Anda Bieito XVI todo preocupado polas consecuencias das súas declaracións sobre o islam. E máis preocupada aínda ca el anda a cristiandade que exerce en países onde impera a relixión vilipendiada e que nalgúns casos está no punto de mira (no senso estricto de punto de mira). Aínda que non lle sirva de nada, nin a el nin ós apuntados, penso que Ratzinger-BXVI ten razón no que dixo, pero non no que calou. Exactamente igual que os manifestantes de SOS Contra o Lume.
O Papa BXVI ten razón – ou tíñaa aquel emperador bizantino de quen sacou a cita de marras – ó criticar ós que predican a conversión relixiosa pola espada. E parte do Islam, ou xente que se ampara nesa crenza, sigue defendendo hoxe ese método de adoutrinamento. BXVI non ten razón cando cala que ese xeito de predicar a paos usárono tanto, con base teolóxica ou sen ela, os seguidores de Mahoma como os seus antecesores no papado. Se temos en conta que as crenzas relixiosas parten da base de que encarnan a verdade absoluta, é case lóxico non andar templando gaitas á hora de defendelas. A doutrina católica e as sucesivas escisións non se difundiron gracias á forza de convicción da COPE, senón que se impuxeron por métodos máis agresivos e contundentes (ou tanto). Que agora non se faga así débese a que as sociedades consideradas cristiáns acadaron un certo grao de civilización, quitado en zonas dos Estados Unidos.
Teñen tamén máis razóns ca 25.000 santos os asistentes a esa manifestación convocada o pasado domingo por SOS Contra o Lume, a máis grande dos últimos 15 anos en Galicia segundo Mariano Rajoy (ó que todas as anteriores lle deberon coincidir cun partido do século do Real Madrid). Téñena en proclamar que, na súa opinión, a loita contra os incendios este mes de agosto foi un fracaso e que se fixo tarde, mal e arrastro. Pero non a teñen ó esixir unha investigación cando nunca se preguntaron por que arderon medio millón de hectáreas desde 1990, ou indemnizacións cando non as houbo nos 16 anos anteriores. Ou criticar o suposto veraneo do presidente Touriño cando o presidente Fraga estivo probadamente cazando/desaparecido no Prestige. Ou pedindo as dimisións que non se produciron cando a marea negra (a de Cuíña non vale, que non foi por ética). E tiña razón o alcalde de Barro e presidente de SOSCoL, Landín, cando dixo que non era “artista, cantante o filibustero”. Non a ten cando calou que era o mesmo Landín que o 31 de agosto dixo que “escoitara” que quen planta lume ó monte “son os ecoloxistas que queren rematar cos eucaliptos para trasladar Ence” e unha semana despois asegurou que “nas conversas das tabernas hai quen di que pode ser cousa de terrorismo de estado” (que era a Xunta quen queimaba, vamos). O mesmo Landín que xa en marzo consideraba o traslado de Ence como “fruto dunha conversación de taberna á que nos ten acostumbrados o goberno da Xunta de Galicia”. En definitiva, Landín ten razón cando asegura que non é precisamente un artista, pero non cando oculta a orixe dos seus argumentos: cando vai ás tabernas, escoita voces.
(LA OPINIÓN, martes, 19 de setembro de 06)
Bieito, Benedicto, Benito… Compre que alguén nos bote unha man.
Vostede sen embargo ten moita razón no que di, no que cala non o sei, supoño que aínda máis…
Talvez as manifestacións do Prestixe, ‘non á guerra’, contra o terrorismo despois do atentado do 11-M, ou despois da morte de Miguel Ángel Blanco aconteceron na Galiza, país complementario ou mesmo alternativo da Galicia de Rajoy, Feijoo ou Landín. Sería tamén na Galiza, fora de Galicia, onde os alcaldes do PP entorpecen a loita contra os incendios, por eso poden ir tranquilos ás manifestacións contra a xestión da extinción dos lumes. A ver se algún día se unifican estes paises polo momento diverxentes e tiramos do carro cara adiante, en vez de cada un dunha roda a levalo ó seu rego ou senón que parta.
Vaia, Sr. sHs, vostede ameazaba onte con bases, alturas e militancias e saenos con escolásticas. Teña un pouco de piedade cos vellos, que xa sabe que non nos enteramos de moito, e séxame máis ordenadiño.
Por certo, e recuperando a miña xa case esquencida teima de andar a meter o dedo no ollo, non escoitara eu nunca o bonito conto ese de SuperZA contra a malvada CIA. Vai resultar despois de tanto tempo que eu era dos malos e non me decatara…. O único que me conforta é que en Boinolandia, onde a todas luces sonlles moito máis guais ca nós, non é que non se poñan de acordo no nome, é que nin no himno….
