A sociedade española deu un grande exemplo de civismo cumprindo a Prohibición (¿cal vai ser?, a do tabaco), segundo a ministra de Sanidade, que mesmo felicitou ós fumadores por acatar guiadamente a lei. Eu, á miña vez, felicito á ministra por estar agradablemente sorprendida de que o persoal non acabara as discusións sobre o tema como os parroquianos das tabernas nas películas de irlandeses, ou algún empedernido fumador de ducados non se atrincheirase no choio ameazando con queimar todo se non lle deixan botar unha calada.
Do que estou sorprendido é de que, segundo as autoridades sanitarias galegas, nas primeiras horas de vixencia da Prohibición, houbera xa denuncias polo seu incumprimento, fundamentalmente contra bares que non se pronunciaran publicamente sobre os hábitos que permitían ou non ós seus clientes. É decir, estou sorprendido de como entre os anxos vingadores do tabaquismo poden convivir perfectamente a visión cainita e a abeliana. Que conste que entendo perfectamente o cainismo antinicotínico dos non fumadores fartos de aturar fumes (aínda que non ata eses estremos), pero éme máis incompresible o abelismo. Esa visión da vida que parece supoñer que prohibindo fumar no horario laboral de 8 horas, o tabaquismo redúcese á metade, ás 8 horas de lecer (posto que nas 8 horas de durmida nin o cigarrista máis encallecido bota un pito). Saben que non é así ata no propio Ministerio, que estima que a reducción da poboación fumadora atribuíble a esta medida será dun 2,4%. É mais: unha sondaxe de Sigma Dos asegura que un de cada cinco fumadores españois está disposto a pasar da lei. Os insubmisos son maioritariamente mozos e votantes do PP (un 30%, contra un 16% dos votantes do PSOE, non sei por que razón, porque todos os grupos apoiaron como años a proposta). E aquí somos peores: unha enquisa da empresa farmacéutica da viagra (que en vez de enquisas podía facer unha pastilla igual de efectiva para este asunto) sinala que o 61% dos galegos (o 53% dos españois) non pensan deixar de fumar con lei ou sen ela, e eso que soamente ó 30 % (ó 54% dos españois) lle custa moito absterse de fumar onde llo prohiben. Os galegos somos tabaquistas tan encarnizados que sete de cada dez fuman (fumamos, ai) aínda que estean enfermos, perniciosa teima que só teñen cinco de cada dez españois. Con estas actitudes, digo eu que sería menos abelista e máis efectivo incluír a deshabituación no sistema de saúde, ou controlar sanitariamente que lle botan as tabaqueiras ó tabaco.
O malo é que o éxito está a producir abelismos en cascada. De entrada, xa se anuncia que están a estudiar medidas similares contra o alcohol (logo do éxito obtido coas normas contra o botellón, supoño) e tamén van poñer policías nos arredores dos colexios para suprimir o tráfico de drogas (que consecuentemente, pasará a facerse no interior ou en lugares máis afastados dos centros). Por todo esto, teño que confesarlles que estou moi preocupado: estou notando o que deben ser os primeiros síntomas (identificar o teórico progresismo co antiliberalismo práctico, por exemplo) de que me podo estar convertindo nun neoconservador.
(para xoves, 5 de xaneiro de 06)
Predigo eu, Sr. Pereiro, que acabará por deixar de fumar, aínda que se ría o ler isto. Apela vostede á axuda sanitaria e a fármacos para logralo, e eu dígolle que as pocións máxicas só existe na fantasía. Non crea eses anuncios (oportunistas) que suxiren que a forza de vontade nunca pode tanto como… un fármaco que se merca. (Paro, antes de que pareza que vou po-la liña “poder da vontade contra poder dos cartos”).
Do cainismo e abelismo, máis da historia das dúas Españas (non lembro en que blog galego lin esa comparación, pero iba ben dirixida).
Efectivamente, o governo que se supuña progresista, estase poñendo un pouco represor de máis, tamén coa plaga dos radares, por exemplo. Pero a raíz do problema está algo máis fonda que o progresismo ou o conservadurismo: a clase política é mediocre por natureza e non é capaz de producir verdadeiras ideas, só máis do mesmo, pintado de outro color ou escrito do revés; pero nada de crear escenarios novos que solucionen os problemas de sempre.
Do de controla-lo alcohol… je je, sempre nos quedarán as viñas. O alcohol aparece citado varias veces na Biblia, así que nos sobrevivira a todos nos.
Neocon? paracrime!, paracrime!!
