Hai desenlaces con menos suspense que unha serie policial de producción española. Non falo da brillante traxectoria da selección de Luís Aragonés e o seu firme compromiso coa historia mundialística, senón do debate do Estatuto Galego, aínda que os dous procesos teñen algo en común: todo o mundo sabe como van acabar, pero os implicados negan o evidente e os medios de comunicación argallan caceroladas, conxurados na misión de que non decaia o espectáculo.
Tamén na competición estatutaria houbo unhas previas máis ben desalentadoras. O PP, equipo clásico e grande sabedor de que non se tén por que matar moito para pasar, foi obediente á consigna de seguir co catenaccio e nada de aventuras. O PSdeG e o BNG, no seu papel de equipos animosos e pequenos, preparáronse por siascaso. Entón producíronse varias circunstancias non previstas. Unha, que Aznar deixou de ser presidente da Federación e en consecuencia, empezou a correr o aire. Dúas, que tamén a Federación catalana cambiou de mans e, como pasa sempre, quixeron facer o que non fixeron os anteriores. Tres, que as demais federacións territoriais puxéronse a correr detrás. E (sobre todo) catro, que aquí tamén pasou o que parecía imposible, despois de tanto tempo de rematar por fóra. En consecuencia todo o proceso pillou ó equipo clásico e grande co pe cambiado, e máis aínda cando os equipos pequenos e animosos presentaron unha proposta conxunta. Algo inédito porque, por un lado era exactamente o que lles pedía o PP (que sabe por experiencia que en política non hai como que os contrarios che pidan algo para que non llelo deas) e polo outro chocaba co argumento tranganillo de que se levaban fatal entre eles.
E por que se sabe que vai pasar?, preguntarán os que seguiron o fío deste proceso estatutario explicado ós seguidores do Mundial. Porque no fondo, uns por experiencia de goberno e outros por ganas atrasadas, máis ou menos todos están de acordo na análise das necesidades que debería resolver a reforma do Estatuto. O PP insiste en que ten a chave, pero tampouco quere ser como o que non solta o balón cando todos queren xogar. O PSOE non quere quedar como o que non consigue o que os seus lles deron a outros. O BNG está na posición do xogador ó que lle fixeron un penalti e non lle deixan tiralo (se o meten ben, e se non, foi pena). É o compromiso colectivo en manter o espectáculo o que provoca ese debate teoricamente a morte sobre como chamarlle a isto. Porque se todos coinciden en aspirar a todo, e se antes estabamos na Primeira Histórica e os compañeiros de liga reclaman ser División Nacional, e os que estaban en regional queren ser de Primeira, ou ascendes ou, se te quedas onde estabas, descendes.
O único que pode amolar o asunto é o comportamento dos que non xogan este partido. Dos que queren que aquí sexamos o último reducto do catenaccio e da España da Enciclopedia Álvarez e os que poden considerar que temos que dar menos dar a lata, que están moi ocupados co transcendental partido que teñen que librar no País Vasco. É decir, os que poden facer ese papel energúmeno da afición máis hortera e máis tópica do Mundial.
(LA OPINIÓN, xoves, 29 de xuño de 06)
Xa aclararon onte que o chapeu era propio dos papas e que xa está no famoso retrato de Xulio II
Si,si, e que lle chaman “camauro”. Saía en bastantes películas. O que queiran, pero revela unha certa querencia…
Cando o vin onte no Telediario, pensei que o Sr. Pereiro tiña algunha especie de don adivinatorio.
Polo menos faille xogo cos zapatos vermellos de Prada.
A min o que me da repelús é o argumento ese de que temos que ser nación para sermos de primeira división e non baixar de categoría (o vice dixit e repetiu ate o aburrimento, que parace que mesmo lle pon).
A ver se nos enteramos: aos que pensan que somos una bonita región sita en el noroeste o argumento nin lles vai nin lles ven, mentres que os que pensan/mos que somos unha nación porque si e punto, o tal argumento (penso) prodúcenos vergonza allea. Ou sexa, que a ver se espabilan e deixan os similes futbolisticos, que tal como están as cousas dan algo de yuyu.
