A primeira lectura que fago do de onte é de alivio. Galicia is different, aínda que sexa un chisco. Non soamente porque non está reducida ó bipartidismo (aínda que o tetrapartidismo que sempre se anuncia non dá chegado) senón porque o ladrillazo non trunfou incólume como por aí. Gondomar e Salceda de Caselas terán alcalde do BNG, Nigrán do PSdeG, Baiona e Cee xa veremos… Hai dúas excepcións: Pontevedra e Carnota. No caso de Pontevedra hai posibles matices como o gancho persoal que ó parecer ten o candidato constructor/destructor, o cuantioso investimento propagandístico que fixo e a rareza estructural de que a sociedade pontevedresa apoie ó BNG (e polo tanto quizais estea volvendo ó rego de cidade de orde). O maioría absoluta do PP en Carnota agardo que sexa fruto da alternancia e non de que os veciños se fartaran de ser os únicos da contorna que non poden colocar os terreos como urbanizables, coa de sitio que aí por alí. No segundo caso sairemos de dúbidas axiña.
Resaca local 1: A especificidade
28 Luns Mai 2007
Posted Resaca Local 07
in
Neno, algo está pasando cando Silleda tumbou ó PP!
E Monforte, carai!
Un momento, en Monforte xa estaba tumbado. E en Silleda, poñendo a unha deseñadora de mobles, así calquera.
hahahhaha! Deseñadora de mobles que vive en la finca. E eu dicía que en Monforte ben pola maioría, aínda que as maiorías non son boas, non? ou depende?
Depende de se o esixe o guión…
O alcalde de Salceda de Caselas durante trinta e un anos está que non o cre…
supoño que non será o caso pero debería sentirse aliviado tamén o constructor/destructor, pois se tivese que facer fronte a todo prometido non daba feito nin en catro lexislaturas anque todo sexa pola poltrona
E con Moncho ya no es tanto, ¿que vai pasar?
Digo eu que xa debe estar canso…