Etiquetas
Hoxe, os homes comandados por Ferrín, Gustavo Ferrín, entre eles Pouso, Pereira, Varela, Salgueiro, Castro, uniformados de azul celeste loitarán contra os nosos, vestidos de azul e branco. A selección de Uruguai (que lle debe uns dos seus primeiros títulos a Pedro Cea, un de Redondela) contra a de Galicia. Unha auténtica loita fratricida, vamos. Hai metas que pagan a pena soamente con desexalas (e chamámoslle utopías). Hai outras, a maioría, que son boas ata que as consigues (e deixan de selo). E hainas tamén que se xustifican incluso co primeiro paso que se dá para acadalas. Este é o caso da selección galega. Non sei o que dará de si, pero o que deu ata o momento, que se celebre o partido de hoxe, xustifica de sobra a reivindicación da súa existencia. Para a miña sorpresa, a verdade.
Porque teño que confesar que estando de acordo coa selección (ata o extremo de poñerme de futbolista nalgún evento reivindicador), tal e como está o deporte en xeral e o fútbol en concreto, cando me poño realista penso que o coherente sería que os atletas desfilaran tras das bandeiras de Adidas e de Nike, de Abramovich e Florentino Pérez (e cando me poño utópico, soño coa resurrección das Ligas da Costa ou da Montaña). Incluso recoñezo que cavilei o pouco axeitado de escoller como escenario do evento o desaborido estadio de San Lázaro (se non podía ser Riazor ou Balaídos, que fose o vello Pasarón).
Pero a realidade aliouse coa utopía para darme nos fuciños (como efecto colateral e non como obxectivo principal, obviamente). Independentemente das opinións que circulen sobre o evento nos ámbitos sociais en que cada un se mova, está o dato imparcial de que debe ser a primeira vez que se enchen as bancadas do estadio compostelán, e desde logo a única ocasión en que vendeu o aforo completo cunha semana de antelación. Ata unha institución como Real Madrid, tan pouco proclive a calquera actividade periférica que non sexa promover peñas de adictos, non tivo outra que darlle o pase de pernocta a dúas das sas estrelas.
Nunca tal imaxinara, e posiblemente todo sexa culpa da famosa lei do péndulo ou principio de acción-reacción ou corolario de xa que mo prohibes, quéroo. Entendo que un profesional se negue a xogar de balde se o convoca o seu país de orixe e non o que lle paga a nómina, pero se quere facelo, que llelo prohiban a el en concreto e á sociedade en xeral é algo tan absurdo como prohibir a dous adultos desfacer unha unión que decidiron facer voluntariamente. Sen embargo, se para recuperar o dereito ó divorcio houbo que agardar medio século de franquismo, para restaurar a selección galega houbo que esperar a maiores un cuarto século de democracia. Sen razón ningunha, ademais.
As leis que regulan as actividades deportivas son tan elásticas como as prendas coas que se practican. Un deportista pode cambiar de nacionalidade e loxicamente, de selección, sempre que sexa esquiador, nadador, saltador de lonxitude ou patrón de bobsleigh, calquera cousa quitado que sexa futbolista. No seu día creáronse competicións para mulleres coa intención de abrirlles as portas do deporte, pero hoxe péchanselle ás que reclaman participar en igualdade de condicións que os homes, como á axedrecista Judith Pulgar. E incluso os que consideran que as normas son de aceiro inoxidable e negaron aquí a posibilidade dunha selección galega, promocionan combinados como o murciano. En vista do que vai pasar hoxe, xa sei por que.
(xoves, 29 de decembro de 05)
Supoño que se refire vostede á húngara Judith Polgar (a outra debe ser a nai de pulgarcito, digo eu)
En canto o tal partido, pareceuse máis a un solteiros vs casados que vin unha vez no campo de futbol de camariñas, ou se me apura moito a un almacenes la moderna vs gruas doniz. En fin…. eso si, todo cheíño de bandeiras con estreliñas pero nindios cantaba o himno (entre os futboleros… o unico, michel… o chino losada mascullaba en plan pleibac, pero debia estar cantando la violetera….). Por certo, que as entradas esgotar esgotarianse pero o mercores pola noite un concelleiro do meu pobo ofreceume unha chea de entradas pola cara. O tal concelleiro non era do pepé, of course….
e qué máis? ah, si…. que digo eu, en plan idea, que non estaria mal que, en vez de tanta pachanga, se organizara un triangular galeusca (ou trofeo das tres nacións…) rotatorio. polo menos meterian a perna.
