Estiven o outro día na presentación das sinaturas dese movemento de nome esferolítico que protesta contra o que chama imposición do galego. Na miña opinión, os seus argumentos, ademais de fundamentalmente miserables, son primitivos e reaccionarios, pero en todo caso susceptibles de ser discutidos. O raro é que ninguén, en medio ningún, cuestionara a realidade desas 20.000 sinaturas que eles afirman ter recollido. O problema non é que se lle poidesen meter de matute algúns coñóns asinando Roberto Alcázar, senón como se garante que os asinantes son galegos/víctimas reais da tal imposición, e non xentes do mundo hispánico e españolista todo ós que lles proe que se dea galego no ensino. En todas partes se deu a cifra como real. Tampouco en medio ningún se cuestionou para que sirven esas teóricas firmas. En realidade, non sirven para nada. Preguntados in situ por ese detalle, os TGCG contestaron: "vosotros estáis aquí, ¿no? Es gracias a vosotros que hemos conseguido tener repercusión".
De todas formas, a existencia e o bombo que se lle dá a un fenómeno deste tipo é unha chamada de atención a todos aqueles que, do outro lado, plantean esixencias – todo o correctas que se queira – ó abeiro dunhas leis conseguidas nunhas circunstancias históricas concretas, sen preocuparse ás veces en ofrecer argumentos que convenzan.
alvarez said:
pero estes son a parte folclórica, o importante é a postura dos actuais dirixentes do PPG coa sua postura sobre a vergonzante proposta do goberno da Xunta. Si ese decreto insultante para o galego parecelles moito os Feijoo & Cia, onde imos meus. E que conste que eu son dos poucos que pensa que Fraga Iribarne fixo mais polo galego (o falalo él e impoñerllo a caterva de señoritiños pailans que agora quedaron o mando) que todos nos xuntos ou de un a un.
sihomesi said:
Respecto a Fraga e outros virán que bo me farán, eu teño un amigo que hai moito tempo dicía: “xa boto de menos a Adolfo Suárez, pero como isto siga así, vou acabar botando de menos a Leopoldo Calvo Sotelo”.
monca said:
Son bastante paveros os de TGCG. Repasei a súa web, os seus foros e ata vin algún video que teñen por alí, e non atopei ningún argumento, nin o primeiro, que se sosteña desde o punto de vista pedagóxico, lingüistico ou sociolóxico.
Deixando a un lado vellos postulados lingüisticos máis que superados e obsoletos (que se estudiar unha asignatura en galego nos vai incapacitar para aplicar ese coñecemento en castelán ou noutro idioma, que máis alá do Padornelo non serve para nada, etc.), entendo que hai dúas premisas nas que se basea todo o discurso de TGCG (e o de moitos políticos).
A primeira é unha cuestión de COMODIDADE. ¿Por qué aprender a expresarme correctamente e de forma normal en galego, se xa o fago en castelán? Nisto consiste, moi loable en tanto que valor absoluto, a reclamación da liberdade dos pais e dos alumnos para elixir a lingúa vehicular do seu ensino. Calquera alumno despois da ESO debería ser quen de expresarse con normalidade en calquera dos dous idiomas oficiais do país, e está claro que agora non e así: todo o mundo se expresa ben en castelán, pero non todo o mundo o sabe facer en galego. Como os españois de Galicia temos a obriga legal de coñecer e usar o castelán e o dereito legal de coñecer e usar o galego, o problema está servido. Só vexo dúas solucións posibles ó conto: ou tamén se obriga a coñecer o galego (co que os cidadáns teriamos os mesmos dereitos e obrigas con respecto ás dúas línguas e acabaríanse as escusas inxenuas), ou viramos todos tolos e facemos escolas para galego-falantes e escolas para castelán-falantes.
