Non debe ser cómodo ser unha figura pública. Ser, ademais dunha persoa como todas, feita cos materiais privados que se dá ido xuntando, unha imaxe construída polos demais, aproveitando pezas e recambios orixinais ou inventados. Esa imaxe feita a moitas mans está moito máis exposta a crebarse con actos que todos temos cometido aínda que non esteamos orgullosos deles, como darlle unha patada a un can ou unha mala contestación a un pesado. Non debe ser doado ser Manuel Rivas. Nin siquera para el, quero dicir. Pero moito máis difícil debe ser ser Martiño Rivas, quitado que traballes de repoñedor de hipermercado ou de repartidor de pizzas. Porque é cargar con outro fardo, a maiores do propio.
Polo que eu sei e teño visto, Martiño é deses fillos que calquera persoa daría un brazo por poder dicir que é seu pai ou súa nai aínda que fose só un mes ó ano. Ou deses fillos ós que odian os demais rapaces, fartos de telo de exemplo. Ou non, e seguramente ten dado unha chea de malas contestacións. Tanto tiña mentres se limitou a medrar, xuntando materiais propios, lendo máis a Sam Shepard que ó pai, posiblemente. Ata que se converteu en protagonista dunha serie en prime time e, acto seguido, en sex symbol adolescente. A imaxe pública podería construírse sobre o feito real de que é fillo de quen é fillo, sobre o non menos real proceso experimentado para ter chegado a ese punto, ou sobre a súa esencia ou potencia de actor. Pero construíuse sobre o seu nome artístico, que de Martiño pasou a ser Martín, Martín Rivas.
Por un lado, como saben ata ós que lle soa Martín Codax unicamente pola etiqueta do viño, Martín é perfectamente galego (quitado que o mestre Ferrín diga o contrario), por moito que a primeira vista pareza unha castelanización. Por outro, os nomes non os escolles ti, e hai a quen lle gustan e hai a quen non, e como moito podes adaptalos (eu, nunha época xuvenil, dei conseguido ser chamado non José Manuel, que aborrecía porque daquela todo o mundo era José Algo, senón polo terceiro nome que a xenerosidade dos meus proxenitores me deu). E retoños bautismados polos seus ben intencionados pais cos sonoros nomes de Uxío ou Xiana, nunha deriva ideolóxica-onomástica escolleron ser Ugíos ou Gianas, que non deixan de ser neoloxismos de améndoa galega e casca portuguesa. Pero por riba desa pedriña do Martiño que pasou a Martin nos créditos da serie, ergueuse todo un edificio, amontoando croios como o presunto desleixo do rapaz e o suposto conflicto coa figura paterna (ese “heraldo del nacionalismo”, segundo tentou definilo recentemente un concelleiro grafómano). Sobre todo en internet, ese territorio comanche onde as opinións non soamente son libres, senón que as diatribas parecen obrigatorias, os comentarios acedos poñen un cativo contrapunto ó exceso de doce e á sobredose de exclamacións (que wapo, está weníssssimo!) dos foros onde se amorean as/os fans.
Paralelamente, no mesmo espazo e no mesmo tempo, produciuse o fenómeno inverso. A construcción da celebridade partindo do negativo. O rebumbio mediático creado arredor desa voda-trapallada celebrada en Betanzos, na que un tipo sen máis carné ou cargo que o de conducir tractores fixo que casaba a unha señorita cun señor. A noiva sabía do noivo que traballaba nunha ambulancia pero non que estaba casado, ou sabíao pero tanto lle deu. O falso celebrante asegura non ser consciente de ter feito algo ilegal, e que o fixo por devolverlle un favor ó que casou, que unha vez que o levou na ambulancia déralle 200.000 pesetas para que llas gardara mentres o atendían. Será ou non unha acción delictiva, pero desde logo é un símbolo de como, nunha xeración, a consideración das cerimonias, civís ou relixiosas, se depreciou tanto como as acción de Astroc na Bolsa. Así que a normalidade é que un señor feito e dereito argumente que accedeu oficiar un casamento estilo Las Vegas – pero en tractorista, non tipo Elvis – para compensar o favor de que o camillero dun servizo da sanidade pública non se lle quede con 200.000 pesetas. O escándalo é que un rapaz que está descubrindo un planeta novo mude o nome.
