Xa me parecía a min que, por moi ocupado que estivera sachando na propia leira algo pasaba para non deixar o correspondente ferrete. Pois non sei. Debe ser o problema nº 2. Vou ver
E dalle…. volve poñer o problema nº 1 e agora o que non entran son os comentarios. Faga o favor de apañalo, sr sHs, que me ten vostede contento cos seus comentarios encol do IRPF
Pois metino outra vez un par de veces, e non debe haber outra que que está gafado (ou me jaquea a Axencia Tributaria). Para os casos de incontinencia comentista, depositen aquí.
non é que estea vde. gafado…. o trasto este di que non existe: espero que non sexa unha premonición.
Imos pois ó asunto. Efectivamente, vostede non quere ser demagogo. Por outra parte, dou fe que non é vostede un ignorante, e (tendo en conta os seus antecedentes universitarios previos ó xornalismo)tamén sabe de números, conque non me explico que lle ten pasado para facer ese exercizo de funambulismo en base a algo tan “consistente” como son as estatísticas de distribución do IRPF. Bueno, polo menos non ten acadado o nivel de rigor dunha tertuliana dun programa de radio que escoitei o outro día, que, cos mesmos bimbios, infería do feito de que a media das declaracións das mulleres é un 35% á dos homes, que “….as mulleres reciben, para o mesmo traballo, un 35% menos de salario que os homes (sic)”.
Sr sHs, pénseo vostede un pouquiño e non me faga explicarlle polo miúdo o problema do razoamento, que veño de botar unha ollada ós foros de vieiros e estou un pouquiño mareado.
Constante e incontinentemente seu
Xa sei, xa sei que di que non existe. Tamén a min, que xa é ingratitude filial. E falando de creacións, en canto rematei co problema nº1, quedoume un certo desacougo, pero eran as 22,15, e se eu tivese que pechar unha páxina de La Opinión e tivera que agardar porque un mona acabe de parir a súa gracia, meto un daqueles anuncios de Amnistá Internacional que eran tamaño columna. E se tiven apuros para parir este en concreto, con todos teño unha relación moi propia da natureza: en cando andan ceibos, nin os miro, porque me dá reparo. En canto ó dos números, se me metin a titiriteiro da pluma foi porque se me daban daquela maneira (se está tan ó tanto do meu pasado, non ignorará que soamente aprobei Topoloxía, aquela fermosa materia onde había mundos nos que 2+2 eran 5).
E posiblemente a culpa a teña José Luis Barbería, a quen lle fusilei a reportaxe, que non puiden vencellar (fermosa palabra desterrada polos lingüistas urbanitas) porque El Pais non se deixa.
Non me sexa modesto, que seguro que da súa disfunción académica tiveron moita culpa as tasas do franco e as conspiracións do derby, que daquela non había en compostela mais sitios de copas que o modus, o yohakin e o popool.
E do outro que quer que lle diga, sr meu. Que cada dia me cae vostede millor
Socializar gastos, privatizar ganancias; desta filosofía emanan tódolos mecanismos tributarios : se baixa o irpf, recupérase co aumento dos impostos indirectos ó consumo (polo xeral adoita a ser ó consumo de bens cotidianos das clases baixas, non á compra de BMW’S ou Mercedes), e se baixan os impostos indirectos ó consumo, auméntase o IRPF.
Caseque tódalas chamadas “deslocalizacions” dos grandes axentes económicos (e os gastos resultantes), esas que deixan a 300 persoas na rúa por imperativos de “eficiencia” e “competitividade”, lévanse a cabo con diñeiro público.
A pesares de todo, os nosos socialdemócratas disque recollen a tradición histórica do socialismo (sic); será do socialismo de bufete, claro.
Mimadre, o coche está ben pero que ben amoblado! Nunha curva voan todos os bonecos polo coche adiante!
Por certo, que pasa co “Problema nº 1” que doulle a “more” ou aos “comments” e a páxina “does not exist”?
