuosa. Pero realmente desexaría que algún de vostedes me dixese que poderíamos facer para que os outros dous para non ter que levar unha camisa de resposto ao traballo (a que comparte con eles faino). Non vale dicir que molesta (xa se fixo), poñer carteis (xa se fixo), quedar preñada (xa hai unha preñada), que llelo diga a xefa (xa o fixo). Se alguén ten algunha outra suxestión, encantaríame escoitala.
O peor de todo é que no último centro de traballo no que estiven pasou algo parecido (ainda que non tan esaxerado). Alí tiñamos a unha persoa con bronquite crónica e iso parecía “excusa bastante” para case todos… menos para unha, que dicía que iso non era nada.
Saúdos.
No fumo, me molesta que se fume a mi alrededor y me encanta vivir en una ciudad, Nueva York, en la que puedo salir de noche y volver a mi casa sin que mi ropa apeste a humo. Dicho eso, pienso que la ley Antitabaco recientemente aprobada por el Congreso de los Diputados representa una peligrosa limitación de nuestra libertad.
Un argumento utilizado a favor de la prohibición es que el tabaco mata a millones de ciudadanos. Eso es cierto, pero también lo es que millones mueren anualmente conduciendo, esquiando o nadando. A algunos incluso los fulmina un rayo mientras pasean por el campo. Todos ellos saben que el riesgo existe y, sin embargo, deciden voluntariamente seguir practicando esas actividades… y a nadie se le ocurre pedir al Congreso de los Diputados que prohíba o limite el uso del automóvil, el esquí, la natación o los paseos por el campo.
Se nos señala también que los costes hospitalarios de los fumadores suponen una carga financiera para los demás. Este argumento carece de lógica económica porque si los consumidores de tabaco no fumaran, ¡también se morirían! Y yo me pregunto: ¿acaso no costaría dinero esa muerte? La pregunta es si los costes de tratar a los fumadores son mayores que los costes de morirse por otras causas. Sobre este tema hay diversos estudios (Manning en Estados Unidos, Raynauld y Vidal en Canadá, Rosa en Francia, entre otros) con resultados sorprendentes: perder la vida por culpa del humo tiende a ser más barato que morirse, más adelante, por otras razones. De hecho, una de las enfermedades más caras de tratar es el Alzheimer, que en general no aqueja a los fumadores compulsivos porque, a la edad en que éste tiende a aparecer, la mayoría ya ha fallecido.
Si a eso le añadimos que los fumadores tienen una esperanza de vida de unos 65 años (la edad de jubilación) y que, por lo tanto, acaban cobrando pocas pensiones a pesar de cotizar toda la vida, llegamos a la conclusión de que los fumadores no sólo no son un coste financiero neto, sino que son una ganga para los no fumadores. La absurda ironía es que, si los activistas aplicaran correctamente la lógica económica, no sólo no deberían pedir la prohibición del tabaco, sino que ¡deberían incentivar su consumo!
a eso le añadimos que los fumadores tienen una esperanza de vida de unos 65 años (la edad de jubilación) y que, por lo tanto, acaban cobrando pocas pensiones a pesar de cotizar toda la vida, llegamos a la conclusión de que los fumadores no sólo no son un coste financiero neto, sino que son una ganga para los no fumadores. La absurda ironía es que, si los activistas aplicaran correctamente la lógica económica, no sólo no deberían pedir la prohibición del tabaco, sino que ¡deberían incentivar su consumo!
El argumento más persuasivo a favor de la limitación es el del fumador pasivo: uno debería ser libre de perjudicar su propia salud…, pero no la de los demás. La pregunta es si es cierto que la salud del fumador ambiental está amenazada. No hace falta decir que demostrarlo es complicado, pero hay estudios sobre el tema. El más utilizado por los promotores de la censura es el de la Environmental Protection Agency (EPA) de Estados Unidos: un metaestudio que analiza 30 publicaciones previas. La EPA concluye que 24 no encuentran una relación entre ser fumador pasivo y tener cáncer de pulmón, pero las otras seis sí. El problema para los prohibicionistas es que el riesgo estimado por éstas es tan pequeño que cualquier epidemiológico imparcial diría que es producto de la omisión de otros factores o del azar.
En otro estudio, la Organización Mundial de la Salud (OMS) escogió a 650 pacientes con cáncer de pulmón y 1.542 individuos sanos y se miró cuántos de ellos habían vivido en ambiente fumador. Para su sorpresa, la probabilidad de ser fumadores pasivos era la misma para los dos grupos. La OMS intentó patéticamente esconder los resultados, pero éstos acabaron viendo la luz.
Uno de los pilares sobre los que se fundamenta la toxicología es que la dosis hace el veneno: incluso la leche puede ser tóxica si se toma en dosis extravagantes. En este sentido, un estudio del doctor Keith Phillips, de los Laboratorios Covance de EE.UU., colocó monitores en empleados de centros donde se fumaba abundantemente. La cantidad de humo recogida en un año por esos monitores fue tan pequeña que equivalía a fumarse seis cigarrillos por año. Para entendernos: para que esa dosis pudiera acabar produciendo cáncer en un fumador pasivo se necesitaría que éste se encerrara en una habitación de diez metros cuadrados sin ventilación… ¡rodeado de 300 señores que fumaran 62 paquetes (repito, paquetes) por hora (insisto, por hora) durante cuarenta años!
Resumiendo, ni parece que los fumadores comporten costes sanitarios excesivos (más bien al contrario), ni la evidencia presentada sobre la salud del fumador pasivo es convincente. El problema para los censores de humo es que, si los argumentos relacionados con los costes económicos o de salud de terceras personas desaparecen, sólo quedan argumentos del tipo: queremos limitar el tabaco porque el humo nos molesta. Digo que eso es un problema porque la frontera entre lo que molesta y lo que no es peligrosamente arbitraria. Por ejemplo: ¿prohibiremos los perfumes si se pone de moda decir que nos molestan? ¿O pondremos en la cárcel a la gente que no se ducha si nos molesta el sudor? ¿Y si nos molestan los feos? ¿O los extranjeros? ¿O los judíos? ¿Dónde está la frontera de lo que es aceptable como molestia? Yo, la verdad, no me fío de la capacidad de los políticos de poder demarcar racionalmente esa frontera, por más democráticamente que éstos hayan sido elegidos (recuerden que fue un gobierno elegido el que exterminó a seis millones de judíos, simplemente porque les molestaban en su afán de conseguir la pureza racial). Y como no me fío, cuando veo que los políticos tienen esa insaciable voracidad limitadora, pienso que deberían empezar por limitar… su propia capacidad de limitar nuestra libertad.
Bueno, en Malta hai unha lei tan drástica ou peor. Non se pode fumar en nengún sitio que sexa interior. Así de duro.
E cúmprese, ou é como a dos estados dos USa nas que está prohibida a felación?
Por certo, Hitler ganou unhas eleccións cando as organizou el desde o poder que lle dera penso que Hindenburg, non nunha convocatoria limpa.