• About
  • Arquivos

Si home si

~ Outro periodista no millo

Si home si

Monthly Archives: Maio 2006

Os dedos e os parvos

30 Martes Mai 2006

Posted by sihomesi in Si home si

≈ 11 Comentarios

Inmersos en debates cruciais como o da saúde deportiva da selección española a raíz do partido contra Rusia, ou a de Rocío Jurado despois das declaracións da Ministra de Cultura, posiblemente se lles escapou o detalliño do Centro de Estudios Galegos de Rennes (Bretaña), no que despediron á lectora de galego por criticar que alí o único relacionado con Galicia era a orixe da transferencia bancaria mensual. Non é raro que se lles escapara. Igual que na trama da Deputación de Lugo, na que o problema parecen ser as poucos discretas formas do fiscal, este asunto é un exemplo daquel proverbio adxudicado ós chinos de que cando alguén sinala a lúa, os parvos reparan no dedo.

Os Centros de Estudios Galegos son unha especie de embaixadas culturais polas universidades do mundo adiante. Hainos de moito prestixio, como o de Oxford, que dirixe John Rutherford, ou do de Tréveris. que leva Dieter Kremer. Dispoñen dun lectorado e dependen da Secretaría de Política Lingüística. Olga Novo, unha poeta nova e din que boa, levaba dous anos en Rennes e estrañoulle que en todo ese tempo o máis parecido á difusión da cultura galega que programaban alí eran seminarios sobre La Regenta ou ciclos de cine galego que incluían a proxección de La Colmena e El Rey pasmado. Olga, pese a que digan que é boa, denunciouno sen reparar en que La Regenta transcorre aquí ó lado, en Oviedo, e que as películas citadas baséanse en obras de Camilo José Cela e Gonzalo Torrente Ballester. Consecuentemente, despedírona. Sorpresa non debeu levar, porque ocupaba o posto gracias a que o seu antecesor, Manuel Blanco, dimitira despois de denunciar exactamente o mesmo. En resumo, dous castigados por non aprender de nenos que non se sinala co dedo.
O que pasa é que alguén, institucións afectadas ou opinión pública, debería botar un ollo á Lúa. A Lúa, o responsable do Centro de Rennes, é un tal Moisés Iglesias Ponce de León, do que unicamente se publicou que é riojano e profesor de español na Universidade bretona, e se calou tanto a súa relación con Galicia como quen o puxo alí e por que. Metendo tan campanuda filiación (Moisés etc.) no Google, aparecen 14 mencións súas (de Olga Novo aparecen 11.500) que nos revelan que Moisés etc. debe ser un xeólogo autor do traballo universitario Contribution au lexique de la couverture en ardoise en Espagne (“Aportación ó léxico da cuberta de pizarra en España”) en unión de Jesús Lago Garabatos. O feito de que o coautor do seu traballo sexa catedrático de francés na Universidade de Compostela e a importancia do sector pizarreiro de Valdeorras (Ourense-Galicia) deben ser os vimbios de galeguidade cos que se fixo o cesto no que este Moisés navegou polo río ata que o apañou a Secretaría de Política Lingüística, o adoptou e lle deu o cargo en Bretaña.
Que conste que non estou discutindo os méritos mosaicos para cargo ningún. Que se ignoren non quere decir que non existan. O que me estraña é que non se lle discutan os resultados, igual que ó delegado aquel da Xunta perdido e atopado en Florianápolis (Brasil), que posiblemente fose un fenómeno, pero aínda non sabemos en que. Por teimar nas comparacións astronómicas, e retorcendo algo a Óscar Wilde, estamos todos metidos na lama, pero algúns deberían mirar de vez en cando ás estrelas. Alomenos os que teñen responsabilidades públicas.

(LA OPINIÓN, martes 30 de maio de 2006)

Advertisements

Comparte

  • Twitter
  • Facebook
  • Google
  • LinkedIn
  • Correo-e

Like this:

Gústame Cargando...

Cervantes (ou Cela?)

28 Domingo Mai 2006

Posted by sihomesi in Non sei eu...

