Non sei se viron unhas informacións (que non me peta linkar) sobre o presunto "trato de favor a empresas do BNG" por parte de consellerías xestionadas polos nacionalistas. A pesar do plural ("empresas"), á que se refiren as noticias e unha posterior denuncia do PP é a de Xosé Manuel Blanco que organizou A cultura circula. Blanco é irmao de Fernando Blanco, conselleiro de Innovación, ou mellor, Fernando Blanco é irmao de Blanco, o mánager de Siniestro Total e un profesional máis que consolidado no sector (pese á pinta que mete e a cara de bo rapaz que ten), que traballou para tododiós, incluído o PP (por certo, que o PP fale de irregularidades en cuestións de contratacións musicais é para darlle á benvida a Comisionistas Anónimos).
Este é o comunicado de apoio que veñen de facer público outros artistas (presuntos titiriteiros subvencionados, suponse). De Quempallou a Dover pasando por Julieta Venegas
COMUNICADO
Queremos manifestar fronte as informacións aparecidas en distintos medios de comunicación, que recoñecemos en Xose Manuel Blanco un profesional cunha longa traxectoria na industria do espectáculo e con moitos anos de experiencia no sector.
IVAN FERREIRO · ALFONSO FRANCO · ANTON REIXA · ANXO PINTOS · ARAN · ARDENTIA · ARTICKET · ASOCIACIÓN DE GAITEIROS GALEGOS · BELADONA · BERROGÜETTO · BUDIÑO · CARLOS BLANCO · CARTAFOL EDITORES S.L. · CASA DE TOLOS S.L. · EMILIO RUA · ENTRETRASTES · FALCATRUADA · FIADEIRO · KELTIA PRODUCCIONS S.L. (MANAGEMENT CARLOS NUÑEZ) · LA FABRICA DE CHOCOLATE · MACFECK · MALVELA · MARCOS CAMPOS · MARFUL · NARF · NORDESIA PRODUCCIONS S.L. · O TEAR DE LLERENA · PAI EDICCIÓNS S.L. · PRODUCCION E XESTION CULTURAL S.L. · Antonio Caneda, director de PRODUCCIONES INDEPENDIENTES CULTURALES (Vilagarcia) QUEMPALLOU · RODRIGO ROMANÍ · RUXE RUXE · SANTIAGO LÓPEZ CUADRADO (Xerente multiusos Fontes do Sar) · SILMAN PRODUCCIONES S.L. · SINIESTRO TOTAL · SonDeSeu . SWEET TOURS · THE SPLINKS · UGIA PEDREIRA · UXIA SENLLE · VALONGO · XIAIA · XOSE LIZ · XURXO SOUTO · XXL PRODUCCIONS S.L., KACHET LOXISTICA ESPECTACULAR SL · ABADA, XESTIÓN CULTURAL · GINTONIC MUSIC · DISTRIBU PRODUCCIONS · LUAR NA LUBREQueremos manifestar frente a las informaciones aparecidas en distintos medios de comunicación, que reconocemos en Xose Manuel Blanco un profesional con una larga trayectoria en la industria del espectáculo y con muchos años de experiencia en el sector.
Carlos Mariño, director de SPANISH BOMBS MANAGEMENT (Madrid) · Carlos Galan, director de SUBTERFUGE RECORDS (Madrid) Miguel Moran, director del FIB (Festival Internacional de Benicassim) · (Madrid) · Gerardo Carton, director de PIAS SPAIN (Madrid) · David Jiménez, director de LOVE TO ART (Madrid) · Jesús Ordovas, periodista musical, director del programa DIARIO POP de RNE-RADIO 3 (Madrid) · Francisco Cuberos, director de MUSICA ES AMOR, (Granada) · Francisco Vilches, director de TUA S.L. (Jaén) · Rafael Santacruz, director de MERCHANDTOUR S.L. (Madrid) · Francisco López, director de ATTRACTION MANAGEMENT (Madrid) · Pascual Antonino, director de VINILO IDEAS MUSICALES (León) · Florentino Sanchez, director de TALENT MANAGEMENT (Madrid) · Unai Fresnedo, director de RADIATION S.L. (Bilbao) ·Javier Liñan, director de VIRGIN MUSIC-SPAIN (Madrid) · Roberto Grima, director de IGUAPOP (Barcelona) · Angel Romero, director de AVALLEKAS EDICIONES MUSICALES (Madrid) director del EXTREMUSIKA FESTIVAL · Iñigo Argomaniz, director de GET-IN MANAGEMENT, (Donosti) · Alvaro Ruiz, director de FESTIMAD (Madrid) · Pedro Paramo, director de AGUSTINA PRODUCCIONES S.L. (Miranda del Ebro) · Juan Salan, director de SALAN PRODUCCIONES (Las Palmas de Gran Canaria) Fernando Rutia, director ACTUA MANAGEMENT (Madrid) · Santi Camuñas, director de CREACCION S.L. (Madrid) · Sagrario Luna, directora de SLUNA COMUNICACIÓN (Granada) · Enrique Prieto, de GLOBO MEDIA MUSICA (Madrid) · Arturo Bengoa, NORTE ILUMINACION (Madrid) · Albert Salmeron, director Producciones Animadas S.L. (Barcelona) · Fernando Revilla, director de DISTRITO FLAMENCO S.L. (Madrid)· Javier Luque, director de DISEÑO Y LUZ S.COOP (Madrid)· Barnaby Harrod, director de MERCURY WHEELS (Madrid) · ZERUPEAN SL ,DOVER · JULIETA VENEGAS · KIKO VENENO · LOS PLANETAS · LORI MEYERS · DJ AMABLE · PEREZA · ALBERT PLA · REINCIDENTES · PORRETAS · BOIKOT · SIDONIE· JAVIER ALVAREZ · SKIZOO
O mellor de todo, a doble versión. Seica faltou outra en inghlés coa sinatura de Elvis Costello.