Xa me parecía a min que, por moi ocupado que estivera sachando na propia leira algo pasaba para non deixar o correspondente ferrete. Pois non sei. Debe ser o problema nº 2. Vou ver
E dalle…. volve poñer o problema nº 1 e agora o que non entran son os comentarios. Faga o favor de apañalo, sr sHs, que me ten vostede contento cos seus comentarios encol do IRPF
Pois metino outra vez un par de veces, e non debe haber outra que que está gafado (ou me jaquea a Axencia Tributaria). Para os casos de incontinencia comentista, depositen aquí.
non é que estea vde. gafado…. o trasto este di que non existe: espero que non sexa unha premonición.
Imos pois ó asunto. Efectivamente, vostede non quere ser demagogo. Por outra parte, dou fe que non é vostede un ignorante, e (tendo en conta os seus antecedentes universitarios previos ó xornalismo)tamén sabe de números, conque non me explico que lle ten pasado para facer ese exercizo de funambulismo en base a algo tan “consistente” como son as estatísticas de distribución do IRPF. Bueno, polo menos non ten acadado o nivel de rigor dunha tertuliana dun programa de radio que escoitei o outro día, que, cos mesmos bimbios, infería do feito de que a media das declaracións das mulleres é un 35% á dos homes, que “….as mulleres reciben, para o mesmo traballo, un 35% menos de salario que os homes (sic)”.
Sr sHs, pénseo vostede un pouquiño e non me faga explicarlle polo miúdo o problema do razoamento, que veño de botar unha ollada ós foros de vieiros e estou un pouquiño mareado.
Constante e incontinentemente seu
Xa sei, xa sei que di que non existe. Tamén a min, que xa é ingratitude filial. E falando de creacións, en canto rematei co problema nº1, quedoume un certo desacougo, pero eran as 22,15, e se eu tivese que pechar unha páxina de La Opinión e tivera que agardar porque un mona acabe de parir a súa gracia, meto un daqueles anuncios de Amnistá Internacional que eran tamaño columna. E se tiven apuros para parir este en concreto, con todos teño unha relación moi propia da natureza: en cando andan ceibos, nin os miro, porque me dá reparo. En canto ó dos números, se me metin a titiriteiro da pluma foi porque se me daban daquela maneira (se está tan ó tanto do meu pasado, non ignorará que soamente aprobei Topoloxía, aquela fermosa materia onde había mundos nos que 2+2 eran 5).
E posiblemente a culpa a teña José Luis Barbería, a quen lle fusilei a reportaxe, que non puiden vencellar (fermosa palabra desterrada polos lingüistas urbanitas) porque El Pais non se deixa.
Non me sexa modesto, que seguro que da súa disfunción académica tiveron moita culpa as tasas do franco e as conspiracións do derby, que daquela non había en compostela mais sitios de copas que o modus, o yohakin e o popool.
E do outro que quer que lle diga, sr meu. Que cada dia me cae vostede millor
Como que El País no se deixa?!? Se “soltexteamos” deixa:
http://www.elpais.es/solotexto/articulo.html?xref=20060116elpepinac_1&type=Tes
😉
Pois si. Carai, Mourullo, non andará cunhas mallas azuis e unha capa vermella pola vida?
Hala, esaxerado!
Unha cousa, ¿xa lembrou o nome da peli esa que comentaba onde Pawley? Porque ten unha pinta tremenda.
Non. Ó mellor estou confundido nos meus recordos e non era unha película…
Socializar gastos, privatizar ganancias; desta filosofía emanan tódolos mecanismos tributarios : se baixa o irpf, recupérase co aumento dos impostos indirectos ó consumo (polo xeral adoita a ser ó consumo de bens cotidianos das clases baixas, non á compra de BMW’S ou Mercedes), e se baixan os impostos indirectos ó consumo, auméntase o IRPF.
Caseque tódalas chamadas “deslocalizacions” dos grandes axentes económicos (e os gastos resultantes), esas que deixan a 300 persoas na rúa por imperativos de “eficiencia” e “competitividade”, lévanse a cabo con diñeiro público.
A pesares de todo, os nosos socialdemócratas
disquerecollen a tradición histórica do socialismo (sic); será do socialismo de bufete, claro.Apertas.