A pancarta enteira coa que ilustra vostede este magnifico ensaio reza: “Titiriteiros ¡Nunca Mais!”, e eu que son un ofrecido á romería anual do Festival Internacional de Títeres de Redondela (http://www.fantoches.org/) tremo coma unha vara verde pensando no tipo da foto se no canto de ter na man unha pancarta lle poñen unha desbrozadora. ¡uff!!
eSedidió: xa castigarei co da militancia outro día que ande depre.
Lareta: xa sei o que poñía, pero manipulei a imaxe (segmentándoa pero non retocándoa) para ver a Rajoy e Cuco de Mesa baixo un letreiro de Nunca Máis
O que hai que ver!O PP de Galicia nunha manifestación e ocupando o Obradoiro.Os conservadores galegos sempre defenderan a superioridade das praias frente ás manis,alomenos o 25 de xullo.Neste domingo non debían ter moita calor ou se cadra,seguindo os consellos dos mozotes do 68,probaron a escarabellar baixo as pedras de Compostela para atopar a praia.Espero que non,coido que a UNESCO non aturaría esas arroutadas libertarias tipo Cohn-Bendit.
O conto foi ben paveiro,pero todo marchou ben,polo que haberá que felicitar á dirección do PP de Galicia,que ten máis categoría que a dirección do PP español e non fala de tramas vascas ou marcianas.Así é como medra a autoestima do país,e non con estatutos que non vai ler ninguén.
Hai dúas cousiñas porén,que os nosos paisanos conservadores,debido sen dúbida ás malas influencias dos madrileños,fixeron mal.
1.Os grupos de disciplinados militantes berrando contra artistas e escritores poden causar certa confusión.É dicir,un xa non sabe se son seguidores de Hitler,de Stalin,da actual dirección do PP,ou xente cabreada pola suspensión dun concerto dos Stones.
2.O de apoiarse nunha víctima para dar cada pasiño é unha violencia intelectual que abre a porta a outras.Lembremos por exemplo ós asasinos do GRAPO,estes tipos din que loitan polas víctimas dos accidentes laborais,segundo eles consecuencia do sistema capitalista.(É o que ten non ter viaxado pola URSS ou pola China)Claro,cando un érguese da cama como protector da memoria dos defuntos e da vida das víctimas moi mal ten que ir a cousa para rematar o día con problemas de conciencia.
Bueno,e eu si que vou rematar eiquí ,que senón o párroco de sHs vaime botar da sacristía….
PD.Falando de igrexas,esquecíaseme.Bieito,coitadiño,vai ter que darse de conta de que por unha banda, no seu novo choio ás especulacións intelectuais sobran,e pola outra de que o mundo mudou e non para millor,conto que xa aprenderon os debuxantes daneses.
Noxo danme os vellos estalinistas que agora,xunto con Blair,tolean pola ideoloxía(sempre cambiante) de Tariq Ramadan.
Tariq Ramadan está por certo mañá – hoxe, dentro de media hora – en Mondariz, penso
… e quedoulle paverísima.
Eu oin na taberna, que os turismos que foron a Santiago foron 1999.
Poñendo 2000, a catro tipos por coche, 8.000. Máis 325 coches de liña, tamén cheos cos seus 50 pasaxeiros, suman 17.250, que por xunto fan 25.250 cabezas (se eSedidió non me corrixe as operacións ou Mourullo non pon un link a unha páxina de cálculos cuánticos de manifestantes).
Quen pode criminalizar con falsidade evidente a 1.400-1.600 milhóns de persoas de todo o mundo para converterse en cómplice das intervencións militares dos Estados Unidos e os seus aliados (principal causa spectral, xunto ao racismo, existente detrás de todas as campanhas anti-islámicas)?
O Partido Popular está deslexitimado para fazer outra cousa que non sexa refundarse e entrar no rego democrático e legal.
Non faga trampas, Sr. sHs. Na conta fáltanlle os 2.416 membros da agrupación local de santiago, que tiñan que ir por pelotas, 7 (incluindo rajoy e o gominas) que viñeron en avión, faltaría máis, 4 despistados que recén chegaran do camiño de Santiago e pensaran que a cousa iba de celebraçao jacobeica, 2 que estiveran de farra, tombáronse a durmila nos soportais e espertaron en pleno delirium tremens, e unha nave de arcturianos presididos polo sin par Kryon, en plan solidariedade intergaláctica (o número de cabezas destes últimos resulta difícil de cuantificar, dado que mutan continuamente de formas : poñamos 69, que é número redondo). Total: 27.748.
Ps. Sei de boa tinta que hai unha páxina da Nasa que conta manifestantes antilume, e que, botando polo baixo, contou medio millón.
Por certo, que vostede, que é home ilustrado, sen dúbida saberá que existe unha paxina de reconto de manifestantes: http://manifestometro.blogspot.com/ pero de momento solo funciona, como caseque todo, na villa y corte
Pero paga a pena visitala, esa páxina, e ver o que fixo cando as manifestacións de todo este curso.
Pero, aínda que sexa para ver o que fixeron cando as outras manifestacións deste curso pasado, paga a pena visitar o Manifestómetro. Recoméndollo.