Empecei isto vai hoxe un ano. Por varias razóns, entre elas ter localizado o material opinativo que facía e levalo a máis público do que le a concreta prensa escrita. A maiores destas variantes da vaidade, isto comezou tamén como un intento ou autoescusa de trasladar o estilo blog á prensa escrita e así currar menos. Evidentemente, saíume o tiro pola culata, e incumprín unha das normas do decablog que Varela deixou dito unha vez, sen que logo poidese localizalo. Incumpro tamén outras como non visitar as leiras dos colegas tanto como debería e merecen, e de non ser tan aventureiro como fun á hora de descubrir máis cibermundos. Así podería actualizar e ampliar os links recomendados…
Tamén crebo outra regra que é mirar de máis as estatísticas. Van case 50.000 visitas, algunhas de lugares tan insólitos como Chipre, Estonia, Exipto, China e Irak (?), e gustame conxecturar quen será o asiduo que se conecta desde Trondheim (Noruega) e quen traballará nunha compañía de augas británica. Pero descubrin eso que nas clases de xornalismo chamaban feedback e logo mutou ó algo pretencioso e mutiaplicable concepto de interactividade. É decir, os comentantes habituais. A risco de esquecer algúns, desde o Subcomediante H, todonada, o ollodavaca ou Kate, que foron dos primeiros, a Alfonso Pardo e Bruñulf, dos máis novos. Desde o troll eSedidió (que resultou ser un ganapán que coñecía de vello), ó incansable Míguez, ou ó certeiro Mourullo (estaba a punto de convocar unha xornada monotemática sobre Quen é Mourullo? ata que opaco descubriu que non era un ser humano, senón un bot. A algúns, como a Pawley ou a torredebabel, coñecinos logo en persoa. A outros, ánzony , Suso Lista, xa os coñecía. Eles –vostedes-, el niño de la guía, Ghanito, Berto, Nemeth, o altibaixista Galeidoscopio, o atinado Willy Sifones, yeye, folerpa, e… dánme o mellor que pode ter un escribidor, respostas (1.630 ata hoxe), e téntanme a romper outra norma: facer unha quedada para expresarlles o meu recoñecemento. De momento, este post (o número 233) é o xeito de facelo, ós citados e sobre todo ós que non (que teñen abaixo o email de aludidos, ou neste caso, elididos).
——- Paren as máquinas.- Acabo de botar un ollo ó faiado, resulta que o cumpreanos non é hoxe 11 de xullo, senón que debeu ser o 9 de xuño, como me debería ter acordado porque estabamos en campaña electoral… iso pásame por fiarme das estatísticas…
Hummm… iso de troll non será un cumplido, non? En calquera caso, parabéns, alpabarda.
Parabéns polo primeiro ano, Vazquez marchou, non nos deixe vostede
Ghracias a ti por “desleitarnos” ca tua magnífica visión do invisible. E sighe así. Bicos e machetazos, je je
moitos parabéns ultramarinos! e non se sinta só que vostede traballa mais escribindo e nós lendo. E xa se sabe que mal de moitos…
O aniversario de sihomesi
11 de xullo? 9 de xuño? O periodista Xosé Manuel Pereiro fai reconto da súa experiencia neste primeiro ano como blogueiro.
Parabéns.
A todo isto, sabe vostede algo da “censura” da Voz a Ignacio Ramonet e Ramón Chao? E vostedes?
Non, pero a ver se me entero cando volva ó choio, que agora só entendo de toallas, protección 40 e eses apaixoantes asuntos.
Parabéns
… como os teclados, gha, gha, gha. Como eu fai anos que non o vexo (inauguración dunha autoestrada e, tempo antes, no Tralla material na beira do mar, dous pintorescos escenarios, por certo), antes de pisar a area pásese por Mi vida como un chino e bótelle un vistazo ao vídeo do post “Una, grande y china”. Éche ben coñeiro e seguro que lle fai gracia.
Errei: o título do post é “Un verano cara al sol”.
Algo nos dará, Sr. Pereiro, para que teimemos en voltar pola súa, un día sí e outro tamén. Siga así, si home si.