≈ 14 Comentarios

pedillo(Oleiros)

Comparte

  • Twitter
  • Facebook
  • Google
  • LinkedIn
  • Correo-e

Like this:

Gústame Cargando...

Matrix-sport

25 Xoves Mai 2006

Posted by sihomesi in Si home si

≈ 2 Comentarios

Quéixanse os ciclistas de que volve estar de moda o seu deporte, e non pola épica dos esforzados da ruta e pola lírica da serpe multicolor, senón por mal, polo novo escándalo do dopping. E quéixanse con razón, con tanta que é doble: unha porque os meten a todos no mesmo saco e outra porque os meten os que os ven matarse a pedaladas na tele mentres se mazan a cañas ou copas de coñac. E deberíanse queixar por unha máis: polo agravio comparativo que sofren con outros profesionais do deporte virtual, os futbolistas, alomenos os futbolistas dos equipos italianos.

matrix

Posiblemente neste punto é cando xurden as protestas por chamarlle ó ciclismo “deporte virtual”, pero percorrer nunha bicicleta o traxecto a Coruña-Vigo pode ser deporte, pero facelo vinte días seguidos é algo máis parecido ó espectáculo dos gladiadores do circo romano. Está claro que para prestarse a facelo voluntariamente e sen excesivos cartos polo medio, algo hai que tomar. Ben para que anule o instinto de conservación ou para que fortaleza os músculos. Se eu me vira na obriga ou na devoción de ser ciclista, ademais de someterme a prácticas tan truculentas como deixarme poñer unha autotransfusión do meu propio sangue requentado, o que máis me amolaría sería que me criticaran eses seguidores que sudan co esforzo de pedir outra copa.

E agora sabemos que o fútbol italiano non é que fose pelma e amarrón por unha curiosa característica nacional, senón por outra non menos típica: a organización mafiosa. A falta de atractivo do calcio viña dada porque estaba organizado por un ex ferroviario que controlaba ós árbitros, as tarxetas que se sacaban, a boa parte dos clubs, dos xogadores e dos policías encargados do xogo limpo, e mesmo ó tipo da moviola televisiva. O tal Moggi recibía unha media de 416 chamadas diarias á ducia de móbiles que tiña, o que supón, concedéndolle seis horas para durmir, unha chamada cada dous minutos e medio (sen contar o que falara en cada unha, nin as que facía el). Un tipo así pode ser un gran emprendedor que monte un imperio empresarial, pero non un espectáculo creativo. Aquí, naturalmente, non pasa nada parecido, quitado nas paranoias dos antimadridistas corroídos pola envexa. Pero o que parece evidente é que o futuro do fútbol é o dun espectáculo montado a maior gloria duns adolescentes malcriados, cun umbral de frustración mínimo, uns presidentes que non son italianos porque non poden, e unha morea difusa de espabilados que viven desto porque xa non hai estraperlo e o que saben facer non está no catálogo de empregos do INEM. Todo soportado polo desembolso duns paganos ós que tanto lles ten consumir Beckham como David Civera.

     Caian do guindo. Aquí o único real son os rapaces que pasan as fins de semana escocéndose riba dun sillín, os que soportan horas de coche e vestiarios sen auga quente para xogar un partido para cento e pico de espectadores, e os <a href=\"http://es.biz.yahoo.com/23052006/4/rsc-marcas-deportivas-pagan-millones-estrellas-mundial-vulneran-derechos-laborales.html\">nenos </a>de por aí adiante que cosen balóns a 50 céntimos a hora para que os deportistas virtuais fagan figuritas con eles nos spots de televisión. O demais é matrix-sport.

(LA OPINIÓN xoves, 25 de maio de 06)

Comparte

  • Twitter
  • Facebook
  • Google
  • LinkedIn
  • Correo-e

Like this:

Gústame Cargando...

Dez anos

24 Mércores Mai 2006

Posted by sihomesi in Xeral

≈ 8 Comentarios

Lois Pereiro
Pois iso, hoxe é o cabodano

Comparte

  • Twitter
  • Facebook
  • Google
  • LinkedIn
  • Correo-e

Like this:

Gústame Cargando...

