Os resultados cuantitativos son estes:
Votos |
Porcentaxe |
Concelleiros |
||
PP |
2007 |
656.195 |
39,84% |
1.789 |
2003 |
695.422 |
41,49% |
2.042 | |
|
– 39.227 |
– 1,65 |
– 253 |
|
PSdeG
|
2007 |
478.365 |
29,04% |
1.117 |
2003 |
435.157 |
27,04% |
927 |
|
|
+ 43.308 |
+ 2 |
+ 190 |
|
BNG
|
2007 |
315.449 |
19,15% |
661 |
2003 |
325.331 |
19,41% |
595 |
|
– 9.882 |
– 0,26 |
+66 |
Os cualitativos veránse o 16 de xuño. Máis ou menos, terán goberno PSdeG-BNG sete de cada dez cidadáns. Seis con alcalde socialista e un con alcalde nacionalista. Os outros tres, habitantes de pequenas vilas ou do rural, estarán rexidos polo PP.
Outra cousa son as sensacións, de ganancia ou de perda, que están en relación coas expectativas que cada quen tiña.
Fora expectativas, ganha o PSdeG-PSOE, subiu en votos e en porcentaxes e tamen en numero de concelleiros. Perde o PP xa que baixa en todos e o BNG que perdeu votantes e recolle unha menor porcentaxes de votos. O feito de que tenha mais concelleiros, debese a lei electoral? Am I right?. Se metemos as expectativas dentro do modelo enton o asunto complicase moito. Esa e a minha opinion.
E no noso caso de pPonteceso, governa o PP pero por 40 votos, tendo menos ca suma do BNG e PSOE, pero esta lei de hont eche o que hai.
Pra min está ben claro: o PP gañou as eleccións. Gañou no total de Galicia con 10 puntos de diferencia sobre o PSOE e gañou en cada unha das provincias. É certo que perde porcentaxe de votos excepto en Pontevedra pero a perda no conxunto de Galicia está por baixo do 2%. Pouco se temos en conta os resultados das 2 últimas citas coas urnas onde o PP tiña perdido as maiorías absolutas, o goberno central e o goberno autonómico.
Por parte do PSOE penso que, en xeral, cumpliron as expectativas que tiñan, de acadar o poder nas cidades onde non gobernaban. Pero na miña opinión son uns resultados mediocres ainda que con moito premio. No caso do BNG este feito é ainda máis claro.
Si se analizan máis polo miudo os resultados vese a maior perda de votos do PP é nas vilas medianas e pequenas. Nas 7 cidades máis grandes os pactos seguramente non permitirán gobernar en ningunha ao PP pero esta situación ten bastante de espellismo:
Vigo, o PP sube 3 concelleiros, a 1 da maioría absoluta e incrementa máis dun 10% os votos. O PSOE gaña 1 concelleiro e sube pouco máis do 1%. O BNG baixa 6 puntos e 2 concelleiros.
A Coruña. O PP sube 3 concelleiros e máis do 7% votos. O PSsinPaco baixa un 10% de votos, 3 concelleiros e perde a maioría absoluta dende… xan nin me lembro. O BNG perde 2%
Ourense. O PP perde 1 concelleiro e a maioría absoluta. Baixa 4% en votos. O PSOE, sube casi un 7% e 2 concelleiros. Sin embargo o PP ainda avantaxa o PSdeG en 16% de diferencia de voto. O BNG perde 5% e 1 concelleiro
Santiago. O PP gaña 1 concelleiro e un 2% máis ou menos converténdose na forza máis votada. O PSOE perde 2% e 1 concelleiro.
Ferrol. O PSOE, co gran vencedor nas eleccións Irisarri, lle deu a volta ó calcetín en Ferrol. De 4 a 9 concelleiros. De 3ª forza a 1ª. Duplica os votos e sube casi un 20%. O PP sube un pouco é mantén os 7 concelleiros. O BNG fai bacarrá en Ferrol, pierde casi 15 puntos, 2/3 de su electorado y 4 concelleiros
Lugo. O PSOE baixa case 6 puntos. Perde 1 concelleiro e a maioría absoluta. O PP sube 2% e mantén os 9 concelleiros. O BNG gaña un 3% e 1 concelleiro.
Pontevedra. O PP sube casi 9% e gaña 2 concelleiros quedando a 1 da maioría absoluta. O PSOE sube 4% e 1 concelleiro, pouco tendo en conta que o BNG sufríu un descalabro perdendo 3 concelleiros e máis de 10 puntos en votos.
En fin, gañar gañaron todos. O PP freou a tendencia descendente bastante ben ou moi ben e por paradoxa, a pesares dos bos resultados nas cidades en xeral casi seguro que perde os gobernos de Ferrol, Vigo e Ourense. O PSdeG gaña cuota importante de poder a pesares duns resultados en xeral discretos e o BNG cuns resultados máis ben ruíns estará no goberno das cidades tendo ademáis maiorías absolutas en concellos medios como Carballo, Monforte, Bueu
En contra do que decía O Neno, o PP freou a caida en Galicia e empeza a repuntar de cara as xerais.
Certo susolista, a lei de hont e o que temos. E beneficia mais ao partido maioritario, neste caso ao PP. Eu son totalmente partidario de mudar esa lei, pra unha mais “democratica”. Se indiquei que o BNG perdeu foi por que asi o penso (como votante nacionalista). O BNG nesta eleccions tinha que estar nos 400.000 votos e gobernar unhas cantas cidades. Os dirixentes do BNG tenhen que pensar en ser un partido maioritario en Galiza e non o pe que precisa o PSOE para desbancar ao PP. Polo que eu vexo, dende o exterior, e que fixeron unhas cantas cousas mal – cabezas de lista impostos por certas familias frentistas, posicionamente do BNG en canto a Reganosa (non estou moi ao tanto diso, so sei o que din os medios), dispustas internas que os medios reproducen and etc…-, e xa poden ponherse a traballar arreo e modificar moitas cousas. Espero que alguen ali dentro recolla o recado. Boa noite
Chuzas, comparto a tua analise. Eu so din a minha opinion en base aos dados da tabla que SiHomeSi puxo no seu Blog. En canto a eses dados o PP descendia en votos, en porcentaxe e en concelleiros. Por iso decia que perdia, pero eu deixaba fora as expectativas. Como dixen eu non facia referencia as expectativas xa que a cousa complicabase mais. Incluindoas a sua analise e moi certeira e alguns xa deberian de empezar a engrasar maquinas. As eleccions xerais son pra o ano, non si?.
“o PP freou a caida en Galicia e empeza a repuntar de cara as xerais” … mais ben diría que o pp escomenzou a caida que ainda vai ser mais evidente nas xerais…
Si os resultados que tiveron o 27m lle chama vostede frear a caida… ¡que escomencen a tremer para as seguintes!
Non pode un desaparecer unha semana (cousas do traballo) e case que perdo o fío do blog. E como xa é tarde para me incorporar ao fato de sesudos analistas, só apontar unha cousa: calquera que pense que a ecuación “PP=desfeita urbanística vs PSOE+BNG=estamos salvados” que vaia preparando a valeriana, que non vai gañar para disgustos na vindeira lexislatura. E digo isto despois de pasar por Poio camiño de sanxenxo…. mimadriña….
Por certo, sr sHs, que onte entereime por casualidade que, cun pequeno xiro da historia, vostede e máis eu houbéramos acabado de concuñados… Aínda non me din recuperado do susto
Pingback: Calidonia Hibernia | Calidonia Hibernia