En momentos coma este é cando lamento as considerables carencias da miña formación, o tempo lamentablemente perdido en actividades escasamente productivas e non ter endereitado a tempo certos defectos de carácter. Se soubera algo de economía, me tivera dado polas lecturas esotéricas ou conspiranoicas tipo Tom Clancy ou Dan Brown, e tivera forza de vontade, en vez de estar aquí facendo chistes a análises de patacón, estaríame aplicando a construír un novelón de éxito seguro, deses entre a ficción e o reportaxe. Desafortunadamente, a causa destas eivas, a cabeza soamente me dá para o título: O código Da Sepi.
De ser como tería que ser e non como son, comezaría poñendo en antecedentes ó amable lector sobre a Sepi propiamente dita. Tras ese nome que parece o diminutivo cariñoso dunha porteira madrileña está a Sociedad Estatal de Participaciones Industriais. Unha sociedade concibida como un hospicio para empresas economicamente terminais, que abnegadamente se dedica a sanealas con fondos públicos para logo devolvelas pimpantes e de balde á economía privada. (Para desactivar a incredulidade dalgúns lectores de que tal cousa exista, acompañaría a descrición das actividades da Sepi coa reflexión de que isto pasa porque os accionistas protestan moito por decisións adoptadas por directivos que eles elixiron, mentres os meros cidadáns xa están afeitos a que os que elixiron fagan o que lles pete cos cartos). Pero ó que estabamos. Ese plácido mundo da beneficencia empresarial vese de pronto alterado por un feito insólito: unha sociedade privada pretende que lles cedan uns terreos escasamente utilizados que a Sepi ten en concesión, para poñer en marcha unha industria. Así, inocentemente, sen máis axudas.
Se eu tivera arte para estas cousas, iría dosificando a información para ir espertando pouco a pouco as sospeitas de que hai algo raro detrás de todo isto. Por exemplo, os empresarios aseguran que crearán postos de traballo, eles solos, pola súa conta. E cando o lector por un lado pensa que todo vai ben, pero polo outro algo lle cheira e ten todas as trazas dunha conxura, revelaría con toda a crueza os intereses encontrados e a loita descarnada que hai detrás de todo (que agora non se me ocorre que pode ser, pero malo sería que non se me ocorrera algo). O chave de toda a intriga é un documento misterioso, que uns defenden afervoadamente e outros matarían por conseguir. O seu contido non se sabería ata o final. Ou nin eso: quedaría destruído, por exemplo, nunha explosión nuclear de baixa intensidade, como símbolo da miudeza das preocupacións humanas en comparación cos problemas do universo.
A cousa podería ir nesta liña e sería un trepidante thriller sociopoliticoeconomico cheo de reunións, declaracións, ultimatos e situacións límite. Ou tirar máis cara a fantasía e situar a acción nun mundo paralelo, no que presunto organizador do complot é un organismo político en mans da fanática secta dos nacionalistas, apoiados ademais, ó parecer, por unha institución rexida por unha orde, os socialistas, con ramificacións en todo o mundo e en todas partes, mesmo na propia cúpula da Sepi. Construiría protagonistas dunha peza, como o entrañable dirixente da Sepi Enrique O Roble, custodio do documento que garda un secreto inconfesable que, si se fai público, afunde o mundo e disparase o euríbor. Ou o astuto Fernando O Blanco, xefe da secta que pretende facerse co documento para entregarlle os terreos sagrados de Perlío, na costa de Fene, ós desalmados constructores de barcos civís, orixinarios das cálidas terras do sur.
Canta razón tiñan as nais cando nos dicían que había que aproveitar o tempo, e que pouco caso lles fixemos.
(LA OPINIÓN, sábado 3 de febreiro de 07)
Non esqueza vostede o personaxe secundario de Pepe O Sindicalista, que intenta baixo calquera medio que non atopen o dichoso documento para que non lle queiten os trienios.