As tribulacións dun lucense en Lugo

23 Martes Mai 2006

Posted by sihomesi in Destafoi, Si home si

≈ 8 Comentarios

Seguín estes días as tribulacións duns lucenses en Lugo ocasionadas polas aventuras investigadoras dun fiscal vasco na Corte do rei Cacharro. Simplificando a farfalla xurídica destes casos, do que acusan ó referente conservador lugués é de repartir desigualmente os cartos. Cousa que se xa está mal vista nas familias, nas institucións por riba é delicto.

Curiosamente, o virrei lugués non nega a acusación do reparto desigual, senón que considera que non é para tanto: “como mucho, 120.000 euros”, quitoulle ferro. Como un cabeza de familia que fai unhas partillas manifestamente desiguais coa escusa de que, para o que hai, que menos que darllo ó fillo que traballa na casa. Repartir para dentro, é decir, a unha empresa propiedade da familia dalgúns funcionarios, non deixa de ser unha demostración máis do coñecido carácter patriarcal que guía a política de Cacharro Pardo, sen que eso a convirta en legal. O seu outro olliño dereito era unha empresa, propiedade presunta doutro funcionario, que se encargaba en práctico monopolio de proporcionar os letreiros para indicar direccións e camiños ós residentes e transeúntes na meirande provincia de Galicia. “No sé lo que cuesta una señal, pero es como el gasto en bolígrafos”, xustificouse con actitude do padriño que lle dá un billete para caramelos ó afillado, sen saber no fondo se lle chega para chupachups ou lle sobra para organizar un botellón.
Don Francisco leva mandando na Deputación desde os tempos en que parlamentarias da súa provincia como Ana Pontón aprendían aquilo de mi-mamá-me-mima, e está de senador desde que hai Senado. Así que, como toda a xente que vive tranquila, a súa queixa fundamental é o rebumbio que se montou. Policías con eses chalecos reflectantes que puxo de moda o FBI e agora proliferan na construcción e nos respaldos dos asentos dos conductores, comandados por un fiscal resultón con certo aire ó futbolista Figo, furando pola Casa, apañando papeis e afalando a un funcionario con esposas (das de metal, non das que teñen empresas ó seu nome). E todo coa prensa de arrastro. “Sé que esa mañana hubo medios de comunicación que pretendieron situarse en los balcones de las casas de enfrente para tener mejores vistas”, apuntou o presidente lugués con rictus de pai paciente que coñece os comportamentos ocultos dos fillos díscolos. E non lle falta razón. Nunha institución tan compacta e familiar que ata o grupo socialista atinou ante notario 45 de 46 aprobados nunhas oposicións (e non fixo pleno porque un candidato optaba a dous postos) e nunha cidade na que todo se sabe e case todo se cala, as andanzas da caravana reflectante levando detidos e caixas de documentos de acó para aló, canta bastante. Unha actitude máis propia do aparatoso CSI ca do silandeiro e engabardinado tenente Colombo coa que a comparou Cacharro nunha mostra de que, televisivamente, tampouco está ó día.
E máis que a sesión de fogos xudiciais de artificio que soporta Cacharro dubidando en agardar estoicamente a que escampe ou deixar a todos sen merenda, o que lle debería preocupar son as reaccións de solidariedade dos seus pares. “Ó mellor é unha acción desproporcionada, porque chega con pedir os expedentes. E logo, se non se mandan…” dixo José Luis Baltar en evidente consello de: “se tiveras máis sentido…”. “Isto non podería ocurrir nunca na de Pontevedra”, sentenciou Rafael Louzán, deixando no aire se o imposible é que se teña feito algo así, que se vaia facer ou, de producirse calquera dos dous casos imposibles, o que non habería sería caravana con fiscal reflectante
Ou sexa que establecido que os dous, fiscal e presidente provincial, teñan cadansúa razón, o que queda é resolver unha cuestión: ¿canto gasta unha deputación en bolígrafos? A ver se hai funcionarios que os levan para a casa xunto coas contratas.

(martes, 23 de maio de 06)

Comparte

  • Twitter
  • Facebook
  • Google
  • LinkedIn
  • Correo-e

Like this:

Gústame Cargando...

