Pasou no que debeu ser a primeira visita institucional á Generalitat do presidencia de Galicia, daquela Xunta preautonómica que pouca máis infraestructura tiña que unha secretaria. Non sei se o pre-presidente era Antonio Rosón ou José Quiroga, pero o total da representación eran tres, segundo o que recordo do relato que me fixo un dos protagonistas. En canto chegaron ó aeroporto de Barcelona recibíraos un home vestido de gaiteiro, acompañado doutro provisto do correspondente bombo, que como era de prever, que en canto os divisaron, acometeron o himno galego, ou outra peza patria. Así, musicalmente escoltados, atravesaron o aeroporto ata a saída. Xa no exterior, o gaiteiro interrompeu a execución e sacou dalgún sitio unha tira de alfombra vermella, que despregou ata un taxi alí estacionado, ó tempo que lles abría a porta de forma solemne. Os tres confusos políticos acomodáronse nos asentos de atrás do coche, mentres o gaiteiro gardaba a gaita no maleteiro, empolingaba o bombo na baca e se poñía ó volante do vehículo. Deste xeito, no clásico taxi amarelo e negro coroado menos ortodoxamente por un bombo, cunha parella de gaiteiros na parte dianteira e a clase política na de atrás, arribou a representación de Galicia ó encontro con Josep Tarradellas. A parella de esforzados e patrióticos gaiteiros xa se aprestaba a dispoñer o bombo e a alfombra para darlle rumbo institucional á chegada ó Palau de Sant Jordi, cando un dos políticos convenceunos de que non facía falta, agradeceulles o xesto e despediunos.
Onte, máis ou menos un século despois, a visita de Emilio Pérez Touriño a Barcelona non tivo nada que ver. Eu tampouco estaba presente, pero supoño que a arribada e tránsito do presidente galego ó aeroporto de El Prat discurriría con esa eficacia discreta coa que se fan estes trámites nesas altas instancias. Antes de pasar pola Generalitat, o presidente da Xunta protagonizou un almorzo nun foro de economía onde lles pasou polos fuciños –se me permiten a expresión vulgar- a boa marcha da macroeconomía galega. Logo, a reunión con Montilla deu de si o que dan de si estas reunións. 25 anos despois da visita co bombo, o único sinal de asimetría que percibín –aínda que pode ser debido ó protocolo- é que Montilla se expresou en todo momento en catalán, pasando da teórica posibilidade de que usar o castelán puidese darlle máis alcance as súas declaracións, e Touriño non (non se expresou en galego, non en catalán).
Sen embargo, a xornada do presidente da Xunta rematou nunha desas galas-ceas argalladas pola clásica asociación creada polas forzas vivas emigrantes para autohomenaxearse, posta baixo a advocación dun bicho comestible. Non fun, pero os colegas que asistiron á o ano pasado aínda se poñían colorados cando a recordaban [Desta vez, tamén. A orquestra interpretou Xuntos, non sei se como repertorio de Juan Pardo ou do PPdG]. A crítica ás forzas vivas emigrantes non é xeneralizable ós emigrantes. Dos episodios máis conmovedores que teño lido é o de como un humilde grupo traballadores de Láncara en Barcelona xuntou cartos esforzadamente para que ó fillo dun deles que valía moito, un rapaz que logo sería o catedrático e estudioso Basilio Losada Castro, lle puidesen dar estudios. No tocante ás visitas, sería interesante que, conseguido o equilibrio na pompa oficial, a clase política galega optase pola épica humilde de xentes como aqueles de Láncara.
(LA OPINIÓN, sábado, 3 de marzo de 07)
Anotamos outra diferenza? Montilla, cordobés el, o primeiro que fai cando chega á Presidencia é anunciar que ten o firme propósito de mellorar o seu catalán recibindo clases. O mesmo pasou con Ibarretxe, que aproveitou o seu paso pola lehendakaritza para aprender euskera (e, segundo din, faino decentemente). Pola contra, o noso presidente fala…… xa sabemos como fala. O pior de todo é que os seus fan como no conto do rei espido, os seus compañeiros de goberno teñen máis coidado en non enredar que en facer sangue, e os da oposición calan, non vaia ser o conto….
Eu, procedente de familia castelanfalante, que nin fun escolarizado en galego nin fixen os cursiños eses dos puntos valispar, e que ao mellor son un troll pero non me teño por un talibán, cada vez que o escoito falar síntome insultado.
En canto á bandeira do señor Casal Lodeiro, mola, sobre todo porque é cuspidiña á xamaicana, e eu son fan do Marley.
Eu casi que son da de Colombia, non pola fariña que lle poideron dar ao noso Presi, pra facer tamén cousa parecida ao do bombo, pero si polas colores, je je. O millor sería a maneira de que empezara a falar ghallegho polos cóvados.
Ai non, que co caracter que xa ten, se toma estimulantes…
Deixarme o Presi en paz que se non pónsenos a falar no idioma que fala cando non ten un micro ou un socio-taliban diante. Ademais entre o de Astano e o dos letreiros anda dunha mala folla…polo menos cando ven por vijo, que se somos uns iñorantes, que non aprendemos. E o jichiño ten razon, menos durante 4 anos que pusemos a Manolo Perez,18 anos gobernado o psoe e 4 cogobernado e outros catro mais que se aveciñan…., ten rason o paisano, vainos a marcha. E a moita honra
Que boa idea!Estimulantes para Touriño!A ver se así…
O patriarca Reixa dicíalle a Galicia que falara coa boca chea,bueno,pois o Touriño que fale tamén,e se é preciso co nariz cheo.Eu estou en contra das droghas,máis neste caso trataríase dunha prescripción lingüístico-facultativa.
Señor Alvarez:ós de Vigho iralles a marcha, pero ós da Coruña o masoquismo.
ja te pilharemos
blogomillo espanhol
http://www.goear.com/listen.php?v=007af01
Já te pilharemos?? Este subnormal é de Madrid ou de Valladolid?Coido que mesmo sendo de Juan Flórez con país de Almería,falando galego,o de já te pilharemos soa como un punteirazo nos collóns.
Nese contexto no meu barrio decimos coller ou cachar.Como este parvo parece interesado no portugués direille que en Portugal dirían”Logo te apañamos”,no Brasil din bastante”Vou-te pegar”.Unha persoa de lingua materna portuguesa entendería as dúas expresións, pero dende logo non entendería “Já te pilharemos”,perfecto castelán con grafía portuguesa.
Stalin era un xenocida mais falaba perfectamente o ruso,(cun chisquiño de acento,seica).Estes idiotas parecen partidarios dunha Galiza luso-afásica.
Como dicía o gran Reixa”Galicia,fala coa boca chea”
Non, debe ser unha acción surreal, en campaña, porque deixan a pegada noutros sitios. A min, logo de tanto detournement, xa me custa collerlle a intención. Necesito máis pistas.