<p class=\"Escrito\">Desde logo, que mundos tan diferentes e que concepcións da vida tan distintas se dan en lugares tan próximos e co mesmo cuberto político administrativo. Refírome a que visións tan distintas hai en Madrid e aquí de aspectos esenciais do ser humano como a lealdade, a coherencia e que prezo estamos dispostos a pagar, ou a poñernos a nós, para conseguir o que queremos. Todo isto, a conto da biografía autorizada de Esperanza Aguirre.
 <a id=\"more-352\"> <p class=\"Escrito\"> O libro chámase La presidenta, título que en Madrid é dabondo explicativo, e aquí induciría a pensar se a protagonista sería Dolores Villarino. Esa é a primeira diferencia. A segunda é que a quen lle interesa a vida –e sen saber como acaba- dunha presidenta autonómica. Xa sei que biografías de Fraga hai varias, pero é porque ten varios perfís, e porque si se fixera unha soa, ocuparía tanto como as guías telefónicas de Madrid e Barcelona xuntas. Por riba é unha presidenta autonómica uniprovincial. Poucas biografías se venderían aquí de Salvador Fernández Moreda ou Rafael Louzán, nin siquera de Cacharro ou Baltar (falo de biografías autorizadas, claro). É certo que de Paco Vázquez se publicaran dúas e outra de Augusto César Lendoiro cando era o seu rival, pero foi que a autorizada saíu para contrarrestar a non autorizada, e a de Lendoiro para contrarrestar as outras dúas. Entón (e levamos tres diferencias) é que os medios de Madrid dan promocionado unha biografía dun alto cargo de segunda fila, polo método de enfrontala cun cargo medianamente alto como o alcalde de Madrid. O máis relevante –e quizais o único- do libro é a critica de Esperanza Aguirre a Alberto Ruiz Gallardón porque, logo dunha sondaxe que fixo –Gallardón- e da que saíu que resultaba que os madrileños eran de esquerdas, el quería quedar de progre e que ela quedara como unha rancia. 
 <p class=\"Escrito\"> Agora, entre nós, ¿pódeselle chamar polémica a ese díxome díxome <a target=\"_self\" href=\"http://www.elpais.com/articulo/espana/elpepuesp/20061124elpepunac_1/Tes\">pataqueiradas de patio de veciños? Aquí un conselleiro dixo doutro que se fixera rico co cargo, e non pasou nada. E de presidentes provinciais mal levados con alcaldes, que lles van contar ós de Ourense. Enténdaseme, non é cuestión de Madrid ou non Madrid.
<img border=\"0\" src=\"http://images.google.es/images?q=tbn:QP1QqlalkHbXlM:http://www.elplural.com/media/0000004500/0000004837.jpg\" />Tamén pasa en Barcelona, onde se acaba de alporizar a clase política toda polo <a href=\"http://www.google.es/url?sa=t&ct=res&cd=1&url=http%3A%2F%2Fwww.elperiodico.com%2Fdefault.asp%3Fidpublicacio_PK%3D46%26idioma%3DCAS%26idnoticia_PK%3D357943%26idseccio_PK%3D1008&ei=a0poRaOjNYvO-gKorfyZDw&usg=__OkFRPizWzu53vAVgrm2w_DdL_rI=&sig2=pFg-2IGs5blxtZxIwr8t3Q\" target=\"_self\">pasado do líder de Ciutadans, Albert Rivera. Rivera (nada que ver cos Hijos de Rivera de Estrella Galicia, nin co Primo de Rivera da Avenida) chegou ó Parlamento catalán con dous dos seus cunha campaña na que saía en bolas, en sinal de que non tiña nada que agachar, ó revés do que todos pensamos que pasa cos políticos en xeral. E <a href=\"http://periodistas21.blogspot.com/2006/11/ciutadans-quiere-matar-al-mensajero.html\" target=\"_self\">resulta que <a href=\"http://periodismoincendiario.blogspot.com/2006/11/por-qu-minti-albert-rivera.html\" target=\"_self\">si que tiña –como todo o mundo, políticos ou bombeiros- e era que ata meses antes de presentarse estaba máis ou menos <a target=\"_self\" href=\"http://images.google.es/images?q=tbn:15SFuqSwArf1OM:http://www.estrelladigital.es/061123/fotos%255CEsp%255C23rivera.jpg\">afiliado ó PP. Tamaña sorpresa e novidade sae a todo trapo na prensa catalana e non catalana, e aquí o caso dun alcalde de Coalición Galega que seguía sendo militante do PP é tan habitual e tan pouco relevante que nin siquera dou atopado onde o lin. 
 <p class=\"Escrito\"> A verdade, por aí fóra pasman con cada cousa... 
 <p class=\"Escrito\">(LA OPINIÓN, sábado, 25 de novembro de 06) 
Pasmando
25 Sábado Nov 2006
Posted Si home si
in
Home, eu non sei se lle vale como mostra, pero no meu pobo (Chantada) nunha moción de censura no ano 95 o candidato dos independentes que apoiaba ao PP confesou que, a pesar de levar cinco anos amolando ao partido, nunca deixara de pagar a cuota de afiliación e remitiuse aos recibos bancarios (tampouco seica nunca o expulsaran).
Tamén é verdade que alguén lle chamou a atención ao dicirlle que no PP non facía falta pagar a cuota.
“Outro si” compañeiro do mesmo que ía nas listas de Coalición Galega ao Parlamento Galego, cando lle tocou reemplazar a Celestino Torres (que dimitiu para presentarse á alcaldía de Monforte) pasouse ao PP sen paso previo ningún e meteuse na comisión de Pesca, que aos de Chantada quédanos moi a man.
Pódolle dar se quere os nomes para que busque, pero un deles aínda nos segue “amenizando” os Plenos, aínda que eso si, nun lugar menos preferente e sen facer gala da verborrea á que nos tiña acostumados.
Un saúdo.
Supoño que son partidarios do machinismo-leninismo, en concreto da liña de pensamento ANtonio Machin que aseguraba que se podía querer a dous partidos á vez, e non estar louco…
Élle certo. A frase máis ocurrente que lle escoitei dicir ao susodito (e escoiteille varias), a conto dos seus desvarios continuos foille: “Nada es verdad o mentira, todo depende del crital con que se mira”. E quedouse tan pancho.
Ese personaxe quedou tan pancho e ainda ten mais que dicir, Manuel. Asi que opino que non “gastes pólvora en salvas” e traballemos para deixar a esta xente fora do concello e co cú o aire.
Non me lembraba do “pólvora en salvas”; outra ocurrencia daquela moción de censura, cando Fernando Varela lle reprochou a súa actitude con moita vehemencia e pouco resultado.