Non, eu tampouco sei o porqué desta saña incendiaria. E non é porque non me preocupe, nin porque non pase dous tercios do día facendo preguntas ou zafando de dar respostas sobre o asunto. E tamén, como a vostedes, me doe, por moito que debería ter o distanciamento que hai que ter sobre calquera materia profesional. Aféctame, e sigo sen entendelo.
(Vitor Mejuto, La Voz de Galicia)
Non me veñan co contexto. O de que o monte arde porque non ten valor, porque xa non se vive del, porque non se limpa. Eso explica por que arde, pero non por que lle prenden lume. Se tan desvalorizado está, para que molestarse en queimalo e correr o risco, por minúsculo que sexa, de que te collan e che dean un desgusto, por pequeno que poda ser. Quizais estou algo rabudo, pero tampouco me reciten a chea de posibles motivos: a especulación urbanística vale, pode ser que si en bastantes sitios, pero ¿no interior de Ourense? O de transformar plantacións arbóreas en pastos está moi ben como método agrícola no cráter do Ngorongoro, pero aquí máis ben son os prados os que se están convertindo en criadeiros de eucaliptos. As xenreiras e as vinganzas interveciñais, haberaas aquí como en todos lados, pero se esa é a causa de tanto lume, non sei como damos pasado o inverno aguantando as ganas de matarnos. Tampouco hai razóns para que aquí haxa máis psicópatas que noutros sitios. Os descoidos, as imprudencias, os foguetes, os cigarrillos pola ventá do coche, as botellas que fan de lupa, todos eses argumentos da propaganda institucional terán a súa cota de responsabilidade, e de feito, son os causantes da maioría dos lumes que se producen fóra de Galicia. Pero xa me explicarán como todas esas cousas pasan todas xuntas, hoxe en Pontevedra e mañá en Ourense.
Quero decir que si, que uns serán por unha cousa e outros por outra, pero tantos deben ser por algo. Non é que propoña unha teoría conspiratoria de que hai unha organización internacional ou supramunicipal tipo Spectra, que quere destruír o mundo e anda a facer prácticas aquí. Pero alguén lle debe sacar proveito dalgunha forma, porque nin o mal se fai tantas veces de balde. Máis ou menos o mesmo que cando se andaba ó cobre, que se roubaba porque o compraban. Non sei, é un supoñer. Tampouco dei sabido nunca que argumentaban os detidos por incendiarios, mesmo os condenados en firme, e mira que o teño preguntado en canto podo. Ó parecer, uns alegan unha cousa e outros outra, ademais da inocencia. En conclusión, soamente se debe dar pillado ós chaíñas. Así que, por favor, se está lendo esto alguén que realmente sabe que pasa (que se dedica ó do cobre, para entendernos) que mo diga, que calarei como unha tumba. Prefiro cargar toda a vida co peso dese segredo que aturar máis tempo non ter nin idea do que está pasando.
(LA OPINIÓN, mércores, 9 de agosto de 06)
Comparto o seu punto de vista. No medio de tanta negrura, o peor é non saber por que están a suceder estas cousas. A teoría da ministra tampouco me parece moi convincente.
Eu sigo pensando que é o noso carácter miserento o que fai que se queime algo que che dá a vida. O máis triste, que os políticos anden a botarse merda uns ós outros. O incrible, que non se pillen máis pirómanos. Se aparece un punto de lume cada tan pouco tempo, non podería ser esta unha boa función para o suposto Exército que vai vir axudar a vixiar o monte (que polo visto non están capacitados para apagar un lume. Pero se isto parece, salvaldo as distancias, Beirut!). En fin, a miña resposta é, como para o feísmo, por que só se dá aquí?
Seica este ano a explicación de moda é que son antigos membros de cuadrillas “despechados” por non seren contratados este ano. Unha mestura de desamor e protesta laboral. E a que di isto é a ministra de medio ambiente que supostamente debe ter máis datos que ninguén. Quedaría mellor se dixera, non temos nin puta idea de porque lle prenden lume ao monte.
Sr. Pereiro, unha vez máis, noraboa polo artigo.
