Pois iso, segundo un grupo de notables consultados polo grupo Correo, son o número 495. A primeira vista, entre as cousas rechamantes (ademais da miña inclusión) está a distinta clasificación dos Tonechos (que andan pola metade)
Gústame esto:
Gústame Cargando...
Relacionado
Estaba vostede case no límite da lista.
¿Demostro ser un ignorante por non coñecer a maior parte de xente da lista?
¿Ou é que esta lista é unha trapallada?
Eu non lle chamaría a vd. ignorante…
Parabéns
O ano pasado o 495 foi Isidro Rodríguez López, internista do Clínico e presidente da Academia Médico-Quirúrxica de Santiago.
Como,só de 495?
Isto é un aldraxe!O sector máis fundamentalista de sHs vai sacar unha nota esixindo o secuestro do Correo.Mentres non cheguemos a unha sociedade ácrata e igualitaria esiximos que o noso líder máximo ocupe o número un.E xa que tanto gustan as xerarquías,como quedaría unha listaxe europea?O Correo é quen de sacar unha universal ou haberá que ler o Financial Times?
Ana María Ríos Bemposta, nº 203
eu tamen son un ignorante… non conhezo a maioria desa xente tampouco, a vostede tampouco. pero xurdeme unha curiosidade, espero que non sexa moito pedir… porque esta vostede nesa lista e tantos outros? é lle o problema do desconhecemento….
Eu coñezo a unha porcentaxe considerable. Menos dos que aparecen en Babelia e máis dos que veñen no EP3. Eu estou tan sorprendido como vostede de que eu apareza, e mesmo teño días en que tampouco me coñezo demasiado. Se o coñecemento que lle falta é o do meu jeto, mañá en Hai Debate da TVG. (non ten perda, son o que fala máis azarapallado. Sendo Vd de Pantón, malo será que non lle soe).
Un pouco mais e quedas fora. A quen non vexo é a José Tojeiro, o da drogha en el colacau. Todo se andará.
Noraboa. Cando estoupe o planeta, a nova Galicia refundarase a partir dos 500 “galegos máis influíntes”, que serán enviados á lúa no primeiro cohete espacial de fabricación galega (non sei por que lle tiveron que poñer Prestige).
Desculpe, pero coido que non ten o choio moi doado.Ou sexa que para subir 292 postos na lista tería que facer un top-less en condicións.E non se esqueza de que se o top-less sáelle mal podería rematar fóra da listaxe….
En fin haberá gustos para todo,pero eu non vexo o conto claro…
Polo de agora permítame que siga sendo un fan da 203….Viva Ana María! Viva Galiza Ceibe de sosténs!
Moitas gracias, pero seguirei cuberto. Non quero manchar unha inmaculada vida profesional levando algún premio ou distinción.
Teño pra min que os sabios eses non teñen puta idea do que é unha persoa influínte; claro que a culpa non é deles, senón de quen os convocou. Eu proporíalle aos do Correo que cambiaran de método. Non sei, coller, por exemplo unha escolma de paisanos por sorteo e preguntarlles con quén hai que falar para colocar a un fillo ou para que a ún lle deixen facer unha casiña nas leiras que herdou. Esas si que son influencias das de verdade, e o demáis sonche caralladas.
E se non me fan caso e insisten no erro, eu propóñolle un remedio infalible: que repita o número da moto subindo vostede en vez de pepecuíña e mandar o video ao yutube.
PS Hai que ver como se anima o blog cando se trata de cotillear listas
Perdoe que sexa tan testudo,pero é que o top-less de Ana María foi outra gran oportunidade perdida,outra máis,para a nosa nación.Como é posible que intelectuais e artistas,por non falar dos políticos,non se deran de conta da importancia dun top-less? Lembremos o top-less glorioso de Marianne símbolo da liberdade,dos dereitos humanos e da unión dun pobo.Home,a cousa estaba ben mais non era pra botar foguetes,collerona 3 intelectuais,2artistas e xa ve.Eiquí en Galiza estabamos nun momento histórico ,o pobo armado das papeliñas electorais viña de impedir que o Fraga V asoballara a nosa terra,unha miguiña despois chegou o top-less,e nese intre histórico o único que lin nos xornais son comentarios que van do clasismo máis ruín ó puritanismo máis estreito…..U_los intelectuais e artistas da nación?. O de sempre,hai país pero non hai paisanos. O top-less é de nivel internacional,ten carácter histórico,pero o noso autoodio non nos deixa aproveitalo.
Ben,é agora que xa estou fichado como francófilo,que faría vostede se vou e fundo unha sociedade de amizade con Francia e convido ós compañeiros Alvárez e esedidió a unha excursionciña ó Folies Bergère?Consideraríame un disidente de sHs?Un traidor?Correría o risco da expulsión?
eu non me sorprendo de que saia vostede na lista, sorprendome da lista en si mesma… A galega chega mal a Panton, como todalas cousas no rural que chegan cando xa non serven para os demais… como por exemplo os trens, pero eso e outra historia. Pois creo q xa sei quen e porque eu andiven de publico no hai debate e lembrome de vostede, foi o dia que estaba feijo creo.
203 – Ana María Ríos, 205 – Lidia Senra, 207- Yolanda Castaño.
13 Se non me levan, desde logo que si.
14 Eu pódoa discutir, pero sorprenderme non. Xa estou agardando a versión de ber.to ou de galpón de breogán. Por certo, o público abúrrese tanto como parece que se aburre?
Eu a ghastos paghos vou onde sexa mester, pero dende que Norma Duval está retirada, non sei, non sei….
(algún día alguén me ten que explicar os méritos líricos de Yola Castiñeiro para estar ultimamente en todas partes, aínda que sexa no 207….claro que eu son un troll, e aínda por riba de ciencias….)
Os que fomos eramos alumnos de ciencias politicas asi que ainda nos foi entretido o rollo, e comentabamos polo baixo.. pero polo xeral a xente que conhezo que vai que son universitarios van por que andan apurados de pasta e dez euros por non facer nada…no meu caso eran dez euros para o tabaco da semana. onte estiveno vendo, ainda non fala vostede tan mal como dicia por ai arriba.
Teño días