(FARO DE VIGO, luns, 25 de xuño de 2007)
kate said:
Totalmente de acordo co teu artigo, para variar. Xa ten abondo Martiño co niño de fanáticas (entre as cales me atopo, of course) que babexan pola súa imaxe, como para aturar que lle chamen desleigado por unha cuestión puramente práctica.
mourullo said:
Da mesmo autoría que o artigo de Martín Rivas esta apaixonante ‘construción da realidade’: http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Cerceda/pueblo/bendita/basura/elpepuespgal/20070520elpgal_11/Tes
ro said:
q si, home, q si. q ten vostede razón, q tampouco hai q poñer a feder ao rapaz. pero recoñeza amigo shs q entendible é, pero arrecarallo q mala sorte temos os galegos (e as galegas q os nosos famosos guapos e mozos se chaman borja (oubiña) ou jesús (vázquez).
q si, home, q o rapaz pode facer o q queira co seu nome. e nós podemos dicir o q nos pete, porque a fama é así: hai milleiros de jichas q se pirran por su body e hai uns cantos q nos laiamos de q un tal martiño se cambie a martín, pero q non coñezamos a ningún martí q fixera tal.
vexa unhas parellas curiosas:
mariano rajoy/josep pique
josé blanco/josep borrell
borja oubiña/oleguer presas
jonathan aspas/carles puyol
javier veiga/eduard fernández
quere algún exemplo máis?
non cre q é algo máis ca unha anécdota?
martín rivas é xa unha figura pública e igual q ten q aturar un feixe de nenas berrando atrás del, ten q aturar q eu me escude no anonimato para dicir q o sinto moito polo seu pai, e q isto demostra q ninguén está libre de q un fillo lle saia gilipollas.
ro said:
e diría máis: absolutamente GILIPOLLAS. e o de q se decatou nun starbucks condénao de por vida ao inferno dos gilipollas. se o houber, q debería.
eSedidió said:
Ai, diormío (como diría vostede), que bonito é ter amigos e/ou ser famoso…. Marabillosa descrición do querube en cuestión, espello da súa xeneración e non sei cantas cousas máis. O malo é que non teño nada claro que vostede, ou calquera de nos, fósemos tan comprensivos se o rapás en cuestión fora, poñamos por caso, fillo de Vázquez Portomeñe…
A min, francamente, tanto me ten que o novo idolo das adolescentes se teña posto Martin ou John Ballan (aínda que, xa postos a meter o dedo no ollo, vexa vostede que o Rivas foi escrupulosamente respeitado), pero, francamente, non me veñan con conachadas con iso de que Martin tamén é nome galego.
Seguramente ten vostede razón en que non falaríamos do tema se o neno fora repoñedor en Carrefour, pero tamén convirá conmigo en que seguro que lle é moito máis facil, por ser quen é, convertir o seu hobby en profesión. Eu son pai de dous fillos da mesma idade que son bós músicos e, xa ve vostede, andan a estudar os moi pringaos, en ves de estaren triunfando no escenario (non dubido que o interfecto tamén o estará, estudando, digo). Eu que quer que lle diga, cando aínda non sabía quen era o seu proxenitor, o tal MR parecíame o tipico actor adolescente tirando a horroroso, un máis dos que enchen as diferentes teles, pero agora que o sei, xa non me atrevo a dicilo, non sexa o conto que digan que é envexa….
E calo que esto paréceseme a Salsa Rosa e ademais non son horas.
O Neno said:
http://www.prenderamartinrivas.com
cossimo said:
Y tú dónde trabajas?
Yo? En el Ejtarbacs.
alvarez said:
cambiando talmente de tema e seguindo co cotilleo,¿alguen me pode confirmar o que acabo de ler no Xornal.com que n”A Nosa Terra” vai entrar San Jose e que entraran Miguel Barros e a mais dirixentes do PP?. ¿Vostede que é do gremio, SHS, pode adiantar algo sen comprometerse?.¿Desta vez teremos un periodico diario en galego que se poida leer?.
kate said:
Eu oín que Vitorino Núñez estaba polo medio.
O Neno said:
Galicia-hoxe tamen se pode ler, ainda que eu so leo os artigos de opinion dos xornais. Vitorino Nunez? Wow!