Por certo, Sr. Pereiro, que mañán marcho para territorio comanche. Se quere fágolle de corresponsal rodante (que non volante). Total, vou e veño.
Una vez máis, eSedidió certeiro como un arqueiro koreano. Que poñan Nación ou Reserva de Nativos, pouco vai cambiar da idea que teñamos de nos mesmos ou da idea que os demáis teñan de nos. Ademáis, si agora resulta que non nos poñen como nación, menudo ridículo van a facer de cara a galería. Ousexa, que mellor falamos do Sergas, do precio do leite, e desas cousas que non viven só na retórica.
Eu penso que disimulariamos mellor como tipos resoltos e dispostos a facernos valer se nos chamamos dunha forma que doutra. Ainda que saibamos que a maioría do persoal o que quere é non molestar por aí adiante. Pero històiricamente foi así. GAlicia foi un invenbto da Xeración Nós que foi calando un pouco entre a sociedade, pero sobre todo fóra.
Gracias, Sr. Miguez, pero témomeme que debo ser como un arqueiro koreano con presbicia, polo mal que me explico. A min non me da igual como nos chamemos a nós mesmos, senón os argumentos que algúns utilizan para xustificalo.
PS Esta mañán entrei nesta e atopeime cun montón de post en finés. ¿Foi cousa miña, estaba vostede practicando ou foi un ataque en toda regra? Se foi o ultimo, parabéns: ten entrado no selecto clube das web que pagan a pena de seren atacadas.
Por certo, xa estou aquí en Boinolandia.Despois de 6 horas de camiño, teño que lle dar a razón ao sr. Miguez: con esto dos puntos, a xente vai como as tartarugas e a autovía está moito máis perigosa.
Non tema pola súa presbicia, eSedidió, que non é a súa puntería a que falla, senón a miña. Fun eu o que non me expliquei correctamente: non é a condición que se lle recoñeza á nosa terra o que me parece trivial, senon o debate que se monta na esfera política e xornalística. A cuestión, como moito, teríase zanxado nun mes, coa técnica globo sonda-os votantes non se poñen en contra-redactamos o artigo-morreu o conto-a outra cousa. Pero dame a impresión que para os políticos é bastante máis fácil botar un ano a debatir si Galicia é nación ou non, porque o resultado non vai ser tanxible, que (voltando ós meus exemplos) convetir o Sergas nunha organiación respetable sin ter que gastar todo canto haxa, ou lograr unha política agrícola que garanta que o leite sexa unha fonte de riqueza para os galegos; nestas cousas sí que se vai notar si os políticos son capaces de facer o seu traballo, así que mellor botar un ano a discutir sobre a corporeidade dos anxos ou a cuadratura do círculo, que sobre iso ninguén pode aportar máis que opinións.
Do das velocidades, supoño que tardará o día en que se recoñeza que un conductor capacitado pode escoller pola súa conta a qué velocidade circular por unha vía; pero entre as cousas recoñecidísimas como fontes de perigo na conducción, as distraccións (da conducción en si mesma) e a inseguridade son dúas, e unha regulamentación que está concebida para amedrentar ós conductores pode ser causa de ambas.
E me pregunto eu. Que gastos trae consigo eso de ser nación? É gratis? Perdemos algunha subvención? Eu cría que o que eramos, xa era unha potencia, ainda que os que aproveitan os nosos recursos coticen fóra. Será que sendo nación corremos o perigo de Evo-naionalizarnos?.
Alguén dixo…(copio e pego dun post)
“Primeiramente, penso que un debate sobre termos, sobre palabras, só tén senso se se centra no seu suposto significado.
