1.- O domingo pasado, tomando un café, un amigo con acceso ó editor de La Voz de Galicia reflexionaba que a etapa do actual director xa rematara, e que debían de implementar (signifique iso o que signifique) unha saída como a que lle deron en El Pais a Juan Luis Cebrián. Ó día seguinte, luns, entereime que foi que non (o tipo de saída). Impresionado pola cantidade e calidade dos cambios que se están a producir nos poderes fácticos coruñeses, e coa miña proverbial bocaza, ironicei coa xefa de prensa dunha entidade financeira sobre a posibilidade de que se producira algún na súa empresa. Vai ser que tampouco.
2.- Pola contra, o do “alto el fuego permanente” (AFP) de ETA sucedeu sen coincidencia previa ou premonición ningunha, e colleume nun día liado. Non puiden asumilo ata pola noite, momento no que tiven unha das habituais reflexións sobre se debería comentar sobre o particular e a quen lle importaría que se si ou se non. Vin un debate na Cuatro conducido por Iñaki Gabilondo, tan bo como claramente desequilibrado, no que unha das opinantes era Rosa Regás. Concluín que si, aínda que de momento non se me ocorre nada.
2 alto el fuego
22 Mércores Mar 2006
Posted Xeral
in
O de Cebrián no seu momento teño entendido foi o que se chama, en linguaxe técnica, “patada para arriba”. Pero descoñecía que, neste sistema de resolución de conflitos no organigrama dunha organización, a “patada para arriba” fose modelo PSOE, e a “patada para fóra” modelo PP.
O “descoñecía” de antes tiña que ir acompañado deste enlace.
Pois há exemplos de pontapé cara arriba no PP…Esperanza Aguirre é um exemplo, e nom lhe foi mal…Rodrigo Rato é outro…claro que na política, a relatividade do espaço é bastante cabrona.
No caso que nos ocupa, penso que a expresión técnica máis axeitada sería “patada a seguir”
Estimado sihomesi, é vostede todo un crack. Vía Vieiros entérome dunhas xornadas da Rede de Blogs Socialistas nas que participará vostede (xa contará a experiencia), e que o portal desa Rede o administra señor quen protagonizou unha das grandes grandes grandes intervencións neste blog.
Barrunto que xa se fixeron amigüitos.
Esculcador Mourullo: Ten razón unha vez máis. Precisamente a invitación a participar foi a modo de desculpa por aquela irreflexiva intervención. Para que logo digan que nas esquerdas non hai máis que cainismo.