De todos modos hai que ver como espabila o famoseo cando lle tocan a un dos seus, mimadriña. A proxima vez que me toque recibir unha patada nos collóns para facerlle a puñeta a un parente que teño, incómodo el, vou ver se a peña anda presta e acode no meu socorro….
Eu tamén coñecín antes a Blanco que a Fernando Blanco. E é un gran profesional.
O mais preocupante e que o tal Lopez Chaves, que leva cultura no Parlamento por parte do PP e que por riba é concelleiro de cultura no Concello de Vigo, non coñeza ao personaxe
Aínda que as argumentacións do PP son penosas: 1. pola tentativa de vincular plataformas cívicas con empresas ou a gobernantes cos seus familiares, 2. porque sempre fala de merda o máis caghado. Pero ollo! Vale que o tal Blanco sexa un profesional excepcional, vale que teña un currículo impecable, mais o que non deixa de ser extraordinario, e fóra de toda lei concursal, é que unha entidade que ten 12 días (se realmente isto é certo) de vida posúa (e poida demostrar que posúe) solvencia técnica e financeira, aínda que esta sexa do tío máis listo do mundo.
Creo que hai cousas que non se deben aprender e que son inexcusables, porque hai moi malos pprofesores.
O que pasa é que hai moito mafia Bibianesco que anda a facer a cama
Desta vou acabar esquizofrénico, xa o verán vostedes. Pero é que resulta que para acreditar a solvencia técnica nun contrato de servizos abonda con demostrar a experiencia previa do persoal compoñente do equipo de traballo e/ou a suficiencia dos medios técnicos aportados, e non necesariamente a experiencia da empresa, que si que pode ser creada o día anterior ao do concurso en cuestión. En canto á solvencia financeira, a lei permite a acreditación mediante un informe emitido por unha entidade bancaria ou a existencia dun seguro de RC.
Outra cousa é a querencia pola txapuza contractual deste o noso amado goberno bipartito e afeccionado aos deportes nauticos, capaz de convocar un concurso para a realización dunha asistencia técnica 15 días antes de que remate o prazo de execución, ou asinar un contrato con data 23 de decembro e prazo de execución finais dese mesmo ano. Claro que outros tiñan o morro de sacar a concurso no DOG a realización dun stand nunha feira o día anterior á inauguración. Moito me temo sr NtN que a súa advertencia chega tarde demais…. xa deberon facer o cursiño….
eSedidio: “é a querencia pola txapuza contractual deste o noso amado goberno bipartito”. Polo que se ve controla do asunto contractual coa Administración. Dentro do meu salario vai unha parte de tratos con os diversos Entes no que se subdivide o Becho, e a experiencia dime que, primeiro, os politicos tardan mais do debido en ter claro a onde van os cartiños (os porques dan para unha enciclopedia) e segundo, os funcionarios, na sua maior parte, si quiseran facelo peor, nin poñendose poderían facelo. Isto ten as suas ventaxas como vostede imaxino que coñece para os que traballamos en empresas que en parte son clientes do Maremagnun.
En canto o fondo da cuestión, concordo talmente co seu primeiro post, pero o cutre famoseo da nación que se ande con moito tempo de recibir un duro desde malquerido goberno porque o sejimento das forzas do ben vai ser como as do noso deus, implacable, que Jehova eche moi rencoroso, que llo digan os pobres egipcios co as plagas e mais lerias….
E tres: revisando a lista dos abaixo (arriba) firmantes atópome con dúas perliñas que merecen un comentario, a saber: KACHET LOXISTICA ESPECTACULAR SL e GINTONIC MUSIC. Pa que logho dighan que neste pais non hai inxenio nin I+D+I nin frikis ademais do de Arrefino.
(PS. Non se me anoxe polo acaparamento, Sr. sHs, pero é que teño mono e necesidade de recuperar o tempo perdido)
Aproveite, aproveite, que eu ando liadp
Non é de extrañas que aparezan estas cousas nesta época. Non o digo polas próximas eleccións, se non polo tempo de entroido.
Señor eSedidió:cando se incomode coa parentela pode contar coa miña sinatura.Xa sei que non valerá tanto como a de a xente da farándula,pero por min que non quede
Moito llelo agradezo, sr. pardo, pero ou moi mal me explico ou moi espeso anda vostede os domingos. Os que se incomodan co meu parente son os politicos, que reaccionan dandome a min patadas no cú. De todos modos pode asinar tamén nese caso?
Efectivamente,a miña alerxia ós domingos déixame mancado.Bueno,tampouco é que os luns faga maravillas.Ó que íamos,se é para que se enteiren os políticos, non lle botarei unha, senón dúas sinaturas.