Non, non é a pasarela Cibeles, nin a Gaudí, aínda que tamén é unha mostra da creación e unha oportunidade de negocio. É a Pasarela de Vimianzo, un lugar coroado por un penedos que son a proba máis definitiva de que a natureza supera á arte. E tamén outra proba non menos definitiva de que, a pesar de séculos de civilización, o ser humano evoluciona máis na forma que no fondo.
Os penedos de Pasarela son, nestes tempos de parques temáticos, un parque máxico, escribiu Manuel Rivas aforrando ós demais o traballo de describilas e valoralas. Tamén foron, desde hai tempo, escuro obxecto de desexo de empresas que viron neles, imaxino, a oportunidade de facer canteiras nun sitio no que nin hai que desenterrar as pedras. A primeira, provista dunha patente de corso en forma de permiso de prospección, foi ó seu ata que houbo as protestas. A segunda, liderada polo socio dun coñecido ex responsable de Política Territorial, conseguiu un permiso de Medio Ambiente. Foi naquel mes en funcións da anterior Xunta que tivo unha productividade nunca vista en cuestión de permisos e unha vizosidade tropical á hora de cumprir compromisos. Entendo que calquera se apunte a coller euros a catro pesetas aproveitando a casualidade de que o teu socio foi o responsable de ordenar o territorio e que pillas ó goberno autonómico preso dunha actividade febril. O que non entendo é a actitude dos indíxenas ós que se lle priva dunha oportunidade de negocio colectivo moito maior: aproveita ese parque máxico que xa está feito, non como Terra Mítica, que houbo que meter unha chea de cartos públicos para facela e para urbanizar o entorno e menos mal que os terreos eran de amigos e non se perdeu todo.
Nese sentido, as declaracións do alcalde de Vimianzo, proclamando o argumento pro-canteira de que “as pedras son pedras” (e polo tanto, susceptibles de converterse en grava) ocultan, baixo a obviedade aparente, unha gran profundidade conceptual. Calquera día, o edil descubrirá que o castelo de Vimianzo non deixa de ser un edificio, e polo tanto, debaixo hai un solar. Igualmente, a asociación de veciños de Pasarela (que ó parecer non precisan os 5 postos de traballo que crearía a canteira, pero son amantes das novidades laboral-productivas) fai unha proposta de alto calado: “Canteira si, penedos tamén”. É decir: “Tortilla si, ovos tamén”. Ou “troitas si, bragas enxoitas por suposto”. Calquera urbanita deses que entende como natural que estea prohibido tender a roupa na fachada das casas pode considerar que deixar estragar unha paisaxe a cambio de nada débese á ignorancia. Grave erro. Hai uns meses, cubrín a información da <a href=\"http://www.lavozdegalicia.es/se_galicia/noticia.jsp?CAT=102&TEXTO=4774953\">desaparición </a>en Camariñas da Pedra do Oso. Un misterio que durou apenas 24 horas, cando un veciño da Coruña alertou que llo chantaran diante da casa. Afanarao un dilixente traballador ó que a empresa constructora dun edificio oficial da Coruña encargara procurar algo aparente para decorar unha rotonda nunha zona xa ateigada de hórreos reconstituídos. O operario, sen cualificación plástica ningunha, apreciou que o penedo daba perfectamente o pego como elemento artístico obrigado en toda obra civil.
Non é que algunhas mentes sexan máis duras de roer polo paso do tempo que as formacións graníticas. É que hai moito listo que se fai o parvo para camuflarse, pensando que os demais o son.
(LA OPINIÓN, xoves 15 de xuño de 06)
e como vostedes saben de sobra somos dunha nación que aprecia ou tolera o listos, e ainda mais se estan camuflados de parvos. Iso sí que realmente está valorizado entre o que chaman pobo, xente, paisanos ou camadas populares na xerga de antano. Por certo, estivemos no val de traba e neses penedos no 79 e aquelo foi como unha revelación para nos. Cando falan de galicia sempre venme a mente aquel val como imaxen idílica, por iso nunca volvin. Alguen me aconsella ir la para ensinarlla os fillos ou mellor deixalo pasar e non acumular mais frustracións?
Home, sr Alvarez, que quere que lle digamos? Tendo en conta que a) a memoria é un mecanismo que ten certa tendencia a facer malas pasadas, e b) que dende o 79 para eiquí fíxose no val de Traba unha parcelaria modelo ortogonal (para entendérmonos, rede de camiños en forma de escaques de xadrez, que de todos é sabido é a forma máis tradicional do noso sistema viario), pois a cousa non vai estar precisamente para lembranzas.
De todos os xeitos, non castigue aos nenos e vaia, que sempre quedará a praia, e xa postos está mellor eso que o bracalandia.
Non sei eu…O de bracalandia van en peregrinación tódolos anos co colexio e teño volto a costa da morte o meu adorado Areal do trece e cabo vilan e cada vez peor ate fai dous anos en que aquelo da pena. Volvín por Muros a lagoa e so falta que fagan unha casa dentro dela. Fun a Malpica e donde xogamos dentro daquela fortaleza abandonada agora é propiedad fechada a cal e canto. E Mira que Malpica era dificil de facela mais fea coa aquelas casiñas de ladrillo tipo A guarda, pois o meu ver conseguironno, menudo adefesio. E claro quédame a xoia da coroa,o val de Traba, naquel veran cos paisanos carretando erva con ate 6 carros do pais con as sua fermosas rubias, casas labregas de pedra,nos sos acampando na lagoa xuntoa a praia, en fin, como que vaian os nenos de maiores……
Pois a ver se a autoridade moral e o estilo literario do Rivas chega para salvar algo.
Son moitos seculos de fame, e o sentido da estetica non enche o bandullo,e o da etica menos ainda. E sobre unha economia posindustrial,sostible e mesmo ecoloxica,non sei se Galiza sera terra para iso….
Falando de etica,vostedes desculpen,pero e que pasou unha semana e sigo alporizado:
O secretario dos colexios medicos de Galicia amosou a sua preocupacion e mesmo a sua indignacion porque dende que o bipartito decidira que a pildora do dia despois expenderiase de balde,o consumo aumentara moito.O tal secretario non fala da necesidade de millorar a educacion sexual,mais ben critica que:
-A pildora repartese en varios centros, polo que unha rapaza pode elexir a distintos doutores.
-Hai necesidades moito mais urxentes
Pois ben,Galiza,seculo XXI,ano 2006.Esta debe ser a chamada sociedade civil.Para que logo digan que o bipartito non fai nada….