Esta noite vou a ¡Hai debate! a pelexarme coa señora esa da COPE sobre o de ETA e outros asuntos varios… ¿algunha idea salvadora?
Ai, ai, ai
27 Luns Mar 2006
Posted Non sei eu...
in27 Luns Mar 2006
Posted Non sei eu...
inEsta noite vou a ¡Hai debate! a pelexarme coa señora esa da COPE sobre o de ETA e outros asuntos varios… ¿algunha idea salvadora?
Pense vostede … que podía ser pior
Felicítea polos vellos e gloriosos tempos da COPE local de Vigo, cando Xosé María Palmeiro facía “Jaque a la actualidad” en galego.
…non te preocupes, xa se encargará ela soa de enterrarse no barro, son expertos niso!
Utilice voçé o método socrático, faga perguntas, e como bem di dorfun, ela sozinha irá ficando na lama. Perguntelhe, por exemplo, se pensa que se debe erradicar-se a fe católica dos USA por causa dos bispos pedófilos ou se deixar que continuem impartindo doutrina se pode considerar que é pagar um preço político ao Vaticano por deixar que o resolvam eles como lhes pete.
Todos témola penitencia nesta terra, mais a túa coa “señora da Cope” non cha quero eu para min. A mágoa e que para ver o “Hai debate” e que témola que aturar a ela.
Sorte.
O seu son ganas de comezar a semana de xeito ‘hardocore’. E non lle era mellor saír en Pepe O Inglés, como outro día Carlos Meixide, que escachaba eu coa risa e vostede pasaría mellor rato?
Pode levar esta xoia, que seguro que a sua compi lle “encanta” o artigo de Jiménez Losantos da última páxina (o resto do documento tampouco é que teña desperdicio). E/ou tamén esta traballada reportaxe. E/ou o que di algunha vítima do terrorismo etarra. Non sei se ideas salvadoras, pero ideas.
E, de calquera xeito, considere que sempre podería achegarse media hora antes ao estudio e sementar uns allos…
nin se te ocurra mirala tan si quera, tampouco que note que a ignoras, nin de puta casualidad te atrevas a rebatirlle nada porque contra a demagoxia brutal nada se poder facer, nada, non o esquenzas. Nin se te ocurra entender en nada os do bng, pero vamos, para nada. Si falan da tregua, ti solo, solo fala ben das victimas e punto. Si esta jicha é a do debate do outro día….que dios te coja confesado, meu,….que pena me das, pobriño el……
Vaia disfrazado de falanxista e co último artigo-molotov do Pío Moa. Digo eu que dese xeito,de entrada,poneranse tenros,e despois vostede aproveita e mételles un gol que nin os de Bebeto.
Receita:
-Paciência
-Tila
-Metodo socrático (Como bem dim)
Eiquí estamos, para facer a crónica post-coitum. Vexamos:
1.- A tal señora non era para tanto. Efectivamente, non había máis que lle deixar corda suficiente e ela soiña se aforcou.
2.- Sr. Pereiro, a vindeira vez deixe de mover a perna, que acabei mareado.
3.- Síntoo moito, pero máis ou menos a altura da “orixinal proposta” da mesa de partidos (¿de qué me soaba?) feita pola señoriña do bloque durminme….
Tes rason, a paisana non tiña o día guerreiro, ate o do PP atreveuse a botarlle a bronca.
Coincido co da perna e xa postos, meu, saca a man da cara que parece que vas durmir.
Co da fusión das caixas saiu a ideoloxia imperante en todos nos : Virgencita que me quede como estaba.
E o demais o gravei que hoxe hai que currar.
Se deixaran fumar… se hai próxima vez, poño un parche.
Por certo, a señora é de Escairón (“cos de Escairón, nin trato nin conversación”, asegura un dito monfortino)
Sr. Pereiro:
Corróeme a duda de si a miña resposta ó seu chamamento de onte, se perdeu no universo moderate ou na miña torpeza co botón “Say It!”.
A coitus-pretéritus (desculpe se o meu latín é incorrecto, intentando segui-la argumentación de eSedidió), eu diría que á famosa comentarista do pelo recollido, si en vez de darlle corda, lle dan un tractor de abono, ela sola se cubre de… gloria. Mellor así.
A vostede véselle (oéselle) máis cómodo na radio, pero o que falou, foi na liña mordaz que os seus fans agardábamos
E xa de paso, si ten oportunidade de llo dicir da miña parte á producción do programa, o detalle que veño observando en ¡Hai debate! de que os invitados teñen que poñe-la botella de auga no chan… poderíase mellorar.
Na radio deixanme fumar, e rascarme.
Coincido co que dixeron F. Miguez, alvarez e eSedidió (perna incluída).
No programa de onte as miñas simpatías “comunicativas” no terreo dos políticos foron diametralmente opostas ás que nun principio imaxinaría. No dos xornalistas, foron máis acorde ao agardado.
Unhas perlas:
. Moi boa a súa xustificada lembranza á xenerosidade na Transición con tipos como Arias Navarro, o “carnicerito de Malaga”.
. Gómez non defraudou co seu intento de preguntar a López Veiga por aquelas declaracións que fixera o ex conselleiro sobre xente do seu propio partido que estivera na Xunta para enriquecerse (todo un clásico para os lectores de xornal.com)
. Cando López Veiga chamou “gamberrismo” ao discurso lepeniano da señora de Escairón con respecto á clase política, decaiteme da cantidade de fartos que pode haber no PP con certos apoios mediáticos.
E, ao final, estaba eu deixándome levar polas bondades dese laissez-faire nas caixas defendido por don José Luis, ríndome co romanticismo ecónomico dalgúns, cando espertei á crúa realidade coa súa oportuna mención, sihomesi, ao famoso tema.
Outro día, xa postos, haberá que comentar un pouco máis polo miúdo as súas intervencións radiofónicas dos martes pola noite
EN QUE RADIO,QUE DIAS E A QUE HORA FALA O GURÚ?
O gurú, non sei. Eu, os martes ás 22,00 na Radio Galega
MALA HORA PARA MIN, UNHA PENA PORQUE A PESAR DE SER DO DEPORTIVO E CORUÑES (DOUS PROBLEMAS IRRESOLUBLES PARA UN CELTISTA E VIGUES COMA EU) ERES O UNICO COLUMNISTA QUE LEO NO FARO. UN SAUDO DUN PUTO PORTUGUES.
Oiga, deportivista si, pero de Monforte.
Estivo vostede á altura, Sr. Pereiro, malia o flemón e a ausencia de tabaco. Había que velo despois nos pinchos, como roubaba pitillos Queremos que volva, así que vai ter que mercar parches. O das augas xa está amañado. Foi só ese día.
enton non ten perdon de dios, porque, o meu celtismo é por nacimento, nacin vigues, celtista e galego, tres jrandes desgracias coma a copa dun pino, co cual estou esculpado ante o altísimo. Pero vostede pudo elexir e tomou a opción deportivista (ahi que joderse) digamos co cal, como decia miña aboa, neñino eses son doutra rasa (ainda que para ela o eran todos os que non son da nosa parroquia)e claro os das outras rasas non saben o pracer de ser uns ninguen, uns perdedores perpetuos, non ter ningunha copa no palmares, campo en balaidos a cair ou no monte, ter unha afición impresentable que zorrega no entrenador porque non só é galego si non que ademais fala en nativo, en fin placeres so para esquisitos que nunca podera disfrutar os que como vostede elexiu a opción gañadora.
Pois pior é o meu, que teño un fillo coruñés e celtista. Maldita xuventú….
O meu foi do Real Mandril ata que o levei ó Proxecto Home