Pois estache o conto ben.Digo eu que isto será xa a derradeira etapa:estamos a pasar da doctrina que dicía que a millor política industrial era a inexistencia de política industrial a outra na que a millor política industrial parece que é escaralla_la industria.Dende logo o liberalismo mal entendido non ten cancelas…
E coma sempre,Madrid fai as súas escollas e despois quere botarlle o morto a Bruxelas.
Menuda agarrada tiven onte co blogsome, que non me deixou comentarlle nada aquí en toda a tarde. O caso é que no telexornal do mediodía falaran do punk, e eu lembreime de vostede e o famoso vídeo que, si non me engano, garda certa relación co aquí tratado.
Pois non esotu de acordo co que plantexa hoxe, queda demostrado no tal vídeo que divos haberá moitos, pero ten vostede un talento que fai que nos o prefiramos.
O que dí Alfonso Pardo é perfectamente aplicable á agricultura, á pesca, ó ensino… escuros tempos estes do mercado.
Onde dixen “hoxe” deberia dicir “neste post”, aínda que só sexa para darlle coherencia cronolóxica ó meu comentario :S
Fágao mirar, ou pague o que lles debe, sr. miguez, que eu cada vez que tento entrar na súa provoco un ataque de histeria no meu cortalumes ou cortafogos ou como carallo se diga, empeñado en mandar un tal correo1 a vostede e eu veña que non e el veña que si, e así ata que nos aburrimos eu e mais o cortalumes-cortafogos e marcho coa mesma a youtube…..
Vaia, que contrariedade. Eu tiña novas de que o anti-spam era un pouco túzaro (e ademáis, non son capaz de poñelo aquí, como ten o Sr. Pereiro), pero nin idea de problemas cos firewoles. Abrírao na casa, na Universidade ou nun ciber calquera (por tanto, con ordenadores diferentes, e sofwares de seguridade presumiblemente diferentes), nunca atopei diferencia con outros blogues aloxados en “blogsome”, como é este mesmo sihomesi: aparece un Pop-Up de propaganda sobre o que non temos potestade ningunha (que eu saiba), o navegador conta aquilo do “elemento emerxente…” e nada máis.
Si o supera hai unhas semanas teríame mudado a blogaliza e fora, pero agora que empezo a ter unha lixeira idea de cómo modifical-lo deseño, dame algo de preguiza. Tentarei de averiguar algo, porque as súas visitas sempre foron moi ben recibidas, mestre.
Carallo, que parrafadas vos botades. Eu como són jipi antiguo, paso de todo, porque me pasa o de Manolo Otero, “Tengo todo el tiempo del mundo”, que entra spam, pois borroo, e tou ainda que sea todo o dia borrando, conmigo van fodidos. Pereiro, creo que esto que contas tiñá que ir aderezado, ca música esa de “Chinda chinda las cachas de florinda suenan al compás”, e con moito color marelo, como as nosas vacas, e encarnado, como a carne dos nosos bois. Abur.
Míguez e eSedidió, parece mentira, sendo do mesmo sitio e dedicándose os dous a altas especialidades técnicas, que lles pase isto.
Suso, a versión que sabía eu era: Chinda chinda/ las cachas de Florinda/ puestas a cocer/ que ricas van sabeerr…
Os de Monforte, sempre pensando en comer, ou en beber.
E qué me din de aquel: Cara al sol nos ponemos más morenos con este nuevo bronceador?
(por Vigo a moza do chinda era Dorinda, non Florinda..)
En canto ao que nos pasa a Miguez e a min, direille que, no seu caso, hai eones que conquerín quitar a ventana esa que anunciaba cursos en Irlanda ou trebellos para engrosar os seus respectivos membros virís.
A min, cos ordenadores pásame un pouco o que á personaxe de Donald Sutherland en Os Violentos de Kelly, que dicía algo como “eu monto nos tanques pero non teño nin idea de como funcionan”. Non é exactamente así, pero tampouco son precisamente as miñas máquinas favoritas. Para ser as únicas cuio funcionamento (a nivel do usuario) non depende absolutamente de ningunha lei física, sinon que se rixen por programas enteiramente artificiais, teñen un comportamento sumamente inestable e impredecible.
E do teléfono movil, mellor xa nin falamos.