Efectivamente, 0,80 é o valor do debate político en España, do nivel de análise, da información dos media e moito me temo que, consecuentemente, da calidade da democracia. Menos que 1.
Índice 80 céntimos
29 Xoves Mar 2007
Posted Matrix Press, Xeral
in
Ten vostede razón, moita razón. Pero non é o do café o peor asunto. Qué e mellor: o debate do café ou o dos trípticos que incluiu no post anterior?
O dos tripticos non sae tomado en serio e analizado nas portadas dos periódicos e non protagoniza tertulias radiofónicas.
Non sabe vostede canto lamento, Sr Piñeiros, arume dos, ter participado no aldraxe a súa sensibilidade que supuxo o debate do post anterior. A súa referencia a que foi algo moito pior que a historia esta do prezo do café faime reflexionar, e prometo non volver intervir neste blog como non sexa para facer sesudas análises das cousas importantes, verbigratia, se deben ou non ser obrigatorios os mandilóns dos pequechos das galescolas.
De todos modos, e xa postos, dierilles que nos bares do centro de Pontevedra por 95 centimos póñenche un café, un chupito de zume e medio cruasán.
Ehem, eSedidió, penso que Arume se refería ó debate das ceas filosóficas, non ó debate dos comentarios do post das ceas filosóficas…
Mecachis…. se é que o non ter vacacións e que me falten máis de 15 anos para a xubilación vólveme suscetible, que díría o sr blanco… desculpe, Sr Piñeiro…
Perdoe, señor esedidió. Non me din conta de que o meu comentario puidera ser entendido así. Menos mal que o amigo Si home si me botou un cabo. Agradézollo e descúlpome.
Monsieur esedidió:déixese de lerias que seguro que anda vostede máis perto da ética laboral dun crego finlandés que da dun señorito andaluz.Véxoo xa no sHs do 2025 laiándose e coa morriña do choio…
Manda truco cos prezos de Pontevedra! Os parroquianos de sHs teremos que montar por alá a festa da súa resurreción virtual.Os do norte gastaremos en gasoliña pero aforrámolo en café.
Sr. Pardo: eu no 2025 levarei máis de unha década tocando a lira cos querubes….
E volvendo aos asuntos importantes, gostaríame saber por qué é a Coruña e bisbarra o único lugar deste pais onde non dan tapa co viño…. estou seguro de que o tema da para unha tese….
Será que para comer Lugo e para pagar Coruña.A súa observación defende a miña tese de que na Coruña é onde estamos os galegos máis explotados e máis sufridos da galaxia….