Aviso: As autoridades sanitarias advirten que coa posta en vigor da lei están a facer o maior dos ridículos. No barrio onde traballo(matogrande – a coruña), TODOS os establecementos (agás ese paradigma da defensa da saúde alimentaria do publico e laboral dos seus traballadores que é Telepizza) admiten fumar, e siguen cheos. No único restaurante que separa zonas de fumadores e non fumadores, o martes ó mediodía estaban ocupadas arredor de 20 mesas na zona de non fumadores e NINGUNHA na de non fumadores (como sempre, case non estaba a fumar ninguén). Ao final vai resultar que a xentiña de a pé imos ter máis sentido común que as autoridades sanitarias.
En canto ó do tabaco no choio, estou convencido de que é unha campaña orquestada por ricola. Eu xa levo dúas caixas de limón e melisa e unha de tomillo con non sei que. Como teñan algún tóxico cagheina.
O caso máis “pintoresco” mireino onte mesmo na Rúa Michelena de Pontevedra: unha empregada ou dona (non llo preguntei) botando o pito na porta do establecemento. Dentro non pode, supoño que por medo a que lle metan un ‘paquete’.
Eu despois da cruzada progresista contra Hernán Migoya e o seu libro “Todas putas”, se non acabei neocon perdido foi polo noxo que me dan os auténticos neocons patrios.
Máis ben, e disimulen o chiste malo, son uns caracons…
Pois… eu teño dous “compañeiros” (por chamarlles algo) que demostraron nos últimos tres días que non nos repecta aos demáis, pero á lei, sí. Unha sae fumar fóra e o outro disque deixou de fumar (nin o sei certo nin me importa). É o que teñen ás leis disciplinarias/penais: non se fan para os respectuosos, seguramente ningún dos que aquí escribimos precisa dunha lei que castigue o roubo ou o asasinato. Pero hai moitos por aí que sí as precisan. Os que fuman nos ascensores, por exemplo… Ainda que seguramente sexa eu a intolerante, porque me afoga o fume nun ascensor. Despois de todo o que teño lido/oído do malos que somos os non fumadores por molestarnos o fume, xa non sei qué pensar.
Saúdos.
Escoitado/lido por eiqui e acolá:
1.- Unha enorme maioría dos fumadores, polo que se ve a práctica totalidade, fumamos nos ascensores, nos autobuses, nos quirófanos, nas estacións de bombeiros e nos depósitos de gases. Ademais tirámonos peidos indiscriminadamente, cuspimos no chan, facemos trampas á brisca e enganamos ás velliñas para que crucen os semáforos en bermello.
2.- Soamente é fumadora o 32% da poboación do estado. Alguén esqueceu descontar do total da poboación aos menores de 16 anos, pero, para o caso, tanto ten.
3.- (Repetido varias veces por sesudos cientificos en diferentes medios de comunicación). O 95% dos cancros de pulmón están indubitablemente producidos polo tabaco. Eu teño na miña familia dous mortos por esa enfermidade, e ningún dos dous fumara nunca. Xa é mala sorte que formaran parte do 5%. O mundo iría mellor se os investigadores lle botaran menos morro e aprenderan un pouquiño máis de técnica estatística.
Con isto vai pasar como co cacarexado cambio climático, que non son capaces de prever o tempo que vai facer a vindeira semana pero sen embargo querennos facer crer que están en disposición de formular maravillosos algoritmos capaces de predecir o clima do planeta con cen anos de anticipación. Así pasa o que pasa, que en barcelona o nivel das augas subirá 50 cm e eiqui 6 metros. É que nesto do cambio climático tamén hai nacións de primeira e segunda categoría. E non é por iniciar outra polémica, pero me cisco no desenvolvemento sostible, quede claro.
Pero… dende cando as leis están pra ser acatadas??!!…
Estimado Sr. eSedidió:
Certamente, comparto o seu excepticismo por algunhas estadísticas, polo cancro de pulmón e mais esas historias de peidos e ascensores.
De tódolos xeitos, e para acabar de concordar coa súa portura, quixera que me explicase unha cousa: Partimos dos feitos de que, segundo parece, a vostelle lle agrada o fume do tabaco, de que a min me desagrada, e de que temos o mesmo dereito a permanecer nun mesmo espacio público (por exemplo, un bar). Entón ¿por qué motivo teño eu menos dereito respirar o aire sen fume que vostede a ter tanto fume canto queira?
E probable que, si me da unha resposta convincente á miña pregunta, reconsidere a miña opinión sobre a Lei Antitabaco e os seus detractores.
F. Miguez
Sinceramente, creanme que estou encantado do nivelón dos comentarios e dos comentaristas.
