Aquí un magnífico proxecto, con defectos como mirar cara atrás con benevolencia. O outro día, un compañeiro de instituto ensinoulle outra mostra desa tendencia revisionista ó meu fillo: "sóache de algo este tipo?". Soáballe. Logo, na casa, cando mo ensinou el, tiven que improvisar unha longa – e témome que pouco convincente- explicación sobre o contexto social da época, a variación dos significados lingüísticos co tempo, que quizais bebera un chisco para baixar unha comida pesada de máis…
Daqueles polvos…
13 Mércores Dec 2006
Posted Non sei eu...
in
Escápame o sorriso, sintoo.
(non direi as gargalladas que son moi discreto)
Si, ter ten gracia. Moitisma.
Ao mellor houbéralle resultado máis sinxelo (e máis sinceiro), dicirlle ao churumbel o que lle dixen eu a un dos meus, situado en circunstancia semellante: “e que eu, de pequeno, ás veces era un pouco gilipollas….”
PS. Veño de ler a súa entrevista e anúnciolle que tiven que mercar hai uns anos unha guitarra para pelexar contra da artrose nas mans. De modo que se pensa retomar a carreira musical, lémbrese dos amigos de entón, que sempre tiven ilusión en saír no luar…