Estou de vacacións e teño fundadas sospeitas de que as rematarei igual ou máis canso que ó comezo, o mesmo que case todo o mundo ataca a semana os luns máis esbandallado que a remata os venres. Polo menos se o resto dos días van ó ritmo destes primeiros.
Posiblemente sexa culpa miña por apuntarme á primeira tanda, dirán con tanta envexa como razón aqueles que aínda lles queda alomenos un mes de traballo antes de coller as súas. Non foi exactamente unha elección libre. Sempre fun devoto de setembro, por un lado porque fai vai menos calor e menos xente, e ó fin e ó cabo, xa vivo nun sitio que é destino vacacional para moitos. Desafortunadamente, tiña unha compañeira de traballo con máis antigüidade que tiña a mesma idea, e cando fun o máis antigo, xa tiña nenos (eu) e polo tanto estaba suxeito ó calendario escolar. Optei varios anos por agosto, pero vaias a onde vaias, atópaste no Planeta Nivea, apoxeo do abarrote playero, habitacional e circulatorio. Así que este ano decidinme por comezos de xullo, e nunca tal fixera.
En primeiro lugar, porque parte importante das vacacións son a súa preparación, tanto interna (acopio de material veraniego e deseño de estratexias ídem) como externa (avisar ó mundo das nosas intencións e das consecuencias que lle traerán). Con tantas presas, nin unha cousa nin outra. Chegas ós sitios sen eses elementos fundamentais como as bicicletas e as táboas esas surf que non son de surf, e tes que facer máis viaxes ó hipermercado para encher a despensa familiar dos que precisa Médicos Mundi para paliar unha catástrofe humanitaria. E por outra parte, como non fuches aproveitando os últimos días para ir rematando os traballos pendentes, ademais das toallas de praia cargas cuns deberes a medio facer. Como tampouco avisaches en tempo e forma de que te abrías, e os demais están a pleno ritmo, chóvenche encomendas e comenencias. As dúas últimas veces que soou o móbil tiven que rescatalo das mans conxugais, que a primeira vez propuxo enterralo na area e a segundo tentou arrebolarllo ás gaivotas. En realidade, cando se vai correndo que estás de vacacións, é peor, porque o persoal debe facer a seguinte reflexión: “como está de vacacións, de seguro que ten tempo”. E ademais, estás desarmado e sen a escusa de que estás moi ocupado para non poder asistir a todos os actos e festexos, privados e públicos, que inzan o verán en Galicia. “O ano pasado non puideches vir porque estabas non sei onde, pero este non terás outra, porque un día no traballo pídeo calquera”, razoan.
Así que aquí me teñen, dándolle a tecla en xullo e con agosto máis ocupado ca os Tonechos.
(LA OPINIÓN, xoves, 6 de xullo de 06)
Owned?
http://en.wikipedia.org/wiki/Owned
😛
Poseido, dominado, cargado coma un burro.
o que me fixo gracia foi ese guiño a algo tan extremadamente… friki?
Desde logo non son a mesma persoa seria e responsable que era despois da Edilberto experience.
Pois que as cancións do verán non lle dean moito a roncha e,malia todo,felices vacacións.
PD.Por certo,eu avisaría a Räikkönen-Míguez e a Pereiro-Hakkinen para que vaian máis a modo,non lles vaian poñer unha desas novas multas,teñan que vende_lo coche e rematen nese ecolóxico e rabudo vehículo que aparece na foto.
Vaia, eu que sempre fun admirador de Ari Vatanen(como piloto, como eurodiputado aínda non o sei)
Desfrute das vacacións canto poida, Sr. Pereiro, e déixelle facer á súa dona co movil, que parece ter un criterio formidable.
que pase vostede moi ben e volva mais canso do que foi, como facemos todos.
Moitas gracias polos seus desexos, pero soamente collo vacacións no traballo…
Pídolle perdón por trabucarme de piloto,señor Míguez.
No eido deportivo non o sei,non vou agachar agora a miña condición de autofóbico,pero na política confírmolle que Vatanen é un facha de moito grelo(para ser finlandés,claro,no Estado Español sería un político de centro) A tarefa máis salientable de Vatanen na política é a súa loita contra o aborto e contra os impostos.
E xa que falamos do Parlamento Europeo,lémbrolles que na Mesa os membros do Partido Popular votaron outravolta o outro día en contra da admisión das cartas en galego,vasco ou catalán.Deste xeito o PP ponse
-no plano teórico,en séculos bastante remotos,pois en Europa, xa no século XIX ,a idea de que para facer cousas elevadas era preciso usar unhas linguas e non outras vai perdendo forza de xeito irreversible.
-No plano práctico en décadas bastante remotas,pois promover as limitacións legais ó uso optativo do galego (“Usted,hábleme en cristiano)é algo que dende 1936 non aparecía na axenda de ningún movimento político dunha mínima representatividade.
En definitiva,a involución política do PP mete medo,e nun país onde os dereitos dos galegofalantes están tan limitados,paréceme escandaloso que os medios non esixiran un amplo debate público no que o PP “de Galicia” dera a súa versión dos feitos…..
Por certo,hai un galego do PP no Parlamento Europeo,o señor Varela.Coido que sería bo preguntarlle con moita educación se non lle parece bonito que os galegos poidan escribir ó Parlamento en galego,castelán,e tamén en máis de 20 linguas igualmente civilizadas.
daniel.varelasuances-carpegna@europarl.europa.eu