O dos 19 gardas civís en imputados por alixeirarlles o peto e os trámites a inmigrantes chinos no aeroporto de Málaga son unha excepción dentro da Benemérita e por extensión dentro deso que chaman os corpos e forzas se seguridade. Excepción é tamén, dentro da clase política e empresarial, a trama dos parques eólicos (canarios, por suposto). Desde que traballo nesto, conto este tipo de asuntos por excepcións, a excepción por asunto. Vivimos en Excepcionland, vamos.
No primeiro caso, tendo en conta os gardas civís que coñezo, está claro que eses axentes destinados en Málaga que parecían afiliados de Aduaneiros sen Fronteiras son unha excepción. O raro é como destinaron ó mesmo sitio a todos eses gardas excepcionais. 19 excepcións son moitas xuntas, e supoño que lles debeu pasar como ás mazás, que empeza unha a podrecer e alá vai o cesto enteiro. A favor das mazás está que fan o que fan porque carecen de sentido e de ordenanzas, e a favor da Garda Civil, que alguén parou o proceso.
O segundo asunto é moito máis excepcional. Non pasa todos os días que o alto cargo dun goberno ande intercambiando mensaxes por escrito sobre os seus chanchullos (non sei se debería escribir presuntos chanchullos). Unicamente se pode explicar porque en Canarias, unha sociedade de aluvión, xa non está vixente o valor da palabra dada, nin se dá a confianza recíproca á hora de facer negocios beneficiosos para as dúas partes. Claro que, ben pensado, estas cousas nunca se explican. Son casualidades, actividades lexítimas ou, cando non queda outro remedio, excepcións. No resto do mundo civilizado, polo menos no que sae na prensa estranxeira e nas películas, os afectados por estes casos corren como centellas a difundir a súa versión. Aquí ninguén sae á palestra (aproveitando que agora a palestra non é un campo onde hai que ir dacabalo, vestido de latón e cunha vara en punta para pelexar, senón unha sala con periodistas) para decir: “adxudicamos estas concesións, recoñecemos que substanciosas, porque estes señores, a pesar de non ter experiencia ningunha no sector, presentaron unha oferta que mete medo de boa, segundo se pode comprobar nestes papeis”. Esta é unha sociedade tan excepcional que cando estas cousas saen a luz, en vez de poñerse baixo do foco para acreditar limpeza, os interesados apagan todos os interruptores que poden.
Poderíase considerar que excepcións de verdade foron aquel presidente socialista de Castela e León, Demetrio Madrid, que dimitiu cando o acusaron de malas prácticas empresariais (logo absolvérono, pero xa estaba Aznar no seu posto), ou aquel ministro Pimentel que se foi dun goberno, tamén de Aznar, por razóns ideolóxicas. Pero non, eses foron fenómenos inexplicables. O excepcionalismo é aquí a norma cotiá, universalmente aplicado como purga de Benito que todo o xustifica. Unha vez que veu un alto cargo da seguridade do estado (non sei de debería poñer Seguridade do Estado), nunha época en que coincidiu que en boa parte dos sucesos criminais (o asasinato racista de Lucrecia, o crime de Nigrán) estaban implicados axentes policiais, pregunteille se, partindo da base de que eran casos excepcionais, non habería algo que estaba fallando. “Son únicamente casos excepcionales”, contestoume Rafael Vera.
(martes, 21 de febreiro de 06)
É de vergonza allea como calan Voz, Ideal, Correo, Pais, Mundo, SER… ¿pero que narices pasa que soio un pequeno periódico como La Opinión represente a dignidade periodística que quixeramos ver na prensa galega?
De seguro que este apagón non é por decisión dos periodista, que mais de un estaría por facer un bo traballo, sinon por criterios editoriais dos que mandan ou teñen as accions.
Agora sí, bastará que, por exemplo, o Pais (Hermida???)publique algo da escandalosa trama eólica en Galicia… para que todo-los outros medios galegos gasten columnas en portada.
I é xa non soio co asunto eólico… votemos un ollo as informacións ou valoracións que fixeron os dous periódicos coruñeses arredor das tres degracias humanas acontecidas nas obras do porto exterior. Didáctico
Efectivamente,xa morreron tres traballadores nas obras do porto exterior.E iso que estamos na Unión Europea(menos mal)e que hai normas de seguridade e hixiene no traballo.De tódolos xeitos,nesta obra levamos 3 mortos.Cantos farán falta para que se apliquen as normas como farían en Hamburgo ou Helsinki?
É verdade que A Coruna é unha cidade miserenta cunha estructura económica e social moi atrasada,mas penso que isto non xustifica o abandono da seguridade no traballo para obter un maior beneficio económico.Claro que a Vázquez cunha crueldade infinita,isto parecíalle “unha cousa normal”.Xa sabemos que despois lava a súa conciencia dándolle unhas migallas á cocina económica.
Pero si,éche moi deprimente ver a complicidade da Voz nesta explotación económica.La Voz sacou estes dous artigos o día das mortes:
1-”Accidentes y golpes de mar son el motivo de las muertes en la costa”.È decir,para A Voz as mortes do porto foron unha mistura de mala sorte e de lei da natureza.E para que non destaque tanto a morte dos traballadores conta mortos dende o ano 2000 “cando un matrimonio caiu co coche ao porto de Sada”.Isto é como falar da morte dun que facía parapente para explicar as mortes dos militares do Yak.
2-”Los aficionados a la pesca reclaman un muelle” Mensaxe subliminal:Os afeizoados á pesca están na mesma situación que os traballadores do porto exterior…..Isto é como se despois da morte de traballadores que caeran dos postes de alta tensión a reflexión do xornal fora que hai que darlle boas instalacións aos equilibristas amateur.
Por favor, máis prudencia e máis seguridade no traballo.Aínda que se perdan algúns cartos.Se é preciso que lles dean máis concesións administrativas aos fillos dos caciques,pero que non aforren nestas cousas.
Eu de maior quero ser excepción.
Partindo da hipótese de que “Spain is different”, parece totalmente razonable que coincidan tantas excepcións por kilómetro cuadrado. Pero claro, que das excepcións sempre, ou ben saia beneficiado un cacique, ou ben as protagonice un uniformado… Bueno, faltan as excepcións que morren agardando nos pasillos dos hospitais, ou en lista de espera para operar, que tamén hai algunha.
O que tocaba era facer, de vez en cando, unha escepción coa típica indiferencia “mientras no me pase a mi” hispánica, e cantarlle as cuarente a quen fixese falta, sempre que fixese falta.