Desde Galicia para Curtis (ou Galicia será nación, chim-pón)

22 Luns Mai 2006

Posted by sihomesi in Xeral

≈ 11 Comentarios

Que fai a comisión parlamentaria para a reforma do estatuto que non convoca a este home (e ó seu tema)?

Comparte

  • Twitter
  • Facebook
  • Google
  • LinkedIn
  • Correo-e

Like this:

Gústame Cargando...

España cañí

21 Domingo Mai 2006

Posted by sihomesi in Xeral

≈ 12 Comentarios

Dous exemplos do progreso e da modernidá:

1.-Sazatornil strikes again

A chulería, o desplante e o facer a manicura coa navalla (ou usar a unlla de escarbadentes) volven á sede parlamentaria, de onde un sospeita que nunca se foran.

2.-La charanga del Tío Honorio ataca de novo

Un video graciosete dá pe á aclamada por doquier eclosión do rock rural, fenómeno simpático e nunca visto, que sen dúbida traerá cola (e, neste caso, mesmo rabo) e secuelas interesantes para a vitalidade do pop español. (E Os Rastreros, por citar uns, disoltos por falta de que lles fixeran caso)

Comparte

  • Twitter
  • Facebook
  • Google
  • LinkedIn
  • Correo-e

Like this:

Gústame Cargando...

Paxariños

18 Xoves Mai 2006

Posted by sihomesi in Xeral

≈ 4 Comentarios

open source

O dos paxariños, ¿non lles soa?

Comparte

  • Twitter
  • Facebook
  • Google
  • LinkedIn
  • Correo-e

Like this:

Gústame Cargando...

Pasou o Día

18 Xoves Mai 2006

Posted by sihomesi in Si home si

≈ 3 Comentarios

Vostedes estarán coa resaca do Día das Letras Galegas (DLG), escangallados por ter disfrutado dun festivo coa mesma ansia como se fose unha fin de semana enteira, pero peor estou eu, que estou sachando na tecla o propio festivo. E dito esto, chega de queixarse, non convén chorar máis, como dixo hai medio século Luis Pimentel e onte mesmo Anxo Quintana (proba de que ó pobre Pimentel non lle fixemos moito caso, e eso que era médico). En resumo, a chorar á casa-cuna, que din por aquí, porque o DLG está moi ben, pese ó que se diga ou digamos.

Está moi ben, porque o do DLG ocurriuselle a don Paco del Riego como medida reivindicativa e a ver se colaba de sacar á luz a autores e ideas que daquela levaban camiño de seguir soterrados per sécula seculorum baixo das tebras. Aquela proposta de don Paco e os colegas de airear os fondos editoriais en mesas paraclandestinas na rúa converteuse nunha das celebracións non estrictamente comerciais nin holliwoodenses máis participativas do mundo occidental, comparable e certo sentido ó día de San Patricio. celebran o DLG colexios, universidades, asociacións de veciños e de amas de casa, urbanas e rurais, multinacionais e comunidades de propietarios, e este ano mesmo o Ayuntamiento de La Coruña/Concello da Coruña. Como esto siga así, sumaranse desde a hostalería de alterne á embaixada de España no Vaticano, por citar extremos. Un abarrote no Parrote, por seguir coa tradición oral local. E todo en apenas 40 anos de traxectoria. Os Día do Pai e da Nai, celebracións con tantas orixes no albor dos tempos como queiran, non colleron pulo universal ata que o goberno ou congreso dos EEUU non lles deu o espaldarazo oficial (en 1924 e 1914, respectivamente).
A proba de que o DLG está consolidado é que, nunha sociedade tan institucionalmente débil como a nosa, permite debates sobre se ten que ser festivo ou laborable; soporta que se lle dedique a figuras de tan discutible relevo literario como don Manuel Lugrís Freire, a pesar da industria cultural tan cativa que temos e suscita despliegues dignos de Champions League nun sistema mediático como o presente que se permite ignorar olímpica e democraticamente tanto ós fenómenos creativos xa consolidados como os emerxentes e ós aínda subterráneos. Mesmo atura o empoleirado DLG polémicas sobre como debería ser reformado, propostas sardónicas sobre a posible escaseza futura de homenaxeables e incluso que algúns sectores dos chamados comprometidos pasen por completo do asunto como se non fose con eles. Ou sexa que albricias e pantrigo (segundo expresión da tradición oral non local), porque por un lado o fenómeno ten percorrido, como se di agora, e por outro existe a creación cultural galega completamente á marxe.
O único problema é a ver se a cousa acaba como lle pasou á promotora norteamericana do Día da Nai, Anne Jarvis, que se fartou tanto da deriva comercial do asunto que comezou unha campaña en contra e ata foi presa por provocar disturbios nunha celebración. Non creo, porque aquí a deriva comercial está máis que controlada.