Kate, non só se da aqui, en Portugal eche a mesma cousa, igual ou ate peor. Os porques de Pereiro tampouco os entendo eu. Si te fías do que che dicen un e outros, pois non che sei. Eu como xa vou para vello, ainda me lembro daquelas octavillas dos setenta e tantos que decian “gallegos, quien quema el monte? la upg”, agora dirixindo a loita contra o lume, un deles, “que cosas tiene la vida”. Lein ou escoite este dias que decian que eran os narcos para despistar e poder descargar con tranquilidade, aseguráronme onte pola noite un amigo que tuvo que escapar da aldea de ourense polos lumes que ali todo mundo sabe que son os contratados polo pp doutros anos e que agora estes non lles renovaron e xa se sabe, en fin, calquera teoría vale, pero Pereiro, non sei si coincides conmigo, e ti polo teu traballo debes de conocer moito mais ca min, que nesta nación o que realmente sobre e moita, pero que moita mala hostia e resentimentos varios e de todo tipo e todalas bandas, co cal, nada mais doado para ese personal cobarde que coller o chisqueiro, e a disfrutar. Un saudo.
Diante da incomprensión do que está a pasar, que eu tamén comparto, hai suxeitos que o teñen clarísimo.
Boas, aproveitando estes tempos de exaltación da “memoria histórica”… Pois… Ben se podía aproveitar para facer unha detallada descripción dos montes queimados, anotalo ben anotado… e esperar… cinco, dez anos… e ver que foi deses montes queimados… eu tampouco propoño unha teoría conspiratoria, pero son galego, e os tópicos din que son desconfiado…
Si, Álvarez, tamen hai azulexos por fóra das casas en Portugal, pero alí quédanlle moi ben e non son os restos que lle sobraron da plaqueta do baño… NOn sei, eu creo que é certo que temos un aquel que nos fai así de especiais, non?
Kate,que queres que che diga, por un lado si, por outro non tanto, porque si conoces algo Portugal, refírome as vellas fronteiras do antergo reino que chegaban e siguen chegando mentalmente tamen para eles hoxe en día ate o Mondego, a composición maioritaria do monte e similar a nosa (pinos e eucaliptos), descoñezo a propiedade dos montes (o que é un dato moi importante), a orografía é basicamente parecida o igual que a mentalidade-realidade dos paisanos abandono do campo, autoodio, aldeas como residendias de ancians, terras sen cultivar,..) Ate fai poucos anos sempre se poñia como exemplo o mal que o facían os nosos peperos gobernates comparado cos portugueses que con similares características non había apenas lumes. Pero xa sabes que desde fai uns anos, desgraciadamente xa se semellan a nos neste asunto (Portugal queimado totalmente e o Estado desbordado). Polo tanto, sen entrar nas explicacions dos porqués, que non os sei, algo iguales si somos.
Agora e sen cambiar de tema, veño de pasar uns días na Francia e volvin a pasar polas Landas, duas horas a 120 Km/horas sen salir dun puñetero piñeiral. Habera que mandar a algun paisano noso para que se anime e lle de brasa a tanta madeira?. Será esa a solución?. Un saudo.
Non sei (sabemos) quen, pero si sei (sabemos) por qué: fai calor e sopra o vento. E ven sendo así dende que eu teño memoria, e son case cincoenta… Definitivamente, algo non funciona. De todos os xeitos, cando esto pase alguén vai ter que explicar polo miúdo as críticas de falla de medios e desorganización que se fixeron frivolamente durante moitos anos.
Amigo alvarez: nas Landas os piñeirais non arden porque os paysans non os usan como caixa de aforros-bis para cando casa a filla.
O señor do puro nas corridas de toros de Pontevedra mais ese outro que con camisiña de marca e mangueiriña fai a foto apagando un lume apagado seguro que saben moutas cousas, de narcos , de inmobiliarias, do negocio de apagar o lume…Movilizamonos polo do Prestige , onde esta ese movemento, que estamos a esperar que se tinga de negro todo o noso pais !! ulos os intelectuais, os sindicatos, o BNG , os que se vestiron de branco pra saca-la foto ¿Que nos chogamos que esto lle e moi rendible electoralmente o PP?
Cada segundo vai medrando en min a idea de que detrás desta vaga de lumes hai unha man negra que quere desestabilizarnos: ó sistema político, a convivencia entre nos e ó goberno. É como unha falla tectónica que algúns queren abrir para meter medo e bloquear calquera avance.
