Por certo, ó abeiro do caso Mena, Paco Vázquez fixo unha desas declaracións súas entre Pinto e Valdemoro, nas que ademáis do encendido amor a España que se lle supón, xustificaba o capón disciplinario ó tenente xeneral nos precedentes dos xenerais norteamericanos Patton e MacArthur, destuidos por irse da boca durante e despois da Segunda Guerra Mundial, na que os dous foron heroes e grandes estrategas, alomenos para a sociedade norteamericana. O xornalista que recolleu as declaracións, a pesar de que de Patton fixeron unha película, e MacArthur saía en varias e é autor dunhas das poucas frases coñecidas (“Volveréi”) atribuidas a un militar que non fose Napoleón, transcribiu MacCarthy, tamén norteamericano e tamén moi coñecido, pero senador e non militar, e que destruiu ó inimigo coas armas da delación e da manipulación xudicial. Que eu saiba, o medio non rectificou. Exactamente igual que hai uns días, o feito de que unha deputada do BNG asistira a un pleno do parlamento despois dunha traxedia familiar atribuise alegremente ás férreas instruccións emanadas pola superioridade, sen confrontalo con ela nin, que eu saiba coa superioridade, non sexa que a frase quedara menos graciosa e menos reveladora dos usos e costumes que gastan algúns. Se o fixera, o disposto plumilla podía desvelar por exemplo a noticia de que nas horas previas ó óbito, a nai da deputada estivo tres días no CHUS de Santiago nunha cama situada no metido dun corredor, sen que nin a deputada nin o seu irmán (asesor da Vicepresidencia) que a velaban fixeran valer as súas respectivas condicións para mellorar o trato. Claro que esa noticia non reforzaría o dos férreos usos que citaba antes.
Duendes de imprenta
12 Xoves Xan 2006
Posted Matrix Press
in
O da Voz non ten nome. Até que punto se pode xogar á manipulación única e exclusivamente para atender aos seus intereses económicos e mesmo ideolóxicos. Non quero xeralizar pero actuacións deste estilo poñen en tela de xuízo o papel da prensa como garante de liberdades… máis parecen auténticos lobbies aos que hai que alimentar cos cartos de todos.
É difícil soportar a certos plumillas da “Voz de Galicia” (¿alguén reparou en tan fachendoso nome pra un periódico?, é coma se o menda fundase un periódico con redacción en México DF. e optase por chamalo “La voz de Méjico”). (Sigh)
!Vaites, vaites!; non é raro que estes plumillas prefiran “la voz” a “las voces”; o primeiro da algo así coma un toque de distinción solemne a un periódico.
“Tanta tinta gastada
para tan poca cosa”.
(Anónimo)
Apertas.
Javier Jiménez Ferreres, xerente do CHUS até esta semana: “Hoy por hoy, el Clínico es el mejor hospital de Galicia, y la diferencia con el resto no es tibia, sino muy amplia. A nivel asistencial, docente y de investigación está a la cabeza”.
http://www.elcorreogallego.es/index.php?option=com_content&task=view&id=39908
no pouco tempo q leva, o sr. sampedro ten ben demostrado q é un digno sucesor de lugilde.
O-Brecht, os nomes dos jornais nunca pecam de falsa modéstia… e logo “La Razón”? E “El Ideal Gallego”?
¿E que non hai ningún lector do Faro de Vigo na sala?
Sorpresa grata, a que levei eu co Galicia Hoxe, bastante máis informativo e menos pretencioso que os antes citados.
Como, desafortunadamente, teño algo de familiaridade con elas, podo decir que o das urxencias (e outras cousas) no SERGAS é para pegarse un tiro. Esa debería de ser a prioridade máxima do goberno, antes que fachendear de estatutos, novos ou de aniversario, ou calquera outra grande tarefa de estado” que non lle salva a vida a ninguén.
Eu lembro-me muito bem da campanha que fixo La Voz contra Camilo Nogueira por falar em galego no Parlamento Europeu. O rigor nom é a sua virtude…
Claro que con Bieito Rubido de director de la Voz, que esperabades?
Basta oílo en Onda Cero para descubrir o antinacionalismo exaltado que profesa, e o empaque con que o predica.
Os demáis, Blanco Valdés, Calaza, De la Vega, Ónega, etc, só son estómagos agradecidos como moitos que abundan lamentablemente hoxendía no xornalismo…
Síntoo, Jhonny, pero eche así!!
Ah, “La Voz”… ou ese xornal “independente” que por iso mesmo non ten editorial, agás as homilías circunstanciais e circunspectas do seu Mesías.
Esa fin da inocéncia aconteceu antes de onte co artigo-exabrupto de Herr Calaza ( ¡vuelve el hombre! ) no que é un exemplo abraiante de “Disertación Onanista Alucinada Con Esencia Dos Cumes Do Padornelo”.
Viña falando o devandito bendito, coa excusa do pobriño do Mozart ( mesmo se metía co meu compatriota Beethoven, MEIN GOTT! ) que somos todos nós uns pailáns por aspirar a ter un escritor con prémio Nobel e que iso do galego non casa coa modernidade e microchips ( and fish ).
Espero que non che pareza mal, Pereiro, mas ti mesmo tes falado do descreto no que caeu a imprensa en xeral, polos seus própios méritos, desde hai xa moito tempo.
Tampouco semelhan moi críveis as vidas de santos; e que a deputada non fixera valer as súas influéncias (delicto que está, de sempre, mais que á orde do dia, xa que logo), fala ben dela e moi mal do estado da nazón. Non deveria significar moito mais.
A realidade e a história fanlhe sempre competéncia desleal á ficción: El Imparcial, El ABC, La Vanguardia, o diario independente da manhá, El Progreso…
Por certo, espero que a ninguén lhe pasara desapercibida uma publicidade dun particular que saíu publicada, a toda páxina, o 20 de Novembro pasado no xornal La Opinión A Corunha. A temática e o despregue gráfico, impagáveis. Mas suponho que o cliente sempre deve ter a razón.
Uma aperta sincera e que vaia todo adiante, Pereiro.
Non salientei que non moveran influencias, senón que non moveran nada, nin puxeran o berro no ceo como faría calquera de nós, precisamente porque supoño que non querían que se interpretase mal.
Por certo, ninguén se mete coa ignorancia ou desidia dos periodistas que revela o outro caso?
Certo, hai desidia ou ignorancia por parte do periodista de Europa Press, máis tamén daqueles que deron por boa a noticia de axencia sen reparar na metedura de pata.
http://news.google.es/news?hl=es&tab=wn&ie=UTF-8&scoring=d&q=mccarthy+%22francisco+v%C3%A1zquez%22
Todo un mundo este tamén o da transcripción literal das notas de axencia. Na versión de El Correo Gallego no titular aparece “A Coruña” e no corpo “La Coruña”…