Desculpen que trate un tema así. Xúrolles que ata tiña preparado outro de máis substancia social, mesmo de interese xeral, pero é que me perde o afán polémico. É ulir o sangue fresco do debate político e aló vou irremediablemente a meter os fuciños como unha hiena. Sobre todo se disinto, como disinto de todos os opinadores e analistas que critican que na Convención última do PP (a de “Hay futuro”, xa saben) houbo menos renovación que nas edicións sucesivas de Gran Hermano.
Non, non é que eu sosteña que si que a houbo, non son tan hiena como para eso. A única <a href=\"http://www.informativos.telecinco.es/convencion-pp/fraga/golpistas/dn_21356.htm\">renovación </a>que houbo na liña de pensamento da dereita no último lustro foi a dimisión de Florentino Pérez. O que aseguro é que nunca houbo esperanza ningunha de que a fora haber, nin pola parte actuante nin pola parte soportante. Nos congresos dos partidos políticos hai menos sorpresas <del>e a mesma autocrítica</del> que nas decisións do Comité de Disciplina Deportiva, e eso que teoricamente nos congresos se decide algo. Así que imaxinen o que poden dar de si as convencións, nas que, sexan o que realmente sexan, non se decide nada. Normalmente, congresos e convencións fanse para verse, darse ánimos e fundamentalmente saír nos medios de comunicación. En casos pouco frecuentes, sirven para propinar un golpe que se pretende definitivo ás minorías discordantes. Pero nunca se organizan para cambiar nada. A Convención Hai Futuro seguiu brillantemente o guión habitual, segundo definiu José Blanco con esa contundencia incisiva que agacha baixo esa pinta miñaxoia: primeiro actuaron os patróns (Aznar e Fraga), logo os xefes de máquinas (Acebes e Zaplana) e despois o mascarón de proa (Rajoy).
A primeira condición para que non fose así e houbera algún cambio, ou alomenos a súa <a href=\"http://blogsprorajoy.net/index/fotos_convencion\">posta en escena</a>, é que houbera algún desexo de cambio, como o de ganar unhas eleccións. Pero no principal partido da oposición o que hai son ansias de que as perdan as eleccións os que llas ganaron, que non é o mesmo. A segunda condición para reconquistar o electorado que lle virou as costas sería recoñecer que se fixeron mal as cousas, porque se non, estáselles decindo que se equivocaron ó non votalos. Pero eso é entre moi duro e metafisicamente imposible para Aznar, Acebes e Zaplana, que eran os directamente responsables do Goberno que perdeu. Xa sei que Mariano Rajoy, que é o único que se conformaría con ganar e non parece esixir que lle devolvan o perdido, formaba tamén parte daquel Goberno apeado, pero é que Rajoy dá a sensación de que estaba por estar, como vicepresidente displicente. Esa é a súa habilidade, igual que a de Alberto Núñez Feijoo, ó que nunca escoitarán reivindicar as vellas esencias máis aló do imprescindible para non quedar como un desagradecido. O malo de Rajoy é que non pode mandar ó resto da tropa á Eurocámara, por poñer un exemplo de <a href=\"http://www.elsemanaldigital.com/arts/47047.asp\">cámara</a>.
(martes, 7 de marzo de 06)
O que si houbo na Convención foi todo un hit-parade de revisionismo da Historia recente: cando Aznar dixo que nunca negociou con ETA, ou Fraga que os golpistas do 23-F eran uns “bienintencionados”. Andaría Pío Moa pola xuntanza dos populares?
Sospeito que os congresos dos partidos non son máis que unha morea de xente que, basicamente, están de acordo en todo, pero que se reunen para lembrarse a si mesmos canta razón teñen e o inútiles que son os demais. En definitiva: é unha inmensa palla mental colectiva.
Xa se me colaron mourullo e Larvós. Porque eu ía comentar de revisionismo (ese “Aegean Sea”, maior catástrofe ecolóxica da historia de España) e tamén de onanismo colectivo.
Así que, Sr. Pereiro, virareime hacia vostede e dígolle ¿Cal é o problema? Ten razón que non o están a facer moi ben que digamos… Pero ¿non é mellor así? Vamos, que para min, os gobernos socialistas (nacional e autonómico) non son para botar fuejos, pero volver a un goberno do PP, igual é para pegarse un tiro.
A estrategia do PP é desmobilizar ao elitorado.
A victoria do PSOE baseou-se justo no contrário: umha mobilizaçom sem precedentes do eleitorado mais descontento. Polo tanto, sementar todas as dúvidas posíbeis sobre a acçom de governo nom lhes dará novos votos, mas é possível que lhos quite ao PSOE ao desmotivar aos mais indecisos. Sem embargo isto, ailhadamente, nom basta. O PP precisa da maioria absoluta para governar, mas ao polarizar tanto as reacción políticas muitos votantes de partidos minoritarios deslocarian-se até o PSOE com a única finalidade de que nom ganhe outra vez a “dereitona”. A questom é saber se há mais indecisos dispostos a absterse ou mais “minoritarios” a sumarse ao PSOE.
Bueno,non todo foi tan malo,fagámoslles xustiza.Que me din desa foto na que Aznar e Rajoy están sentados no chan en plan cool-decontracté? Para un vello falanxista como Aznar se cadra non é moito,pero a un conservador do século XIX como Rajoy debeu saberlle a raios.
Estimado Míguez, non sostería eu o contrario do que Vde apunta. (E perdón polo tardío rescate do limbo dos comentarios moderables, que non sei como desactivar nin a razón de por que uns can nel e outros non, sistema Padrón)
He He, misterios de blogsome. O seu non sei eu… é sumamente elocuente, e suscribible.