Chiscan para extender-la desconfianza, o medo… o caos.
esedidio, si os propietario aqui os utilizan como ti dis, eu e a miña familia somos do chamado rural vigues e aqui o monte o único que da é gasto e solo gasto porque ate te cobran por cortar e levarte os pinos ou eucaliptos, pero si no resto da nación é coma ti dis, porque o queiman, ou igual, porque deixan que os seus veciños o queimen??. Nesta terra na que todo o mundo se coñece, onde o territorio esta mais controlado que o exercito de Sadam polo Pentágono, si o monte ten ese valor, porque arde?.Meu, perdona pero non me cadra, como por outro lado tantos cousas nosas….
Unha cousa son as causas dos incendios, claro, e outra moi distinta a causa do espectacular aumento en número e perigo. Eu dou cada día máis crédito ao das cuadrillas “despechadas”, ao mellor non coma interesados últimos pero si coma instrumento moi axeitado e que antes non había.
Eu son pesimista. E vótolles (vótonos) a culpa aos galegos, ao noso carácter. Temos culpa de destragar todo canto tocamos (ata agora non tiñamos medios, pero agora…), e creo que Galicia é bonita a pesar de nós.
Isto paréceme moito pior que dez “Prestige”. E facémolo nós.
Ben, insisto e con menos reviravoltas, ¿a quen lle aproveita o crime?
(Por riba, trincan a un dunha cuadrilla, e era dos contratados
por saber galego, claroe non dos despechados por non sabelo)Non vou ser (por unha vez) tan audazmente idiota de poñerme a explicar cales son as razóns polas que pasa o que pasa. A miña opinión é que “entre todos la mataron y ella sola se murió”. Agora ben, no referente ao que di o amigo Alvarez de que o monte custa, é verdade en moitos casos. Pero en moitos outros o malo é precisamente eso, que non custa. Resulta relativamente sinxelo facer una estimación da superficie de monte que está “a monte”, ou sexa, que o proietario limítase a pagar o catastro ou ás veces nin iso. Botando un número rápido, eu diría que, nas Rías Baixas por exemplo, descontando os montes veciñais en man común, máis dun 15% da superficie de monte é de propietario descoñecido, e como mínimo outro tanto está nunha situación de abandono na práctica: os propietarios non só non van senón nin siquera saben con exactitude onde están as súas tenzas de monte. Os abós coidaban do seu monte e lle tiraban proveito, os fillos sabían onde estaba pero dedicaronse a outra cousa e os netos limitáronse a herdar unhas partillas que nin foron visitar, a non ser que serviran para solares. Xa sei que estou simplificando e xeneralizando, pero o que digo vai a misa.
As cousas cambiarán (algo) o día que alguén colla o touro polos cornos, se poña serio e lles aprete as clavixas vía impostos descomunais aos que teñen as “súas” terras improdutivas. Claro que o que faga iso ten asegurado perder as eleccións durante unha xeneración, porque, ao fin e ao cabo, neste país todo dios é propietario rural, e así nos vai.
E agora xa poden comezar co pim-pam-pum: total, os trolls non sentimos a dor coma os humáns.
Pereiro, saber todos sabemos a quen lle aproveita o lume e os 1º directos son os que viven dos 70 millons de euros para apagalo. Pero non por iso son os que o prenden.Xa sabes, a demagoxia só as veces e en pequenas dosis porque si non diriamos que a policia vive do delito e enton son eles os primeiros delincuentes (e aqui me paro non vaia a decir o que me ven a cabesiña).
Esedidió, quedaste moi, pero que moi corto co do 15%, e “o outro tanto” de abandono na ria de Vigo creo que entre os dous chegan o 100%.¿pero home, quen carallo de propietario (non así os comuneiros) vive do monte ou sacalle algun rendimento, ainda que fose 1 euro o ano, as leiras que ten a monte nesta ría?.
Logo para o teu coñecemento te informo que no mesmo Vigo non se paga nada polas fincas rusticas.Un saudo.
