Que eu saiba, non. E desde logo, a imaxe o que representa é perfectamente verosímil: constructor que se amarra ás posibilidades máximas que lle deu o concello, contencioso municipal-inmobiliario…
Hola; son un homiño miudo de Chantada (terra brava, disque). Richi rastrero, íntimo compañeiro meu, comentoume que tiñas unha páxina web, e velaquí estou. Son un proxecto de sociólogo e escritor que resiste como pode en Coruña e tenta buscar un sitio colando os seus artigos nalgún periódico. A verdade é que custa encontrar conversa amena e sinceira nesta cidade-consumo (¿e qué cidade occidental non é tal?). Todavía non me atrevín a mandar nada a ningún periódico, levo xa escribindo dende os 17 anos. Polo visto, ó que hoxe se lle chama periodismo “de actualidade” non casa co que eu entendo por “actualidade”; gosto de tocar moitos temas e de esctribir en moitas voces e formatos : aforismo, poesía, artigo, artigo-ensaio.. etc.
Trato de xuntar ese “melting-pot” de voces e intereses diversos (deixo que a escritura me leve) nunha intención concreta; facer pensar e reflexionar, sacar á cotidianeidade do seu estado de by pass mental. Inténtoo facer o mellor posíbel.
Dende John Berger ate Eduardo Galeano, dende Benedetti e Brecht ate Sartre; a cuestión e lograr unha escritura a medio camino entre o intimismo e o compromiso, entre a “intrahistoria” e a historia “oficial”, entre a “literatura” e o “periodismo” (!habería que pegarlle unha patada no cu a quen separa ámbalas cousas!). Non gosto tampouco dos que din que o sociólogo non pode ser un bo periodista, e viceversa; o individuo ten as ferramentas, pero en último termo, é él quen crea, é él quen intenta esculcar anacos de realidade nunha sociedade enmarañada.
Se algún día queres darte unha volta polso meus blogs, serás benvido. Eu non adoito a circular polos “circuitos blogueiros”, non gosto moito de anunciarme, non sei, será timidez. Só os quero para ir clasificando os escritos, escritos que, pouco a pouco, xa se van convertindo nun posíbel libro de artigos, ou nunha especie de caderno de bitácora para resistentes cotidianos (para “insumisos discretos”, como diría Paco Buey, eminente filósofo marxista).
Ren máis, recibe unha aperta dende Chantada, seguirei ollando os teus artigos en Coruña. Agora, espérame un libro do sempre entrañábel Gilbert Keith Chesterton.
Pois é orixinal, pero a reacción axeitada, cal é?, riremos ou choraremos despois da sorpresa, animaliños
Algúns edís devecerán por tamaño “aproveitamento” urbanístico.
É de supoñer que é unha montaxe de photoshop, ¿non si?.
Que eu saiba, non. E desde logo, a imaxe
o que representaé perfectamente verosímil: constructor que se amarra ás posibilidades máximas que lle deu o concello, contencioso municipal-inmobiliario…Hola; son un homiño miudo de Chantada (terra brava, disque). Richi rastrero, íntimo compañeiro meu, comentoume que tiñas unha páxina web, e velaquí estou. Son un proxecto de sociólogo e escritor que resiste como pode en Coruña e tenta buscar un sitio colando os seus artigos nalgún periódico. A verdade é que custa encontrar conversa amena e sinceira nesta cidade-consumo (¿e qué cidade occidental non é tal?). Todavía non me atrevín a mandar nada a ningún periódico, levo xa escribindo dende os 17 anos. Polo visto, ó que hoxe se lle chama periodismo “de actualidade” non casa co que eu entendo por “actualidade”; gosto de tocar moitos temas e de esctribir en moitas voces e formatos : aforismo, poesía, artigo, artigo-ensaio.. etc.
Trato de xuntar ese “melting-pot” de voces e intereses diversos (deixo que a escritura me leve) nunha intención concreta; facer pensar e reflexionar, sacar á cotidianeidade do seu estado de by pass mental. Inténtoo facer o mellor posíbel.
Dende John Berger ate Eduardo Galeano, dende Benedetti e Brecht ate Sartre; a cuestión e lograr unha escritura a medio camino entre o intimismo e o compromiso, entre a “intrahistoria” e a historia “oficial”, entre a “literatura” e o “periodismo” (!habería que pegarlle unha patada no cu a quen separa ámbalas cousas!). Non gosto tampouco dos que din que o sociólogo non pode ser un bo periodista, e viceversa; o individuo ten as ferramentas, pero en último termo, é él quen crea, é él quen intenta esculcar anacos de realidade nunha sociedade enmarañada.
Se algún día queres darte unha volta polso meus blogs, serás benvido. Eu non adoito a circular polos “circuitos blogueiros”, non gosto moito de anunciarme, non sei, será timidez. Só os quero para ir clasificando os escritos, escritos que, pouco a pouco, xa se van convertindo nun posíbel libro de artigos, ou nunha especie de caderno de bitácora para resistentes cotidianos (para “insumisos discretos”, como diría Paco Buey, eminente filósofo marxista).
http://www.diegotaboada.blogspot.com (artigos, en galego)
http://www.diegovarela.blogspot.com (miscelánea; aforismos, reflexions, artigos, crónicas… etc etc etc; en castelán)
Ren máis, recibe unha aperta dende Chantada, seguirei ollando os teus artigos en Coruña. Agora, espérame un libro do sempre entrañábel Gilbert Keith Chesterton.
Saude, e optimismo; falta nos fai.
Boa foto. Candidata a premio no concurso de fotografía anecdótica galega de aduaneiros sem fronteiras. O que non se poida ver nesta terra….