Estimado Sr. Miguez:
Seguramente concordamos con que é preciso facer algo para defender os dereitos dos non fumadores fronte o evidente abuso que unha parte (estou mesmo disposto a admitir que a maioría) dos fumadores exercen/exercemos. O que pasa é que a min esta lei paréceme redactada por unha caterva de malfollad@s, e non cumple os obxectivos para os que teoricamente foi parida. Remítome aos feitos.
A mín non me gusta o fume, senón fumar, e cando entro nun garito deses hipersaturados síntome tan molesto coma vostede. A diferenza está en que o que eu reclamo é que se cumplan as ordenanzas relativas a sistemas de ventilación e a aforo de locais.
Mire, voulle poñer un exemplo e seguro que me entende: o venres estiven no aeroporto de barajas a eso das 5 da tarde, e fun ata a zona de fumadores a botar un pito. Ademais do simiestro do tugurio, había un so cinceiro con arredor de 5.000 colillas, e, xulgando polo estado do chan, notábase que non limparan polo menos en dous ou tres días. Velahí o paralelismo co espírito da lei: xa que son fumadores, que se fodan por porcos.
(cale a boca, Sr. sHs, que nos distrae…)
Esquecía: a única excepción á prohibición da publicidade de tabaco na TV é a fórmula 1. Sen comentario adicional.
Penso que, ademáis de ir amansando o debate, imos aproximandonos.
Estamos de acordo en que todos (fumadores e non fumadores) nos veríamos favorecidos por unha revisión da normativa que regula a habitabilidade dos lugares públicos, tanto no que se refire a ventilación como ós aseos, limpeza e demáis. Pero nisto, o tabaco non pasa de ser un actor secundario.
Onde sí e protagonista, e de ahí a fenda social, e na Lei de moda esta temporada. A susodita, ten tres vertentes. Por un lado, a defensa da saúde do fumador; supoño que estamos de acordo en que, desde o momento en que un adulto dispón da información axeitada, e totalmente responsable dos seus actos, e ningún poder do estado se pode atribuir a potestade de influir en esta. A segunda vertente, a que deu que falar, foi que se considerou a esta lei coma a resposta do estado á falta de sensibilidade que, no seu conxunto, mostraron sempre os fumadores hacia os non fumadores. Entendo na súa resposta, Sr. eSedidió, que recoñece un algo esa falta de sensibilidade, e que o difícil pode ser asumir que hubese que chegar a facer unha lei ó respecto.
Queda a parte da defensa dos menores, como fumadores pasivos, por teren un organismo máis vulnerable, e como futuros fumadores, tratando de illalos da cultura do tabaquismo e evitar así a súa futura incorporación a ese problema. Eu pregúntome si non hai debate sobre isto ultimo por existir consenso unánime ou ignorancia unánime.
Entendan que o meu papel, como moderador, é encirrar ó persoal cando acouga e se pon pactista. Con este ánimo e o de ilustrar ós lectores con pouco mundo, dous exemplos da realidade vista co prisma da legalidade:
1.- cafetería do Corte Inglés, refuxio tradicional do nicotinicoadicto. Imos cos pequenos, e temos que agardar por unha mesa. Haina en fumadores, pero cos pequenos non nos podemos sentar nela. Propoño tomar algo na barra mentres se libera algunha, pero como é zona de fumadores, non pode estar nela cos pequenos. Podería ir eu so, pero non me parece solidario coa mai dos meus fillos, ex fumadora, que é a que adoece por unha caña. En conclusión, vou botar un pito ó báter.
2.-Na entrada do parking do centro comercial Los Rosales campan ufanos eses letreiros de sen fume. Nun garaxe pechado, ateigado de fumes de tubos de escape, non se pode fumar. O coherente sería obrigar a apagar o coche ó entrar e estacionalos a brazo.
Vaia, Sr. sHs, eu que lle iba vendo cada vez mais semellanza con Kerenski, vai e me sae un Trostki….
Supoño que, nese duro dilema do Corte Inglés, a alternativa cero (non fumar) aínda é ciencia ficción ¿non sí? Ai, que molleras tan sólidas. Pois saiba vostede que fumar no vater, ademáis de pouco fino, pode ser perigoso, e non é coña. Non topo ningún link que traia a nova que oín a semana pasada, dunha muller que lle estoupou o retrete por botar un pitillo sentada nel. Ocurre que si os sifóns do sumidoiro están en mal estado, pode subir metano do colector e…
Coido (aínda que sin garantías) que o de non fumar nos aparcamentos é anterior ós “espacios sen fume”, e tamén responde a criterios de seguridade, pero neste caso obrigatoria. Calquera coche pode ter unha perda de combustible, e este non reaccionaría moi ben si se lle achega unha colilla ou cinza aínda incadescente.
