Non sei ata que punto é unha apreciación subxectiva, dáme que hai unha chea de xente tendo pequenos/as ou inmersos no proceso. Que hai un certo baby boom, con permiso dos demógrafos. Con permiso dos economistas, quizais sexa pola obviedade de que nunca os nenos foron un ben tan escaso, e polo tanto valorado. E co permiso dos sociólogos, quizais se deba a que unha parte importante da sociedade, a máis influenciable polos ires e vires do entorno, se sinta máis relaxada desde que non parece obrigatorio terse que reproducir.
Sobre o primeiro aserto, o do repunte da natalidade, números haberá que me dean a razón ou non (e se ma dan, aquí non penso que contribúan moito os inmigrantes) pero saquen papel e lapis ou aproveiten unha servilleta e pídanlle un boli ó camareiro, e fagan unha lista de amigos e coñecidos embarcados na reproducción ou recén chegados a porto/parto. Xa verán como teñen que coller outra servilleta. Sobre o segundo, a cotización á alza dos infantes, non me apeo do dito por moito que me abrasen a datos, estatísticas e táboas input-output que demostren o contrario. Antes os fillos tiñan un forte componente económico, porque eran brazos para traballar, pero tamén bocas que manter, e as fillas moito máis do segundo que do primeiro. Agora teñen máis gastos de mantemento ca un coche de alta gama, e hai moita xente que vive dos pais, pero case ningunha que confíe en que vai poder vivir logo dos fillos. Así e todo, son un elemento cotizado, ignoro por qué. Vese na actitude dos presentes nunha maternidade, nas sutís relacións de xerarquía ou posición que se dan nese ecosistema especializado na continuación da especie. Os sinais convencionais de posición económica ou social están como desactivados. O escalafón está en relación directa ó avance do embarazo. As portadoras dun bombo terminal, sufridas e dignas, son as raíñas dese mundo, por riba das embarazadas a medias (a medias para entendernos) e desde logo das que non o están ou non se lles nota. As emperatrices son as que abandonan o lugar portando orgullosas o cachorro, mentres o elemento masculino da especie carrexa bolsas e ramos de flores.
A pirámide natalicia-social non remata aí. A maiores hai unha serie de parámetros que se encargan de difundir, confrontar e clasificar, igual que a puntuación na ximnasia rítmica, os satélites que xiran arredor dese fenómeno: avós/as, tíos/as e amizades/os/as. Parámetros como a rapidez, a levidade ou a gravidade do proceso. O peso, a galanura e o comportamento do resultado. O debate case teolóxico do carácter que parece que apunta, de quen o herdou e, desde logo a quen se parece e a quen lle debe cada cousa. Eu poderíalles contar o meu, igual que se conta a mili, pero curiosamente o asunto foi tan rápido que primeiro me mandaron poñer un pixama e logo esqueceron avisarme.
(LA OPINIÓN xoves, 31 de agosto de 06)
Nepotismo ilustrado, señor Pereiro, curmán de meu pai pola parte da Terra Brava.
Madia leva! da Terra Brava é a miña familia toda. Da xente de Bermún, supoño.
Sinto disentir en materia tan sensible, Sr. SiPaiSi, pero témome que a superabundancia de preñeces a que fai vostede referencia non é máis ca outra manifestación do coñecido principio do Magnetismo Peripatético, que di, por se vostede aínda non o coñece, que
s portadores de bebés, @s afectad
s por enfermidades vergoñentas e os lumes forestais tenden a discorrer polos mesmos circuitos (non todos polo mesmo, senón cada un polo seu). Proba evidente do que digo é que vai vostede ver desaparecer como por ensalmo as preñadas que ata agora vía por doquier, para seren substituídas por carriños de bebé, milleiros deles. Xa nos contará.Por certo, estea vostede atento ás tecnoloxías emerxentes niso do transporte de infantes. Vai flipar.
Ah, e moi bonito o lorchiño. E moi tranquilo. Non se lle parece nada
No do magnetismo, algo recordo de cando tiña un 124. En canto ó outro, tododios asegura que é cuspidiño a min. Mesmo unha señora que me entrou cando o tiña no colo (eu) na rúa Fernández Latorre, e iso que estaba coas gafas de sol (tamén eu).
ten toda a razón,sr. esedidió, o asunto é como cando os yonquis, que os pobriños pensaban que todo o mundo andaba no jaco. Consello de gratis para sihomesi, non sei cantos pequerrechos teñen pero non pasen do bonito número dous, porque si supera esa cifra empezará a comenzar de verdade a saber o que son as dificultades e a sentirse un becho raro. Salvo que ingrese na secta opusina, que polo que sei de boa tinta, son felices, o teñen todo arranxado a nivel familiar e demais, e van pra o ceo, que a estas edades e algo a valorar. Noraboa.