Feliz ano a tododió. Eu penso fumar un cohibas a partir das doce da noite, tragandome o fume. Por se non resisto e casco, saúde a todos.
Nom…de pachanga, nadinha de nada, e aliás Galiza ganhou com justiça. Deixade de mentir, cona, que sodes patéticos.Nom, nom se esgotarom as entradas, por isso o estádio estava cheio, nom te fode…por isso ficou gente fora, também.Por favor…como fode quando somos nós, pois nada, que anexiom a La Rioja. Óstia, ante factos evidentes ainda queremos buscar-lhe as voltas. Que se o hino…vaaaale, homem…há um facto muito mais eloqüente que o do hino…que todos os convocados dixerom sim.Por algo será.
1-. E curioso que os galegos se sintan todos unidos polo fútbol, cando a experiencia de repartir a infancia entre as aforas de Vigo e as aforas da Coruña foi a semente do noxo que sinto eu por ese xogo en concreto.
2-. Si outras nacions sen estado participan con nacións con estado no famoso torneo de rugby, non me parece unha idea absurda esa das tres “nacións”, e sería un pouco recuperar iso da liga da costa ou da montaña. (E que lle pique a quen lle pique.)
3-. Agora que estamos tan contentos de ter selección de fúbol, poderíamos empezar a pensar en presumir algún día de que os nosos trens, sergas, empresas etc. funcionen correctamente.
Volvo de entre os mortos despois da aventura do cohibas botado a peito, e atópome conque agora me falan en plural maiestático. Golpeado no centro da miña sensibilidade, estou disposto a facer autocrítica e aceptar que:
1.- Son un “mentirosos” e ademais un “patéticos”. E ademais estou “gordos” e son un maldito “fumadores”.
2.- Se non fora pola miña “patéticas” envexa diría que non só Galiza gañou con xustiza (cona, pensei que quen xogaba era a “selección galega”, que é o que puña na camisola….vostede perdoe por partida doble: pola confusión e máis pola apropiación do “cona” en troques do vulgar e imperial “coño”…) señon que a xesta pode pasar aos anais das epopeias do noso milenario pobo (déixolle a vostede a descrición do evento, que de certo está máis dotado ca mín para ese tipo de tarefas).
3.- Golpeado polos factos evidentes estou disposto a confesar as miñas culpas: fun eu o que deslizou con nocturnidade e alevosía un feixe de entradas (falsificadas por mín coa axuda dun escaner e o photoshop) no peto do sr concelleiro de deportes do meu concello para poder cometer a felonía de afirmar que habia entradas circulando fóra dos circuitos de venda. Acúsome, pois, non só de “mentirosos” sehón de “conspiradores” para propiciar o overbooking deportivo no san lázaro.
4.- Dentro de todo, tiven a sorte de esquecer expresar a miña opinión sobre o deseño da nosa gloriosa e agora invicta camisola nacional. Houbese tido que engadir un feixe de pecados máis á miña confesión.
Gracias, sr tangaranho, por facerme ver a luz. Agora comprendo o xigantesco paso que as nosas deportivas huestes téñennos axudado a dar cara a liberación nacional. Despois de conseguido o fúrbol, xa só nos queda atopar unha sabela pantoxa e un farruquiriño, e aprender ás cachenas a deixarse torear.
