Unha amiga mandoume un aviso, ó parecer do Ministerio do Interior, sobre as sofisticadas mañas que uns espelidos usan para copiarche a tarxeta, fóra do uso da sirla de toda a vida.
“Una importante banda de estafadores de origen yugoslavo está utilizando franjas lectoras de datos en las ranuras de los cajeros Caja Madrid, La Caixa y BBVA (que tienen el mismo sistema de recepción de tarjetas). Dicha banda es capaz de almacenar más de 100 números de tarjetas con todos los datos de los titulares; una vez recopilada la información proceden a grabar dichos datos en tarjetas falsas pudiendo ser utilizadas tanto en cajeros automáticos como en comercios. Del comunicado se desprende que la forma que tienen estos para saber que cajeros tienen puesta la banda magnética son unas pegatinas pequeñas (de unos 3 cm. de ancho por 2 cm. de alto) de colores vistosos que colocan en la parte de abajo del cajero. Si encuentras algún cajero con este distintivo no metas tu tarjeta y avisa rápidamente a la sucursal para que bloqueen el dispositivo”.
¿Non terían que ser os dos bancos, como responsables e propietarios dos dispositivos trucados e das instalacións onde están, os que comprobaran se hai cámaras, dobres ranuras e pagatinas? Chega con que saia cada hora un empregado/a – a ser posible fumador/a, e así aproveita para botar un pito- a inspeccionar os caixeiros, en lugar de meter medo ós usuarios con bandas de iugoslavos de orixe.
Semella un novo episodio do “la empresa/el garaje/el establecimiento no se hace responsable de posibles sustracciones/ del uso indebido, etc.”, Estes solucionan todo se responsabilizan ao malo maloso de turno e de paso ao usuario…
Non tanto, sr. mourullo. Cando se da o caso da falsificación de tarxetas por estes métodos ou outros similares, a entidade faise cargo dos custes derivados do uso fraudulento. Do mesmo xeito que o fai no caso das entradas piratas nas web bancarias. Hai cousa dun ano entraron nun ordenador dunha ikastola en Bizkaia, leron o contrasinal cando o estaban introducindo co teclado e pimplaron como 10.000 euros dunha conta bancaria. A entidade (creo recordar que era a BBK) fíxose cargo do desfalco.
O problema, penso eu, e que o inxenio dos que nos queren levantar os cartos vai máis arreo que os sistemas de seguridade mastodónticos das entidades. E que hai que andar con cen mil ollos.
Sr sHs, parabéns… non só consigue vostede que se lle disculpen os próceres da patria senón que agora dá outro paso no camiño de se converter nun servizo público. ¿Para cándo unha sección “Obra Social” coma no blogue de ASF?