Teña coidado dos seus atributos, sr. sHs, xa ve o que lle pode pasar por fumar en certos sitios. Craro que eu tamén teño escoitado que se corre un certo risco de que, de mediar o mal funcionamento sifónico ese do que fala o sr. miguez, poda emerxer un cocodrilo (previamente botado en estado de alevín por algún desaprensivo – fumador, supoño-)e proceder á mesma supresión pénica, esta vez por arrincamento. E mesmo convén non esquecer a coñecida relación entre as mesmas deficiencias hixiénico – sanitarias e o crecente incremento das abducións estraterrestres.
E digo eu, non será mellor arranxar os sumidoiros, ou, no seu defecto, cagar de pé?
Serei duro deso que chama mollera, pero non tanto para non darme posto no lugar de outro. Non estamos a falar de alguén que se poda privar de comer mazás que sempre leva no peto porque lle encantan cando vai a un bar deses nos que está prohibido “consumir género del exterior”. Fumar ou non fumar non é unha opción exactamente igual que carne ou peixe, mar ou montaña. Non o deixa quen quere (aínda que queira), senón quen pode.
En canto ós perigos das colillas… os cigarrillos son unha excelentes mechas (engádenlle salitre con ese obxectivo) pero probe a botar unha (que lle presten) nun charco de gasolina, ou arrímea a un papel e comprobará o dificil que é que prenda lume. Nun aparcamento é máis perigoso circular sen luces, e faino quen lle peta.
Molleras duras ou blandas, pero cun sentido da proporción, por favor.
Por certo, no caso do metano, tanto poido estoupar por botar un pito como por prender a luz. E se temos que usalo a escuras por se o metano… (e nin eso, porque tamén se pode morrer por asfixia). Das casualidades fatais, a que máis me impactou foi a morte dun rapaz que paseaba ás cinco da mañá pola rúa San Andrés da Coruña. Un coche que non respectou un semáforo impactou con outro, e este foi dar contra un pao metálico dunha sinal de tráfico, que se doblou e lle deu na cabeza á víctima. Esa mesma noito, outro, empregado da gasolineira de debaixo da estación do tren, salvouna (a vida) cando lle disparou un atracador porque parou a bala un chisqueiro e o paquete de tabaco que levaba no peto da camisa.
falando de mala sorte, supoño que coñecen vdes. a historia do assentador de tijolos http://macacosmemordam.blogs.sapo.pt/arquivo/620827.html
“A mín non me gusta o fume, senón fumar”…
A min gústanme os bocatas de touciño, pero non engordar. Que veña alguén e me proporciones lipsucciones semestrais, por favor…
Ao final imos ter a culpa os non fumadores de que haxa fume nos sitios de fumadores..
Vaia, ho…. 21 mensaxes no post e estamos outra vez coma ó principio…. estou por pensar en facer un sesudo estudo que demostre, sen xénero de dúbidas e acompañado de rigorosas mostraxes estatísticas, que o tabaco resulta ser un poderoso estimulante do rego cerebral e que a súa falla produce graves carencias. Polo de pronto, e á vista do lido, probas non me van fallar.
Desculpe o desabrido do tono nesta súa casa, sr. sHs…. debe ser o mono de liposuccións
Supoño que teño que darlle a razón, e admitir que difícilmente alguén que nunca fumou pode comprender a depenencia que o tabaco pode xerar nun fumador. De todos xeitos, eu suxeríalle esa opción de non fumar como “un pequeno pasiño para un home pero…”
O do retrete explosivo, hoxe en día é unha anécdota, pero sí foi un problema frecuente nos tempos en que non estaba xeneralizado o sifón e a xente ía con candís a… bueno, ó que fose. Naturalmente que o tabaco non ten culpa de iso.
Polo da gasolina, si que non paso. Si vostede lle acerca una colilla, ou un misto, a un charco de combustible recente e este non arde, pode estar seguro de que só pode ser gasoil. A gasolina prende con moita facilidade, (cunha pequena chispiña eléctrica coma a da buxía, por exemplo, elabórase para iso).
Por iso sosteño que xa estaba prohibido fumar nos aparcadoiros antes da Lei Antitabaco. Tal vez lles pareza unha desproporción pensar que existe risco de incendio, nun recinto pechado e cheo de coches, e que en base a iso se prohiba a presencia de fontes de ignición de calquera tipo, pero me parece a min que os tiros van por ahí, e non polo acoso ó fumador.
Disténdanse un pouquiño, que non vai ser para tanto. (como me dicían de pequeno cando me puñan unha ixección)