Cando eu lia “A Nosa Terra” fai anos habia que era infumable. O que mais me gustaba daquela era Cao coa sua vision liberal da economia, non sei se ainda escribe nese semanario. Intentaron moitas veces facelo un diario, ampliacions de capital pero nada, o asunto nunca funcionou que eu saiba.
Que mudou para que a terceira empresa de Galicia decide entrar nun xornal nacionalista por excelencia? Que pensara a Paco e a UPG de todo isto? Entrara A Peneira nun futuro proximo nese lote tamen?
Espero que traballen e fagan un xornal como deus manda, plural, galego e diferente aos grandes xornais galegos. Tamen espero que non recollan alguns defectos de xornal.com, como os banners e o pelotilleo cara alguns politicos.
Seria moi bo para a nosa terra. Vos que pensades?
sihomesi said:
San José, que eu saiba, xa leva tempo en ANT, antes mesmo do interruptus de Xornal en papel. Non creo case nada na prensa de partido, e parte dos males da prensa impresa actual derivan da súa falta de credibilidade por terse atrincheirado ideolóxicamente. O resto, por terse atrincheirado empresarialmente. A información de EL MUNDO sobre a María Antonia de Unió Mallorquina esa foi a cousa máis esferolítica que recordo desde hai anos. VOlvendo a ANT, que estou en escritura automática, máis que a presenza de ilustres paranacionalistas ou non-antinacionalistas que lle dean lustre e prosapia ó medio, o que necesita é unha inxección económica para facela mellor. Que poñan a quen queiran mentras poña.
susolista said:
Pois a min o da voda de betanzos fíxome rir un bo cacho, con aquela pose arrimado a porta recebada, mentras os fotógrafos todos da volta lle tiraban fotos, el parecía decir, ¡”Sacade, sacade, que a min, traima o pairo” Eso si que é Ghalicia, e o demais, añadidos.
tangaranho said:
Nom tinha nem ideia de quem era Martín Rivas, e nunca vim a série. Enfim, uno-me ao comentário que fazia a comparativa-demostrativa do auto-ódio imperante entre os “nossos” famosos. Praticamente nengum político, actor, desportista…com projecçom mais aló do Padornelo, que tenha o nome galeguizado.
Pedro said:
O de que Martin é nome perfectamente galego ten gracia, logo de que a toponimia oficial galega correxira todos os San Martin que había por Galicia e puxera San Martiño. É o mesmo San Martiño Pinario que San Martin Pinario? Son gañas de xustificar o inxustificable, enténdame vostede. Que o Rivas é un amigo e hai que protexer ao neno? Pois vale, pero non nos tome o pelo. Ao rapaz dalle vergoña o nome e punto, pero penso que Robinho non terá problemas con seu nome no Starbuks ou como se chame o sitio ese.
sihomesi said:
Home, tamén lle chaman agora Santo André ó San Andrés, e poucos André(-s) hai, quitado os apuntados logo do cambio. E non me toquen a normativización, que me poño atómico. (Así, entre nós, a min tamén me gusta máis Martín que Martiño)
Pedro said:
A ver, mire vostede aquí o que din os da Mesa sobre os nomes galegos, a ver si atopa o de Martin…
http://www.amesanl.org/quefacemos/nomesgalegos/nomeshome.html#m
sihomesi said:
Porra, se tiramos de Diccionario de Autoridades…
Pedro said:
Dirá vostede o que queira, pero é evidente que defender que Martín é nome tan galego como Martiño só o poden facer os amigos do pai. Agora que o penso, podería facerse una asociación, “Tan Gallego Como Martiño”, qué lle parece?
sihomesi said:
Vale, me rindo. En canto o vexa doulle un pescozón. E se non, ó pai, por permisivo.
eSedidió said:
Haber empezado por ahi e nos aforrabamos 19 post
Alfonso Pardo said:
Ghracias a eSedidió e a Pedro a cotización deste blog sighe
estando ben enriba…..
Que diría un yuppie da bolsa se os yuppies da bolsa falaran galego.
Amigho sHs,o rapaz que teña as relacións que queira co seu país e co seu pai,pero parecía vostede Elton John falando de Lady Di.
As patrias están para ser traizoadas,que carallo,pero aquelo de “no metamos a la familia en esto” parecía de Gran Hermano.