Non é demagoxia, é ignorancia, quizais atrevida. Non me cabe na cabeza que un fenómeno tan masivo suceda porque si, porque está de dios ou somos malos e non queremos este pais, etc. completamente impermeable á economía. Os que están facendo isto están facendo un traballo, quizais máis livián que o de camareiro, e mellor pagado, pero un traballo. E alguén ten que correr co gasto das nóminas. Tamén se non houbera narcotráfico non habería postos de traballo nas brigadas de estupefacientes, algunhas axencias de publicidade facturarían menos, e algùns conferenciantes e altos cargos teríanse que facer especialistas noutra cousa, pero si hai quen saca un considerable beneficio dese fenómeno, mesmo de que ese fenómeno sexa ilegal.
sihomesi, non concordo contigo no dos salarios, meu. Gostaríame que fose asi de simple: alguen ou alguns que pagan. Enton sería moi doado o atopalos porque os cartos enriba da mesa traen tantos moscons como a merda. Mira, aqui en este Vigo no que tanta mala hostia hai, algo conocemos da manipulación das persoas e dos premios os brazos armados. Empacadora de Teis. Membros do grapo, pcerres, os daquela fpg, peperos de base, e moitos veciños coma ti e coma eu, puxeron a Principe e a Castrillo en xaque amenazando e golpearon nas portas das suas casas a suas familias, queimaron vitrasas, contenedores, enfrentáronse coa policia e o mellor de todo, crean unha corrente de opinión entre os traballadores e a xente dos barrios populares como que este hijosdeputa del bloque y del psoe nos quieren hundir, crearon ate un partido “teis noiseique” e os seus dirixentes acabaron traballando no Porto e adelaños ganando unha boa pasta, colocados por a banda do Sr. Rajoy. No momento da loita estaban pagados? Non, eran catro con tempo libre.
O odio, o resentimento furibundo con razon ou sin ela, meu, iso si que move montañas, neste caso, queimará esta nación arbolada de eucaliptos. Logo alguns, os mais listos, os que non os colleran, xa cobraran, non te preocupes. Que o disfruten.
Vexan, se non viron
Esquecía… se algún de vostedes é propietario rural de montes (os de vigo non contan, Sr. alvarez, que iso nin é rural nin é ná… temos ata fungos mutantes en balaidos, Calderón dixit…) faga a proba de tentar localizar as tenzas na cartografía do catastro (http://ovc.catastro.meh.es/). Se lles coinciden as parcelas reais coas que saen alí, avisen e prometo deixar de fumar.
Sr. Pereiro, o verso de Curros empezaba con “no xardín unha noite sentada”. De nada. E moi fluido o seu italiano
Aquela ledicia suicida dos que cando o Prestige frotaron as máns sabendo que da súa condición de victimas da marea negra poderían sacar proveito económico é comparable a ledicia dos que ven no seu monte queimado a posibilidade de apañar algunha subvención. Nesta terra o victimismo estase a converter nun xeito de vida
chamantriste diches no cravo do que estes dias cando escoito insistir o mariano and company no das axudas, e imaxinandome que estes parviños acabaran tragando con semellante tonteria para non ser menos, si se confirma, o de este ano non sera nada co que viran nos proximos anos, como me decia onte un veciño, “machiño, non dijas tonterias que o que non queime as leiras de monte, quedaxe sin suvension, e ainda por encima de parvo” e claro tuven que calarme a boca por que o fillo da señora Remedios non lle falta rason….
O que está a pasar este ano é consecuencia de múltiples factores. Sabemos que non é novo. Temos a memoria fráxil pero houbo outros anos con máis incendios e máis devastadores. Eu acordo un ano especialmente dramático como o 2000, por exemplo.
http://www.incendiosforestales.org/estadisticas.asp
Xa se ten dito que a novidade este ano é que xa morreron 4 persoas non relacionadas directamente cas tarefas de extinción e que os lumes chegan con moita frecuencia ás casas e mesmo ás cidades. Búscanse oscuras tramas políticas, cousa que xa se fixo tamén nos tempos en que gobernaba o PP. Expresións como “terrorismo medioambiental” non son de agora e xa se escoitaban nos anos oitenta e durante os 16 de gobernos de Fraga.
As motivacións dos incendiarios son por forza variadas. Existen algúns estudios de anos anteriores a nivel estatal que, con variacións, poderían servir para o caso particular de Galicia.
http://www.incendiosforestales.org/motivaciones.asp
Eu non desexo caer en loitas partidistas pero entendo que este ano se fixeron as cousas tarde e mal e se cometeron moitos erros. Esto non significa que as políticas desenvolvidas polos gobernos do PP fosen axeitadas, que foron moi malas.
Dito esto, expresións como as do impresentable presidente da Deputación de Pontevedra, Sr. Louzán que veu dicir máis ou menos que ‘con nos os incendios non se extendían porque había unha rede de alerta e resposta rápida o que permitía apagalos dedicando menos persoal e medios e ter unha mayor movilidade para atallar os novos focos que se producen por centos con estas condicións de sequía e vento nordés’.
Algo de certo debe haber nesto. Temos algúns datos obxectivos que terán que explicar os responsables políticos.
Hai un enfrentamento aberto entre a Xunta e moitos dos concellos gobernados polo PP ademais das Deputacións. Centralizouse a xestión dos medios para combatir o lume (contratacións de brigadas, por exemplo) que antes eran maiormente responsabilidade dos concellos. As propias contratacións feitas pola consellería de Medio Rural xeneraron moitos conflictos. Para mostra a manifestación do 25 de xullo en Santiago e as protestas caseque diarias dos brigadistas ese mes de xullo diante da delegación en Pontevedra. Estes enfrentamentos dende logo non axudaron.
Por outra banda existen outros datos obxectivos que poden dar unha idea de improvisación e mal facer:
O plan INFOGA presentouse con varios meses de retraso no mes de xuño.
O contrato co exército que evitará centos de incendios en anos anteriores e que tiña un custo de uns 250000 euros, cancelouse por non ter presuposto según dixeron. Eu pregúntome canto costa cada día unha avioneta das que fixo falta botar man estes días.
Por culpa duns ou outros os concellos da zona de Santiago quedaron con 8 brigadas de extinción menos dende finais de xullo.
A zona do Barbanza estaba sin xefe de distrito a mediados do mes de xullo. A motobomba do retén de Santa Comba só ten un conductor. Tamén escoitei que, por exemplo, o concello de Betanzos con 179 Has ten os mesmos medios para prevención e extinción que Aranga con 1569 Has.
Outro dato obxectivo é que nin o goberno galego nin o central puxeron en marcha o sistema de alerta e axuda que ten a UE hasta o mércores. E iso porque o comisario europeo de ramo fixo declaracións dicindo que estaban dispostos para envialos no mismo día.
En fin, son datos que fun recollendo durante estes días. As condicións climatolóxicas están sendo moi difíciles e nestas emerxencias sempre son inevitables erros e improvisacións pero penso que se desmantelou bastante o que había sen ter un plan debidamente estudiado e con tempo para que funcione con eficacia.
Son pouco optimista respecto de que se aprenda e se milloren as cousas. Para atacar o problema habería que empenzar por comprendelo e penso que non hai unha idea global para afrontalo ou si a hai tería demasiado costo político e non se está disposto a facelo. Para empezar habería que entender que a xestión do monte non pode estar en mans de milleiros de comunidades de montes que fan cada un o que lles parece, incumplindo as leis estatais e autonómicas.
Penso que xa falei de abondo. Eu tampoco teño as solucións pero non estou disposto a que me calen a boca con tramas políticas terroristas e outras lerias dese estilo.
Cada pao que aguante a súa vela. O fraguismo foi nefasto para o campo galego, os responsables actuais teñen fracasado estrepitosamente no seu primeiro ano na loita contra unha lacra endémica e ben previsible.
Como di o actual presidente da Xunta, Sr. Touriño quizais só nos quede a “serenidade activa”
E chegados a este punto o papelón que nos espera é de mil pares, porque se non hai subvencións aquí vaise montar unha de moito pendello, e se as hai non quero nin pensar como vai ser o verán do ano que vén. Aínda me lembro de un de Muxía, cando o do Prestige que boureaba: ¡que Nunca Máis nin que carallo, ¡outro máis!. E como se dispararon as vendas de pleiesteixóns e aperos para o tuning por aquela bisbarra.
Foi ler o primeiro parágrafo e lembrar
Debería haber xentes na Xunta que algo dixeran sobre todo esto, algo con sentido.
Para min está claro que é o mosquerío caciquil e por múltiples motivos, algúns simplemente por facer mal, outros pensando en recompensas reais ou imaxinarias. A malaostia e a miseria moral moven montañas.
Por outra parte non creo que sexamos peores ca ninguién pero complicados si que somos, e retorcidos, e testáns.
