Ante unha enchenta de peticións, aviso que hoxe pola noite, gran sesión de movida de perna en Hai debate!
Atención noctámbulos!
05 Luns Xuñ 2006
Posted Non sei eu...
in05 Luns Xuñ 2006
Posted Non sei eu...
inAnte unha enchenta de peticións, aviso que hoxe pola noite, gran sesión de movida de perna en Hai debate!
Mima! Ese programa xa comeza a estar de cheo no que din “horario para adultos”. E empézase cunha gran sesión de movida de perna, e non se sabe como remata a cousa…
Dado que son tan torpe que non fun capaz de ver na páxina do teletonecho de qué vai hoxe o debate (bueno, torpe eu e incapaces os executores da páxina, todo hai que dicilo), limitareime a pedirlle por favor que non poña a man diante da boca, en interese do persoal semixordo coma min, e que vixíe o nó da garabata antes de saír. O de que se quite o flequillo con gomina témome que é inutil, que é marca da casa (non o quitou nin cando era punqui…)
¿Vai estar a señora do moño? Non sexa malo e non lle dea coa perna, que ao sr. mourullo lle pode producir un colapso
Sorte.
Pido perdón de entrada por non ter mencionado a urbanización de Monteferro cando se tratou o de Nigrán. E mira que o levaba preparado. Síntoo, Míguez.
Ehhhhh?? estouno vendo pola tele e xa deixou o comentario, Sr. sHs… ou vostede é ubicuo ou na teletonecho fan trampas. En fin, dado que vostede non leva garabata, ten a perna completamente dominada, non está nin a sra. do moño nin edilberto, os temas son un auténtico coñazo e a pobre da presentadora estame estresando cos seus problemas de afonía, vai ser mellor que vaiamos durmir
Grávase un par de horas antes, porque se supón que os participantes son pais e familia, e para que a empresa non se arruine a horas extras e nocturnidades
pois, eu tamén o vin e dende Bos Aires, eh? A verdade é que fixo vostede a pregunta máis interesante e que ninguén respondeu: fai falta esa autovía que levou tanto debate? Tamén, como non sei nada da política galega, quedei sorprendida co moito que farían os do PP cando non gobernan… é o que teñen as boas ideas, que sempre chegan cando non é o seu momento. Por sorte, o home este foi cun lapis e papeis. Pode ir apuntándoas…
Torredebabel, si sei que xa tiña posto o trebello para ver a TVG e que estaba vendo o asunto, tería saudado. (Por certo, na páxina de TVE pódese baixar un programa polo que se ve a programacíon de TVE e algunhas outras máis).
O momento máis abracadabrante, no que reparei a touro pasado, foi cando o representante do PP desvelou a táctica esa que tiñan pensado para esta autovía que tanta falta fai. Se a proposta da Presidencia é facela e que sexa de balde (co cal, non sei quen vai circular pola autoestrada de peaxe) a xogada que tiña preparada o PP era facer a autovía de pago, e logo liberalizar a peaxe da autoestrada (co cal non sei quen iría pola autovía).
pois eu o gravei e onte o escoitei mentras facia a comida de hoxe, e, tratou un asunto que aqui en vigo é de moita actualidade co axunto do pxom. Indicou, creo recordar, que non só en Nigran, senón en tódolos concellos desta nación, y del mundo adelante, engadiría eu, os veciños protestan cos plans porque nos tamen queremos construir nas nosas leiras e non só nas dos amigos, primos e demas familias dos concelleiros de turno. Alguns pailans do grupo municipal do psoe vigues non lle gusta este plan, din eles, porque construllese moito. E tódalas alegacións, menos as que repartían no alcampo, son para construir mais nos terreos. Esa é a verdade, o demais, ….
Si o que escoitou foi o Hai debate, efectivamente, o que maticei era que non cria que o de Nigrán fose unha proptesta contra a especulación, senón contra o reparto pouco equitativo
pero, polo que agora se sabe, moi deportivo quero decir celtistada edificabilidade.(E falando doutro tipo de asuntos domésticos: ¿Vd. fai a comida cun día de adianto?)
O que tiñan que poñer pola tele é a tertulia na que vostede, prezado SHS, participa na Radio Galega os martes. Máis que nada, por ver o seu careto cando Elisa Madarro afirma certas cousas…
pois si, meu. Teño escasas 1/2 hora para comer e a santa e os nenos chegan mais tarde, co cal ou coces al lentellas e demais o día anterior ou haber como prepara comida para 5, que non teño tempo nin para un cafeciño. Os fritos e ensaladas no nomento Ofcourse. Con respecto o menos importante e mais coñazo, eu, con outros, puxen cartos, que non tempo, para tirar o edificio do piricoto, e o argumento base que non o que gañou no xuicio foi : “¿si eses poden facer semejante edificio, porque o resto dos parroquinos non?” Argumento polo cal caiu o bng en cangas, moaña e bueu, os pobriños non se deron conta que o galego feten o que quere e facer o que lle salga dos mesmos coa sua leira, e punto, como decia o patrón.