Tarde piou, Álvarez
Antes deciase ¡Dios cho paghe con moitos fillos! ahora dise ¡Dios cho paghe con moitos intentos!.Pois eso, ahora que xa os tes, a intentalo sin telos, seghido.
Aprezado Mourullo: Pereiros quedamos poucos.
Comment by sihomesi — 4 August, 2005 @ 6:42 pm
Non será por vostede
xa se sabe que cando un quebra un brazo, decatase de que milleiros de persoas van pola rua cos brazos quebrados. E cando merca un coche, todos semellan ter o mesmo (bueno, sempre que non sexa unha Ferrari Testa Rosa ou como carallo se escriba). Cando estaba eu embarazada, descubrin que moitísimas mulleres ao arrededor tamén o estaban. Pero coido que tiña mais que ver coa miña mirada de entón que con un baby boom. Parabens!! Lois é certamente fermoso!
unha curiosidade antropoloxica. ¿negocionaron coa familia directa (pais-sogros-tios) o de aumentar a prole? Porque a nos deronnos un ultimatun directo e sen reviravoltas:”si tedes mais fillos vaivos a axudar dios bendito”. Co cal, lamentable-afortunadamente, rematou a produción de felicidade-angustia total, porque ou son uns potentados (dioloqueira por vostedes) o un incoscentes-felizes marxinados socias, asunto este que nos non tuvemos o valor de practicar e quedámonos con tres churumbeles.
Animo e a flipar.
Pois eu tamén terei ese síndrome de percepción Baby Boom, pois desque tiven a miña nena fai dou meses, e ainda antes, non fago máis que ver embarazadas e cochecitos polas rúas. Pero, xa que estamos, aproveito para insistir na causa dos homes que queremos exercer como pais en igualdade de condicións coas nais. Xa sei que ten a súa polémica, pero penso que non ven mal falar de: Permiso de paternidade ::: Homes víctimas do machismo
Desconhezo se estes de agora esixen adxuntar o certificado de galego ao de proxenitura e se o Lois (semelha ser o nome) poderá escolarizarse en galego. No entanto, seria boa cousa para o seu adestramento vital que conhecera en persoa bamboleante ao Grande Pai (da pátria galaica) que, coa sua admonición sobre as cabezas e os leitos das parelhas heterosexuais fértiles, escorrentou o meigalho do estancamento demográfico.
Moitos bicos para o pequeno Lois e non se esqueza dos aloumiños á nai do cachorriño, que o das nais ten un mérito de carallo
É subxectivo, non o dude. Pásanos a todos.
Que durma ben e moito, polo dagora, o pequeno Lois.
Leo divertido o artigo e os comentarios.
¡¡¡Noraboa pai Temos outro Lois Pereiro na familia.
Vostede xa non é culpable do estancamento demográfico, se é que o hai. Outravolta noraboa e que sexa con ben.
Non estaba seguro de se o cativo tivéralo agora ou a foto era anterior. Pois claro que si, home si: Noraboa!! Non hai cousa mellor.
Sustitúe ós libros, á videoconsola, ós partidos da liga, ós amigos, ó sono. Sustitúe tantas cousas e lévache tanto tempo do que antes tirabas por que sí… Mais, enche todo e esqueces todo o demáis. É realmente valioso, máis que un tesouro. Deberían cotizar nalgures. Noraboa.
He he, que guedelludo é. Noraboa de novo, Sr. Pereiro, por manter alta a natalidade. (¿Ou debo dicir gracias?)
Renovo os agradecementos (e, Sr. Míguez, deberían dar as gracias todos os que queiran cobrar as pensións de vellos)
Bueno, eu non teño tanta fe na sociedade do bienestar, pero por si chego a vello, e dependo en algo da xeneración do seu cativiño, sexan as gracias dadas por adiantado.
(O puzzle non encaixa por Bermún, senón por Reádigos. Sonlle neto da Dominica, tocaio do seu avó e un fidalguiño)
Se pode ser, déalle a benvida ao mundo a Lois da miña parte. 1000 primaveras máis.
E falando de lugares de montes, non estiveches un tempo polo da Zapateira ou Elviña?
O de Elviña é o outro fillo de meu pai
Pois nada, pois acó me tés (tedes).
Gústame moito o nome. Parabéns.
Non o vin polo Festival Terra Brava deste ano, Sr. SHS, e iso que dende o palco tiña unha vista privilexiada.
Parabéns e lonha vida.
Non fun precisamente por estoutro asunto que nos ocupa.
Reproducirse é fácil se sabes como (I)
Primeira parte: Introdución e contexto histórico
Pereiro ten razón, hai un baby boom. Polo menos á nosa escala.
Os xornais non deixan de sinalar que Galicia ten unha das taxas de natalidade máis baixas do estado e que a este paso aquí só quedamo…