No personal o lume claro que doe e desacouga, xera malaostia. Eu e moitos para ganar o pan non podemos estar aferruxados e de mala hostia e gran parte do país miraremos para diante e esqueceremos, porque se non non se pode vivir, espero que non se tome esto como unha traición ou un “non me importa”, é simplesmente que hai que vivir.
Agora si, os políticos e os técnicos deberían traballar sen descanso ata teren ben analizadiño o problema, que é moi serio e se non se lle pon remedio recuncaremos.
Foi horrible a semana de fume en Vigo, eu ando moito, vou a todas partes a patas e era moi duro, unha sensación incrible de desacoudo, como vivir no mais extraño dos mundos.
Poucasluces diríate que probablemente sexan certos os datos que recolliches e de seguro que houbo moitos mais casos dos que non nos enteramos. Polo pouco que sei, realmente non sei nada porque nin fun nin serei (é un supoñer) responsable politico, pero polo meu traballo (iso si dende fora) sei como funciona certos aparellos burocráticos institucionais e, si xa de por si son unha catastrofe ¡¡¡e que catastrofe, non che digo nada se ainda por riba os tes en contra, como ti mesmo das a entender. Os concellos en xeral son do pp-psoe e a conselleria do bng, co cal as informacións non son de fiar, eu polo menos ni de uns nin de outros. Cuidado con eses datos porque os que vimos o debate en televigo na que a periodista negaba reiteradamente que a conselleria do rural non daba partes desde fai unha semana, cando un do bloque ensinaballe o dese mesmo día, ou nese mesmo debate no que o hijoputa que montou toda a bronca non medios españois co do gallego e resulta que en directo e polas suas propias verbas resultou que xa levaba varios dias traballando no servico de extinción e que o que foi e que non lle deran a plaza no ferrol del caudillo e si en Lalin pero claro meu, ali el non queria ir, pois machiño deume unha carraxe que dúrame ate hoxe. Con castrons como ese fulano, porque nin jichiño é, imos de cu e as noticias xa se sabe, as difunde e as vota o vento moito intosicador, sen por su posto negalas e deseguro que serian mais o fallos. En canto os traballadores, vente pa vigo rapas, e veras como se acabo el mundo para os bombeiros e policia municipal da CIG, cando Castrillo y se arreglo el mundo cando subiu aquel salvador de la patria e logo coa Porro, xa nin de digo, en el mejor de los mundos posibles. Se ti non crees nas leiras de tramas terroristas, eres moi libre, pero os de Pontevedra e parece que ser os de Santiago, co lume rodeando materialmente os concellos con multiples conatos, plantando no aeroporto, na autopista, nas estradas, e iso o vin eu cos meus propios ollos, neno, pois sera como din os do pp, “cosa de todos los años, no es paratando”. O mellor compartes a nova estratexia de desinformación de eses señores, que por outro lado, estan no seu dereito, ainda hai moitos que lle fan caso.
Eu, o que penso é que Galiza achanta no Prestige forestal
Absolutamente de acordo no fondo e no tono do Sr. PoucasLuces. A min mosquéame que se boten cortiñas de fume falando de terrorismo (sexamos algo máis serios), estratexias organizadas e nonseiquemais monsergas para achantar a frivolidade e a desorganización, cando non a incompetencia. Xa abonda, por moito que sexan os “nosos” os que están (estiveron) a meter a zoca. Agora solo falla que acusen aos críticos de estarmos ao servizo do PP. Pois vai ser que non.
E agora, qué? van usar os meus cartos para darlles axudas aos que tiñan o monte cheo de merda? Ou para os que tiñan plantados piñeiros, eucaliptos ou carballos, tanto me ten, ocupando terras de cultivo? Ou para os que os tiñan a 10 metros das casas? Ou para os que tiñan a casa no medio do monte, aproveitando que neste pais tododios fai a casa onde lle sae do estrambote?
Cando menos, outra vez a gastar o orzamento de medio rural en pagar compensacións a propietarios forestais, e mentres tanto os sectores produtivos a perder competitividade. Merda de país.
Menos mal que aínda queda algo de sentidiño no movemento cidadá galego. Verdegaia é a excepción que confirma a regra.