(LA OPINIÓN, xoves, 18 de maio de 06)

Comparte

  • Twitter
  • Facebook
  • Google
  • LinkedIn
  • Correo-e

Like this:

Gústame Cargando...

Odio ser de aquí

16 Martes Mai 2006

Posted by sihomesi in Estoume quitando

≈ 12 Comentarios

Ben, o titular é para que picaran, pero non é que estea precisamente contento con ser galego. Non é que me desguste a comida, ou a bebida. Ó revés, o ser humano é unha construcción a base de herdanzas e costumes, e se os nosos pais, a sociedade na que medramos, se fixeron a base de porco e sardiñas, o normal é que nos gusten a nós, quitado traumas infantís ou indixestións. Ata tal punto que eu recordo ter entrevistado a un fotógrafo cubano moi famoso, David Corral, o que fixo as imaxes de Fidel entrando na Habana, e recordaba que os pais eran de Lugo, e a pesares de que sempre foran pobres, nunca comían millo, porque decían que era para os porcos, cando veciños seus emigrantes da Coruña ou Pontevedra non tiñan problema ningún.

Seguir lendo →

Comparte

  • Twitter
  • Facebook
  • Google
  • LinkedIn
  • Correo-e

Like this:

Gústame Cargando...
← Older posts

Twitter Updates

  • Pedro Sánchez en Hogwarts | @ctxt_es bit.ly/2E1keDA Tal que así me parece. 10 hours ago
  • Non tes plan para a fin de semana? O teu lugar favorito, un viño (mellor mencía) e saborea este (ou outro) relato d… twitter.com/i/web/status/1… 14 hours ago
  • "Este juicio nunca hubiera existido si los medios hubieran descrito el Procés, no como un golpe de Estado, o como u… twitter.com/i/web/status/1… 1 day ago
  • RT @ctxt_es: Otro historión gracias a la @RevistaLuzes. En esta ocasión, sobre el Padre Silva y su ciudad revolucionaria para niños y jóven… 1 day ago
  • RT @TradutorGalego: -Os corredores Atlántico e Mediterráneo, por Madrid. -A segunda lonxa mundial de peixe e marisco é Mercamadrid, só supe… 1 day ago
Follow @sihomesi

Gardar blog / post

Gardar como pdf

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

Artigos recentes

  • 26X: Alguén debe unha cea a alguén
  • O Motín da Bounty
  • Ooola, outra vez
  • E que morren os votantes
  • Hoxe pense noutra cousa (Xornada de reflexión)

Comentarios recentes

Carmen en 23-F

Arquivo

Categorías

  • El País
    • Municipales 2.0
  • Estoume quitando
  • Kinopravda
  • Matrix Press
  • Non sei eu…
  • Público
  • Permítanme
  • Res Publica
    • Destafoi
    • Destavai'05
    • O que veña 2012
    • Resaca Local 07
  • Si home si
  • TVsihomesi
  • Uncategorized
  • Xeral

Meta

  • Rexistrarse
  • Iniciar sesión
  • RSS Artigos
  • RSS Comentarios
  • WordPress.com
Advertisements

Facebook LUZES

Facebook LUZES

Blog en WordPress.com.

loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez.
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
Privacidade e cookies: Este sitio utiliza cookies. Ao continuar usando este sitio estás a aceptar a súa utilización.
Para saber máis, incluído como controlar as cookies, consulta aquí: Cookie Policy
%d bloggers like this: