Discrepaba un tanto do que dixo Touriño de Óscar Pereiro, de que era un exemplo para os nenos. Un deportista, un músico, un actor poden ser estupendos e divinos no seu, e uns monstros como persoas. Mesmo os escritores (no que coincido con Chesterton, un dos meus literatos preferidos, é nos aspectos que menos me gustan da miña personalidade).
Empecei a discrepar menos desde que houbo a polémica sobre a súa camiseta (xa saben, se era un idiota que se puña as camisetas sen mirar para elas, ou era un deportista parvo por atreverse a manifestar opinións)
“El corredor gallego siempre se ha distinguido por su sencillez y modestia en las declaraciones y nunca había protagonizado ninguna polémica de ningún tipo, con lo que sorprende la prenda utilizada ayer durante su homenaje.
La cuestión queda en el aire: En plena guerra del Líbano, con una lluvía de misiles volando por todas partes, ¿Sería una estrategia comercial de la marca que patrocina a Pereiro? o bien, ¿Fue el propio Óscar el que eligió la camiseta consciente del mensaje que lanzaba?”
Agora, despois do rebumbio do seu posible ascenso como ganador, o contraste entre a súa actitude e o pensamento único mediático, discrepo aínda menos
mi madriña o de antena 3!! Os tópicos de novo. Aiiii, co que eu gosto dos chinchos.
E Chesterton, pois nada, que neso son eu o que coincido con vostede, é insuperable nesas tramas alucinantes. “O home que foi xoves” é a miña preferida, a algún dos relatos do Padre Brown.
Discrepancias fóra! Un 10 para Pereiro! Un tipo con dignidade neste mundo ruin.
As cousas non son o que eran.A dereita española máis radical,hoxe representada por Aznar, racha cunha longa tradición xudeofóbica e antiamericana.O que dan de si 10000 euros ó mes e unha foto mal enfocada. Pola súa banda os vellos progres por fin asimilaron a morte de Stalin e o seu réxime,pero agora seica teñen a Taricq Ramadan como referente. O mundo cambia e non sempre para millor.
Pois non entendo que cal é a mensaxe que Pereiro quixo lanzar máis lá de opoñerse á guerra. ¿Quen son os que non teñen que lanzar misiles? ¿Os Israelíes ou os do Partido de Deus? Supoño que os dous. Entón non lle vexo eu o “mollarse” por ningures.
E a ti, tampouco che entendo as conclusións que quitas do asunto “Agora, despois do rebumbio do seu posible ascenso como ganador, o contraste entre a súa actitude e o pensamento único mediático, discrepo aínda menos”
E xa que estamos, a ver si te explicas un pouco millor porque non entendo ren disto:”(no que coincido con Chesterton, un dos meus literatos preferidos, é nos aspectos que menos me gustan da miña personalidade).”
En canto ó primeiro: eu tampouco, pero é o que hai
En canto ó último:
Pódeche gustar a obra de alguén, e non che gustar alguén. Exemplo:
1.-Gustame a literatura de Chesterton
2.- Hai cousas do que Chesterton pensa que me gustan, e outras que non.
3.- As que me gustan, non me gusta moito que me gusten.
De todas formas, síntoo, o 28 de xullo non debeu ser dos meus mellores días.
Cada un ten as súas ideas e paréceme perfecto que haxa deportistas con algo dentro dos miolos. Expresar a túas ideas non é falta de humildade, senón de compromiso contigo mesmo aínda que iso te expoña á crítica. Eu prefiro un deportista con ideas, compártaas ou non, que un deportista light (si-bueno-no).