A min os críticos como si som ou estan o servicio da falange española. Será porque unha das mortas é coñecida e estou ofuscado e cabreado pero, tranquilos, xa o sei,esesidió, non é serio falar de terrorismo cando hai inocentes mortos porque, volvin a esquecerme, o que pasou estos días, como decia o de xovenes agricultores na tvg, foi o de todos os anos.Os terroristas se non fan comunicados e salen con capuchas pois non os ahi. No dicionario castellano di “sucesion de actos de violencia ejecutados para infundir terror”. As pobres da mulleres, esqueciame, morreron de risa. O medo dos meus fillos cando fumos o domingo a Santiago foi porque viron a Quintana intosicando como esa peregrina idea. E claro, tranquilos, xa tiñamos o acojonante e maravilloso sistema anterior que, claro, funcionaba de maravilla, porque estes (que meus non son) son uns incompetentes e o desmantelaron. A autopista cortada todoslos días é algo normal, a estratexia de ataque un invento (claro, hai que ser serios),o prender perto dos aeroportos o mesmo e cercar as cidades o de sempre,o informar tódolos dias unha estratexia destes bloqueiros para que parezca mais do que foi, pois claro, con estes incompetentes, puxose peor, é asi, non, verdegaia e amigos?. O rollo é que o que manda sempre o fai mal, e si son os que me expulsaron do partido, pois peor de peor.
Eu tamén estaba un pouco cabreado e ofuscado onte á noite, Sr. Alvarez; de alí que se colara algunha que outra gilipollez. Sen embargo, non baixo da burra nin chisco. Eu acreditarei na teoría da conxura e a trama terrorista no momento que se me facilite o menor indicio non circunstancial. Namentras seguirei a flipar vendo cos meus olliños, por exemplo, cando ardía a costa da morte e non se podía chegar a camariñas por estrada, como nun concello moi proximo, soprando nordés a todo meter, seguían botando foguetes nas festas patronais.
eSedidió, perdoe pero a o de gilipolleces de seguro que gañolle eu por goleada. E non baixe de burra pero eu nunca falei de conxura nin trama, so de terrorismo e agora engado unha expresión que lle escoitei a o dous da vicepresidencia, un da Ser, mangañon coma eu e do que non me lembro o nome, o paisano dixo “ataque enemigo” porque llo explicou un xeneral, e si, ¡que medo decir isto! concordo co militar e concordo con Quintana que falaba de ataque terrorista, si concordo e como vostede o da trama e da conxura pareceme excesivo. Eu, que so vin o debate do que xa falei, a entrevista co jicho anterior e outra con Canal e un anaco doutra con Quintana, a ningún lle escoite eses términos que vostede utiliza pero si o dixeron, non concordo con eles. Sempre lles escoitei remitirse o Ministerio de Interior, e esos si, decir que eran intencionados e con unha clara metodoloxia diferente a outros anos e si estou de acordo. Terroristas o son porque atacaron a inocentes (digo eu que os que viven perto do monte o son ¿ou non? e os que andamos pola carretera o mesmo)e a vías de comunicación e infraestructuras buscando o maior dano posible. Que como individuos sexan amas de casa ou xubilados, tanto me ten. Que actuen individualmente, o mais seguro que si, que o diga a policia en todo caso. Os que collan non serán os que andan cos aparatos incendiarios nin os que perpretaron o ataque, a eses non lles miraremos o pelo, eses son profesionales según o dito polos tamen profesionales do asunto.
A estratexia da oposición cos acolitos esquerdosos de sempre, vexe claramanente, é decir que foi o de tódolos anos e tornou a peor por culpa do goberno. Por sorte aqui si hai libertade e cada un que crea o que queira creer. Amen.
Din que a ignorancia é atrevida.Pero a miña falta de coñecimentos nin para atrevimentos me dá.Iso si,o artigo de poucasluces fíxome aprender cousas novas e os de eSedidió parecéronme moi auténticos(coma sempre).
Botando unha ollada ás ringleiras da dereita(ou extrema dereita)haberá que darlle os parabéns ó asesor de imaxe de Rajoy.Este ano decidiu non ir a ese ameno baile do casino pontevedrés.E como guinda, Rajoy e outros prebostes decidiron non seguir a liña do xornal populista-fascista madrileño e non estableceu unha relación causal entre o lume e a existencia académica dunha lingua minoritaria.
O millor de todo é que chove.Galiza ten as súas cousas,mais chover, chove ben.
Non se esquezan do viño (branco, tinto, clarete…)