Todo o rebumbio este da crise das caricaturas de Mahoma (Mafoma, para os antergos) é un exemplo de que esa teoría da bolboreta (que axita as alas aquí e ocasiona un terremoto en China) non é unha ocurrencia senón a demostración dunha verdade científica. Ou máis ben de dúas. A outra é que dous mil anos e pico de evolución histórica non conseguiron atenuar a necidade no ser humano.
Os xudeos non podían decir o nome do seu Deus, os musulmáns non poden representar figura humana ningunha,e por suposto menos a do profeta, e no catolicismo ensinábanos aquelo de “no tomar el nombre de Díos en vano” que ignorabamos que significaba pero intuïamos que consistía en non tomar o asunto a broma. En resumo, todas as relixións teñen uns protocolos rarísimos de trato ó ser supremo respectivo. E todas sirven tanto para un barrido como para un fregado. Hai mil anos, en Europa deuse o que agora se chamaría excedente de capacidade militar. Había moitos profesionais das armas, máis que ocasións de usalas (e había ben delas), e unha chea de man de obra barata e sacrificable. Así que papas, reis e emperadores aproveitaron os rumores de torturas a peregrinos cristiáns en Xerusalén para ofrecer a oportunidade de salvarse eternamente e de paso apañar territorios e posición política. Chamáronlle as cruzadas e houbo tantas que nin os historiadores se poñen de acordo en cantas houbo. Pouco despois, os rumores de que os xudeos collían nenos cristiáns para convertelos en carne ó caldeiro motivaron persecucións contra os israelitas (e apropiación das súas pertenencias). Agora, o dubidoso gusto dos responsables dun diario dinamarqués do que nunca se escoitara falar (a metade dos que agora citan o Jyllands Posten nin reproducen correctamente o seu nome) está a facer o papel das alas da bolboreta, soamente que está a provocar dous cataclismos polo prezo dun.
O primeiro, no campo dos apocalípticos, dos provocados. A verdade é que o xornal debe ter tan pouca difusión e as caricaturas teñen tan pouco chiste que os islamistas primeiramente agraviados, os de Dinamarca, tiveron que carrexar o muestrario (e engordalo con viñetas non publicadas) da ceca á Meca para que a provocación surtira efecto. Catro meses despois, sen embargo, non hai crente que non estea alporizado, ata o punto que revela a foto duns descerebrados axitando un cartel que reza –nunca mellor dito- “Europa é o cancro, o islam é a resposta”. E digo descerebrados porque o axitaban en Londres, lugar onde non hai problema ningún para coller un avión e abrirse para onde a un lle pete e impere a tal resposta (por certo, ¿cal é a pregunta?). O segundo cataclismo está operando campo dos provocadores. Sexan apocalíticos, como os que aproveitan para execrar a todos os musulmáns, ignorando que mesmo hai publicacións neses países que se atreveron a reproducilas, e ignorando tamén que aquí hai fanáticos que boicotean películas, atentan contra clínicas abortistas ou pretenden impoñer os dogmas relixiosos ás leis civís). Ou sexan integrados, como aqueles outros que consideran que a libertade de expresión non pode ofender crenzas. Claro que se pode ofender ás crenzas, incluso ás boas, como moito o que non se debe é ofender ás víctimas, e este non é o caso.
O malo é que estas situacións, se non fosen tráxicas, serían de chiste, como o que xa circula da conversación entre profetas: “pois a min nos debuxos sempre me sacan clavado”.
(xoves, 9 de febreiro de 06)
Isto era unha das grandes ventaxes do socialismo real: mentras o inimigo foron os comunistas (o inimigo dos anti-comunistas, claro), non estivo de moda ter conflictos cos musulmans.
A cousa está certamente jodida, porque a guerra fría era entre estados e ideoloxías, pero a xente da rúa non estaba tan implicada como parecen estar algúns civís musulmáns, que ademáis se empeñan en negar o dereito á indiferencia que desexamos moitos, seguramente que dos dous bandos.
Eu sempre digo que, si un tipo ten calefacción (ou aire acondicionado) nunha casa xeitosa, o bandullo cheo e unha cita ineludible con unha partida de cartas no bar, despois da sesta, vai deixar o tema da guerra santa para outro día casi seguro. Aínda que non coma porco.
Coñecemos de sobra o que pasa, pois deberiamos ter na memoria os curas galegos botando prédicas nos púlpitos, os medios de comunicación demonizando e os poderes instigando contra todo o “diferente” (e castigando todo o que lles resultase molesto)… non hai tantos anos, e debiamos recoradalo ben, e recordar amais do que fomos tamén o moito que tivemos que facer para deixar de selo. Aínda que perdura certo tasto de todo iso, se hoxe temos un estado de cousas distinto non é cousa de renunciar a el por un falso respecto ó que nada respecta. A historia demostra que nunca se aprende de nada (nin do pasado, nin do presente nin do veciño…) pero era boa cousa recordar os grandes “escándalos” que viviu Europa (o voto das mulleres, o divorcio, o aborto…) para relativizar este que agora estamos vivindo.
Con razón o seu homenaxeado Umberto Eco di que nos atopamos diante dunha nova Idade Media…
Eu tiña pensado deixarlles descansar unha temporada, pero á vista do que estou a ver na TVG e no uso da miña libertade de expresión, quero decir (antes de que se me pase o “calentón”) que temos substituído a retransmisión dos premios do cocido de lalín polas homenaxes a pucho boedo. E, dado que xa vou camiño do medio século e non me poden contar milongas, podo afirmar e afirmo que, pese ó que diga o presentador ampuloso da camisola demasiado teenager que seica é outro lider mediatico, los tamara eran nos meus tempos o que pode ser hoxe camela, poño por exemplo. E que estou ate máis arriba da miña libertade de expresión dos que, denantes e agora, toman os medios publicos como os seus xoguetiños. E por ultimo que temos unha intelectualidade a xogo co país: minifundista e pitañosa.
Ufff… que descanso…
-Consume productos finlandeses
-Merca o Charlie Hebdo
-Critica a Mahoma,ao Papa,a Moisés
-Bloquea o camiño dos fanáticos,que non che tiren o orgullo da túa liberdade
PD.Como é posible que moita xente de esquerdas pasara estes dias mirando para outro lado? Non me extraña que o capitalismo salvaxe estea a gañar o partido.
Dinamarqueses
Ahahahaha. Excelente a piada dos profetas. Lao Tsu, o fundador do taoísmo, podia dizer que sempre o sacam “chinado”.
_-Dinamarqueses,dinamarqueses,non sei onde teño a cachola….
-Merquemos as galletas,os xoguetes lego,as películas dogma,etc….
Home, as películas dogma…