A risco de contradicir e defraudar a todas as persoas e institucións que mostran a súa solidariedade no asunto este da reestruturación de RTVE, teño que aclarar que, na miña modesta opinión, o problema non o teñen os traballadores. Ou polo menos a gran parte dos traballadores de RNE e TVE. O problema é para o resto da sociedade, por moi ampuloso que pareza. Aceptando como hipótese que recoñezo que xa é aceptar a promesa da patronal, sexa a dirección, a SEPI ou quen mande, de que non se vai ir quen non queira irse, o problema non é dos que se van, senón do que parece que vai quedar: unha cadea teoricamente pública que na práctica carecerá das ferramentas para selo, e que non terá outra que competir en inferioridade de condicións coas chamadas privadas (en realidade, concesións dun servizo público) ofrecendo máis do mesmo. Ata que, dentro dun tempo, sobreveña a conclusión tan inevitable como que se chove, ou te pos a cuberto ou móllaste: hai que pechala.
Nas situacións de crise, todas as partes teñen a súa parte alícuota de responsabilidade, pero hai uns máis alícuotas ca outros. Os traballadores, e/ou os seus representantes puideron pecar de ter contribuído a manter estruturas e comportamentos caducos. Pero os éxitos e os fracasos
dunha empresa son de quen a xestiona, non de quen fai o que lle mandan, e curiosamente, no primeiro caso os mandados quedan como están e no segundo pagan as consecuencias. Un programa chamado La noche de los castillos custou tanto que tería sido mellor e máis barato construír un castelo de verdade (durou catro programas). Operación Triunfo deu perdas económicas (por non falar do estrago no gusto musical). Nos dous casos, non se fusilou a ningún responsable. En RTVE, no chamado Ente, o que non é nin a radio nin a tele nin produce nada, traballan 900 persoas. Entre as tres sociedades, hai 752 direccións, subdireccións e xefaturas de servizos. Os departamentos dedicados a diversas contabilidades suman polo menos un par de ducias. Pero os que sobran son redactores, cámaras, montadores… Sen saír do sector, está o exemplo de Antena 3. Cando chegaron os novos propietarios e comprobaron a mala situación, despediron a unha chea de mandados, e a quen os mandou, Ernesto Sáenz de Buruaga, premiárono con seis millóns de euros polos servizos prestados.
En definitiva, a solución que ten RTVE é a mesma que no famoso caso da <a href="http://sihomesi.blogsome.com/go.php?http://spaces.msn.com/naranjita-limoncita/blog/cns497.entry”>formiguiña ou dos remeiros. A directiva dun club de remo, preocupada polos cativos resultados, decidiu reestruturalo. A primeira medida foi substituír a un dos dez remeiros por un xefe de equipo. Como a cousa non mellorou, incluíron dous auditores de calidade total e un supervisor de downsizing. Tampouco deu resultado, e apostaron por designar a un analista de procedementos, un contralor, dous xefes de sección e un apuntador de tempos. O rendemento foi a peor, e contrataron os servizos dunha prestixiosa auditoría, que concluíu que o que pasaba era que o persoal non estaba incentivado dabondo e carecía de espírito de empresa. Así que botaron ó remeiro.
(venres, 7 de abril de 2006)
Certo que si. O problema de fondo é saber cal é o modelo de televisión pública que se quere (se é que se quere). Se custa máis ou menos, se está máis ou menos externalizada a produción de contidos, é algo case irrelevante se a televisión cumplira unha verdadeira función social, se servira, por exemplo, para facerlle entender á xente que o mundo é grande e diverso. Actualmente non é o caso, pero podía selo perfectamente: basta ter a vontade
políticade que as cousas muden.O de Operación Triunfo, sí que foi para que hubera fusilamentos, porque as perdas foron para TVE, pero ¿e as ventas dos discos?
A cuestión de fondo, o que máis idefensión me fai sentir é que sexa un goberno autoproclamado como “progresista” o que está a facer estas políticas tatcheristas, que hoxe lle tocan a TVE e mañán tocaranlle á Sanidade (aínda que esté transferida ás autonomías) ou ás mismísimas forzas armadas, porque o PP xa apostara pola seguridade privada, como complemento para policía e Garda Civil.
Corríxame si me equivoco, pero coido que os mellores programas de Televisión Española, e da televisión en España, non deben de ser precisamente un lastre económico: En Portada, Documentos TV, Informe Semanal, Os Lunnis, etc.
Quizáis, onde falla TVE é na oferta ó público xeral, enquistada en Gente, as telenovelas, Corazon de nonseiqué…
O problema: unha vez máis, a mediocridade dos xestores e dos políticos. A solución: difícil (a solución á estupidez esa da SEPI). A esperanza: que a chabacanería tan de moda dos medios, non se instale no que debería de ser un servicio público, por culpa de que algúns necios non acaben de entender que a sociedade e o estado non se deben rexir polos mesmos criterios que unha empresa privada.
Penso que non se equivoca, non.
Noutra televisión que todos coñecemos mantéñense pluses a directivos do anterior réxime como se fose unha ONG. É todo moi triste. Pero a culpa sempre é do traballador…
Dixérono todo vostedes. Só engadir: “Amén”.
Pregunto: (suxerencia de aforro) non sería mais económico poñer webcams nos corredores do Congreso ou gravar os comentarios a “micrófono apagado” ds deputados, que mercar galas (Gran Prix, etc) ou programas de humor a productoras externas? Os elevidentes sempre gostamos do ridículo dos outros, e se ises outros son os políticos tan ben pagados (de sí e por nós) moito mellor.
Unha cousa é unha cousa e outra morder a man que dá de comer.
Ola:
Eu tamén traballo en TVE, e lin con interese os vosos comentarios.
Dende o meu punto de vista en España non hai unha grande diferenza entre televisión pública e privada, falo de sentado no sillón co mando na man.
Os denostados Gente e Corazón de non sei qué, por contra sanean as contas, moitos ingresos cuns custes moi axustados, i ate agora deixaban un “share” outo ó comezo dos informativos, que para falar claro é o único que importaba.
O problema que xa temos encima agora mesmo, é que a audiencia coa actual dirección dóuselles ás privadas, hoxe por hoxe a disputar o liderazgo TV5 e Antena 3, e o Canal 4 a Prisa entrando a pouquiños.
Programas de TVE está sen forza, descabezado. Só Informativos interesa, e fanse si programiñas de interese público, máis minoritario, máis da 2 pero, de escaso público (non desmerecen por iso) pero precisan de menos infraestrutura.
Que é o que queren, vese vir, pero non poden impoñelo da noite á maña, tampouco agora podémonos deixar ir moito máis senón cada vez haberá menos que negociar: política de feitos consumados como xa se fixo noutras reconversións.
Tamén penso que na outra etapa os grandes negocios televisivos facíanse dentro é o arredor da única televisión, e agora iso non pode ser así (non se podería xustificar), ten que ser ó traveso de produtoras, aínda que moitas delas non sexan mais que un novo xeito das vellas mans mover cartos.
Tamén o modelo do estado non é o mesmo, i nesta segunda volta, o estado soltará maiores porcentaxes para administrar nos gobernos autonómicos, algúns dos cales tamén teñen televisións públicas, o estado deixará que se administre coma queira as maiores competencias pero retirará custes pola outra banda.
Así máis ou menos é coma eu vexo, e paréceme mellor para enfocalos tiros, é dicir, mellor defender os nosos intereses.