Parabéns sHs! Como ben retrucaban Chamantriste e Míguez somos unha parroquia,non sei se do tipo da aldea do meu pai ou tipo new age,desas que tan ben describe o xenial Houellbecq.(Inda que vostede non teña tanta guita como o Robertson,que non o sei)
Máis devoción ó apóstolo e a sHs
Sr. Pardo, decátase vostede que nesta leira somos os unicos que aparecemos co nome en branco e negro. E todo por non termos un blog, o que non deixa de ser un trato claramente discriminatorio. Eu tamén quero saír en coloríns.
Asdo. eSedidió (Presidente-fundador de CDPSB, Cidadáns Decentes Pero Sen Blog)
Parabéns meu benquerido si home si
A Bruñulf, xa que pasei, lin os dous e os dous son tan coñeros como adiantan os execelentes títulos.
Pardo: lamento ignorar quen é Robertson, pero estou disposto a apostar os cartos que non teño que son alomenos unha centésima parte menos rico ca el.
A Folerpa: perdón pola omisión.
Se eSedidió et altri: este xa é o seu blog, e queren facer post e todo, mándenmos que os enchufo (se non contradin a liña editorial, que nesas cousas eu sempre fun moi estricto)
Obrigado, Pereiro. E qué fermoso: “este xa é o seu blog”.
A todo isto, e citando aos clásicos, teño que recoñecer que eu vin dar aquí por recomendación de Alfonso Pardo, asiduo de Mi vida como un chino e ilustre comentarista. Como di miña nai, hai que repartir (polo de comprar nunha tenda e naquela outra, porque todos son veciños, etecé, etecé).
Sin perxuízo do que dí o Sr. Pereiro, estimado eSedidió, tamén pode poñer o seu nome en vermello co simple feito de escribir calquera cousa no campo URI, da identificación do comentarista. Sexa prudente co que escribe porque se vai ler ó poñer o punteiro sobre o seu flamante nome en vermello. Probe, probe (ou probe na miña, si prefiere non andar a enredar na do Sr. Pereiro).
hehe… non me dea ideas, Sr. Miguez, que coñezo un par de paxinas moi xugosas que farían poñerse colorado a belcebú…
En canto ao outro, moitas gracias, Sr. sHs, non esperaba menos, tendo en conta o agarimoso dos seus epitetos, pero deus lle da a cada un os seus dones. E xa ve: vostede saíu listo e eu ghuapo
felicitalo por estes lares que tan ben aviados mantén vostede:
parabéns
Sr eSedidió:decatárame,decatárame.Vostede sempre tan modesto.Non o comentei porque a min dábame vergoña iso de ser un ninguén virtual sen leiras,prado ou monte no ciberespacio.Agora temos que estar ledos xa que sHs estanos a acoller con tanta xenerosidade e podemos ser cibercaseiros.Vivan os CDPSB!
PD-Xa saben,a ver se o PP”de Galicia”manifesta o seu apoio a admisión polo Parlamento Europeo das cartas en galego,castelán e noutras 20 linguas igualmente civilizadas.Pregunten,pregunten…
daniel.varelasuances-carpegna@europarl.europa.eu
Un magnífico ano de trece meses, abofé que si. Eu de maior quero escribir coma você!
O alcume de altibaixista que se me atribúe, suponho que terá relación co burro esixido (que diria Arsenio Iglesias) do post anterior de anuncio das vacacións.
En canto à suposta censura da Voz da Franquícia sobre a que pregunta Matías Bruñulf, penso que non é mais que un simple desprazamento da cizanha manifestante.
Saúde e coidado coas do centenário e mais cos das pistolas na estrada.
parabéns, que saiba que no faro de vigo lemos en papel os seus posts en diferido dous días despois de lelos aquí, en rigoroso directo
Gracias polo aviso a Galeidoscopio, e polos parabéns a Willy, pero os post-post escritos no FARO non sempre son os mesmos post de aquí. De entrada, é un por semana, hai veces que son un mix de dous, nalgunha ocasión son inéditos, e como teño máis tempo para facelos, están retocados… Pero alégrome que se sinta bombardeado por terra, mar e aire
Moitos parabéns! Siga escribindo que o estarei vixiando de vez en cando (agora non teño moito tempo para comentar, por iso non aparezo moito por aquí, pero non o perdo de vista)