Vexamos: existe, por unha parte, o concepto de “conxunto de persoas que, por diferentes razóns históricas, comparte unhas costumes, unha lingua e unha tradición que os une e, en certa maneira, os presenta particulares en relación ao resto” (chamemos a isto “concepto1”). Por outra parte, está o concepto de “colectivo de xente que se agrupa en torno a unha mesma institución de goberno de máximas competencias” (chamemos a isto “concepto2”).
Ben, está claro que concepto1 é diferente, en significado concepto2, penso eu. Por tanto, agora queda a cuestión de que nomes darlle a eses conceptos diferentes. E o certo é que, por história, por casualidade se se quere, o pobo, a xente, foi acuñando dous termos maioritarios: “nación” para o primeiro concepto e “estado” para o segundo.
Os motivos para demandar unha diferenciación dos dous conceptos no Estatuto son claros: protexer o dereito fundamental dunha “nación” (segundo a definición que dei máis arriba) a ser recoñecida como tal, porque só a través dese recoñecimento legal virán garantidos os dereitos dun indivíduo a expresarse na vida da maneira que lle resulta natural (na súa lingua natal, nas súas costumes, na súa cultura ou subcultura). Por iso, quizáis a raíz do debate está na cuestión de se éstes dereitos queren ser respetados ou non. As palabras (aquelas a incluir no Estatuto) son ferramentas para artellar unha realidade que todos compartimos.”
A ninguén lle debería molestar que certos dereitos (entre eles, o de expresarse segundo a cultura e lingua naturais) se recollesen formalmente. Trátase de respeto á condición de millóns de persoas.
Un pouco de xenerosidade,amigos.
As cousas que veño de ler son un resultado claro do autoodio.É coma se no momento no que Kunta Kinte (salvando as distancias)teimaba en non chamarse Tomi,os outros esclavos da plantación:
-Alporizábanse todos porque a expresión corporal de Kunta non lles parecía a adecuada nunha reivindicación dese tipo.
-Coidaban que Tomi non era o millor nome,pero total non pegaba a pena montar barullo porque os Kinte eran unha familia Mandinga de segunda.
-Sospeitaban que Kunta era un lerchán que montaba todo iso para papar máis touciño e traballar menos.
-Podían entender ao coitado de Kunta,pero que lles aproveitaba a eles tanta reivindicación fronte ao poder?
Pero bueno,non sigo,que non coñezo a psicoloxía colectiva dos Mandinga….
Comparar o auto-odio galego com Kunta Kinte e do melhor que lim ultimamente .
Eu penso que, sea o que sea, que se espabilen, porque como tarden moito, xa non vai haber galegos. Entre Canarias o mar e o estranxeiro (Madrí incluido)estamos quedando sin xente, e o final solo van estar os políticos debatendo, a ver que carallo somos, se somos…
Bueno, bueno… Suso Lista e Alfonso Pardo no chiringuito do Pereiro, que non da servido a tanto parroquiano. Como sempre, Alfonso, tan provocador co doautoodio, gha, gha, gha. Pero claro, aló foi o chapeu co símil kuntakintiano. Que, por suposto, roubo para plantalo no xardín de http://www.mividacomounchino.com
Como se fose un cruceiro, vamos (ou imos).
Reciban apertas rasgadas.
Oiga, Matías, un respeto. Furancho, chigre ou bochinche, si. Chiringuito xamais. Aproveito para felicitar a Alfonso Kinte polo símil (por certo, non lle interesaría un traballo de negro, con perdón?)
Meu Mao, acabo de perder un fermoso comentario para vostede. Resumindo, desculpe, que xa sabe que non tiña connotación negativa algunha. Preséntolle as miñas excusas.
Non presente nada, Matías, desculpe vostede porque perdín non os estribos, senón mesmo o xenete. E que o do chiringuito acordoume a praia.
Alégrome que lles gustase o meu conto galego-mandinga.O de facer de negro sempre pareceume o colmo da elegancia,e máis se temos en conta o que fan certos brancos.Claro que para traballar de negro non sei se darei a talla….
Gha, gha, gha…