Um momento…eu o único que digo é que Galiza ganhou com justiça…a selecçom galega nom representa a Galiza? Entom a quem representa? A Birmánia? Por outra parte, nom digo que nom se poidam criticar aspectos sobre a celebraçom do jogo
leiase desenho das camisolas-, digo que é absolutamente delirante negar o evidente: cheio total em Sam Láçaro e Galiza ganhou, eu penso que com brilhantez. Nom é umha enorme façanha, mas é importante. Também é importante que os jogadores convocados aceitaram todos o convite. O demais, veleno de perdedores. La Rioja sim e Galiza nom. Ao caralho.Houbera feito as paces con vostede con moito gusto, sr tangaranho (o mono de estar no curro sen tabaco estame a civilizar), se non fora polas súas tres derradeiras frases. Hummmm… beleno de perdedores, la rioja e ao carallo. mala mezcla, vivedió. Como ve, sonlle moi sensible cos calificativos persoais.
O caso é que a camisola puña “selección galega” nin mais nin menos que por non atrevérense a escolla entre galicia e galiza. Cobardes e desunidos, e así nos vai. Eu sempre gosto de botar man do exemplo basco: teñen diferenzas sobre conceptos coma euskadi e euskalherria, pero a súa selección xoga baixo o nome de euskadi e enchen san mamés. Teñen diferenzas abismais entre euskeras e crean o batua. Unifican lexico, sintaxe e ortografia e pulan todos á vez. Se unha nación se define pola vontade colectiva dos seus membros, fica claro que eles o son. E nos?
E non é por joder, pero non todos os xogadores convocados estiveron en san lazaro, cuestión que, por outra parte, traeme completamente ao pairo.
Coidese vostede, sr tangaranho, que con ese mal xenio pode acabar con úlceras coma puños. E lembre que, non hai moito tempo, os entangarañados acababan en santa marta de ribarteme.
Eso, pelea,pelea! Alá vou eu: a ver, ese eSedidió que o demo confunda, ¿vostede nunca cometeu erros, por mala cabeza, polas presas, ou porque o word (nunha máquina prestada que só tiña o corrector de español) considera que “Polgar” é “Pulgar” mal escrito. Que hostia de espírito navideño é ese de meter o dedo no ollo!
Ah, e o do torneo das tres nacións xa se me ocorrira a min. Gracias por estar de acordo.
A ver…que eu saiba, os jogadores que nom estiverom, nom estiverom por nom obter permissom dos seus clubes. As cousas, como som. Que o BNG recuasse no de pôr Galiza nas camisolas nom quita de que a selecçom galega represente a Galiza. Por essa regra de três, entom a selecçom uruguaia, que assim lhe chamavam no marcador e nas entradas, nom representaria a Uruguai, e entom, ao melhor estivem a ver um jogo entre Costa de Marfim e Afeganistám, ou entre Nova Zelándia e Mongólia Interior.Mas nada, o que eu digo; La Rioja sim e Galiza nom.
Non se me poña así, sr sHs, que o meu era crítica puramente construtiva, como é evidente. Agora ben, iso de botarlle as culpas ao word é como cando o meu querubín do medio (o segundo dos meus fillos, para entendérmonos)chega dúas horas tarde e me solta unha filípica sobre o mal estado dos transportes publicos. De todos os xeitos, ten razón, coma sempre: nadiña de espírito navideño. O ano que ben portareime como é debido, xúroo.
En canto a polémica furboloeira, douna por esgotada, tendo en conta que a min o que me gosta é o rugby. E por certo, o citado querubín estaba o día do famoso partido concentrado coa selección galega (versión cadete), e non lle botaron tanto conto.
PS. ¿Por que carallo cada vez que eu teño unha idea vai alguén e xa a pensara antes? (véxase o tema dos independentistas monárquicos). Pois. sr sHs, vostede como lider mediatico debería poñer en marcha unha campaña pro torneo das tres nacións, e seguro que tería un exitazo. Dígoo en serio.
Aghhhhhhhhhhhhhhhhhhhhhhh….. dios me castigó! o ano que VEN (non ben), maldito sexa o word e o explorer e mecagüenbillgates
O que está claro é que há um claro perdedor neste jogo, e nom é Uruguai. Som aqueles que se opunham – nom lhes dava igual, nom- à Selecçom Galega. Por isso El Mundo, La Razón, o ABC e outros botam tanta merda.
Pachanga?… Mmmm, esedidió, menos mal que ao final recoñeces que o teu é o rugby, porque de fútbol andas frouxo frouxo.