Circula un andacio pola rede, e particularmente na leira cada día máis extensa e intensa do blogomillo, consistente en confesar cinco vicios ou teimas, a invitación pública doutro bloqueiro. Parece que lle chaman “MeMes”, con razón. F. Míguez (este, non este) tivo o detalle/mala idea de meterme no allo, e a pesar do meu odio nº 3, a día de hoxe, estes son (as teimas, os vicios son privados):
- A tona do leite. Non é que non me guste, é que vela, mesmo imaxinala ou falar dela, dáme arcadas.
- A alambicación léxica (“clarificar” no canto de “aclarar”, “concretizar” e non “concretar”) e un odio africano á expresión “buen rollito”.
- As cadeas, esa forma de delación voluntaria e colectiva. Aínda me acordo de cando de neno me chegou aquela do misioneiro colombiano que anunciaba fortunas sen fin se as seguías e ameazaba con traxedias terribles se non. Aterrado polo segundo, tecleei como un poseso na máquina do meu pai, e gastei uns cartos que non tiña en mandar por correo as misivas que condenaban a outros desgraciados, por amigos.
- Vender como progreso/modernidade/adianto social o que en realidade son ingresos e beneficios individuais.
- O autoodio. É que o odio.
No meu labor delator, pásolle a bola a unha representación parlamentaria e a dous colegas foráneos, confiando en que nin uns nin outros lean esto:
-Ó polifacético Baltar Jr.
-A José Manuel Lage Tuñas (penso que inactivo desde novembro do 2005, para que se active) No seu defecto ó seu correlixionario Enrique Castro
-Ó excelente blog (e tristemente desaparecido, para que reapareza) de Carme Adán. Caso de que non reapareza, a responsabilidade subsidiaria é de Imeneo
-A Martínez, a ver se devolve a visita que me debe.
-E a DJDaCosta, que tamén debe unha chea delas.
(xa está, non?)
Pois eu acabo de leer o teu post, y queria facer unha puntualización.
O meu blog non é unha sustitución de outro…mais nada.
Por que simplificar é moi doado…pero a min no me gusta as simplificacións…é mais aquelas que son tendenciosas.
Unha aperta.
Ostias Enrique ¡que susceptible!
?
(quizais debería coñecer máis blogs de socialistas galegos?)
Caghouna, sr sHs. A partires de agora vai vostede que pensar seriamente nas posibilidades xornalísticas do mensual do concello de oleiros. Coma sempre, fasendo amigos
Como isto siga asi, o meu nivel de agusanamiento non vai ter limites. Vale con que non me manden SMS de “pásao”, vale que non figure máis que un par de veces no gugle. Pero… non vou nunca ser membro dunha cadea
Coa ilusión que me faría botar unha tarde en pensar respostas inxeniosas….
Nada, que vou ter que faser un blogue. Por favor, deixen instrucións á vista. Obrigado.
Imos logo…
En primeiro lugar disculpade o meu galego…eu solamente levo 14 anos en Galicia, xa que ainda que o meu apellido delate os meus orixes galegos, eu son catalàn.
En segundo lugar quero pedir disculpas públicas ao Sr. Xosé Manuel Pereiro. A miña inxustificada acción / reacción non teñe disculpa. De feito solo reaccionar asi, dado que recibo ao longo do día arredor de 20 mails de xente anónima, que me dan moitos sinsabores. A dereita neste pais non perdoa que un treballador sexa de esquerdas, e ainda mais que publique o que pensa pola Rede. Entón, iso as veces xenera un estado de ánimo como ben dixo “penta” ben susceptible. O dito…quero disculparme, non e a primeira vez que o fago…e cando me equivoco solo rectificar publicamente.
Unha aperta, o meu blog e a vosa casa.