A segunda premisa é unha cuestión fisiolóxica: non entendo por qué hai tanta xente neste planeta que cré que o cerebro humano ven cunha eiva de fábrica que lle impide falar máis dun idioma. ¡Que non, señores, que hai xente que é capaz de falar dous, tres e incluso máis idiomas sen sufrir unha embolia nin nada! É unha mágoa que tantos políticos e ensinantes traten de trasladar ó resto da sociedade en xeral e ó alumnado en particular as súas deficiencias formativas no eido idiomático. Xa que vostede non puido pasar de aprender un só idioma, non condene ó seu fillo ó mesmo, señora.
sihomesi said:
Monca, precisamente estiven remoendo espetarlles a pregunta de se eran capaces de expresarse en galego, e no previsible caso contrario, por que querían extender esa incapacidade.
Os TGCG usan demagóxicamente a mesma falacia que utilizaba o anterior alcalde da Coruña: a invocación a que cada un fale o que queira, como si se tratara de iso e non de aprendelo, se vaia usar ou non.
kate said:
Este artigo que publican de Barreiro hoxe na Voz está moi ben. Lástima que non predique co exemplo e se atreva a opinar na lingua da súa terra (nada menos que Forcarei). E os de TGCEG, diríallese que se eu tivese un fillo en Santiago, sen ir máis lonxe, tería que trasladarme ó rural para asegurar que todo o que lle falase ó meu fillo non acabase perdido no patio de xogos. Teño unha amiga que o fixo, e aínda así, non se dá librado da diglosia do parque, no que os nenos xogan en castelán. Entón, chega á casa e cóntalle todo o que fixo no colexio (rural) en galego, pero cando xoga con ela faino en castelán. ASí que non me veñan con historias, que o castelán, se o queren aprender están rodeados del. Estou farta farta de faladorías sen base ningunha. http://www.lavozdegalicia.es/se_opinion/noticia.jsp?CAT=130&TEXTO=5947510
kate said:
Ah, e a que vén que agora o PP se bote atrás co acordo lingüístico que con tanta ansia firmou co Bloque e co PSOE? Verán apoio fáctico nesta banda de incultos chamados defensores do castelán? Que me prendan por insultalos, pero estou moi farta do tema lingüístico e de ter que andar sempre xustificando por que falo en galego ou por que hai que protexelo coma se fose de cristal. O día que non o teña que facer entón é que estará a salvo.
kate said:
Ah, e quero deixar claro, por se axuda, que eu non quero facer política lingüística ningunha. E sempre me remito a Celso Emilio cando me teño que explicar: “Lingoa proletaria do meu pobo, eu fáloa porque si, porque me gosta,[…] porque me peta, […] porque me sae de dentro, alá do fondo”. E punto.
eSedidió said:
Sra. kate, véxoa hoxe alporizada, co tranquiliña que resulta normalmente Basicamente de acordo, con dous matices (coma sempre, matizando, como bo centrista – liberal):
1.- A min ata pereceume ben que o artigo do Barreiro fora en español. Así ata os do “Los gallegos molamos cuando no hablamos en paleto” non terán escusa para non leelo.
e 2.- Os nenos sonche así, xogan e falan no que lle sae do vernáculo, se poñan como se poñan pais, educadores e políticos. E para mosta un botón que sempre conto: Instituto de ESO vinculado a unha ikastola de bilbao, coñecida (a ikastola en cuestión) por ter sido historicamente das máis loitadoras e borrokas. Pais a xogo co contorno (ou sexa, loitadores e borrokas eles/as). O tal instituto é modelo D (todo en euskera agás a asignatura de lingua castelá). Problema: pais e profes desesperados porque os querubes non é que xoguen e falen no patio en castelán, é que ata lles custa impoñer a disciplina do euskera nas aulas. Xa ve, rebeldes eles.
PS. Eu tiña un amigo, enxeñeiro de camiños educado no liceo francés, que era incapaz de contar, e moito menos sumar, como non fora en francés.
sihomesi said:
O dos números debe ser cousa aparte. Os galegofalantes de toda a vida educados en castelán din os números en castelán.
kate said:
Bueno, non quería parecer alporizada, pero vese que dei esa sensación. Debe ser que me tocan a fibra. E tes razón no do que está ben que Barreiro escribise iso en castelán.
kate said:
Voume prohibir ler a prensa. Hoxe sae na Voz que o consello consultivo (que deduzo está infestado de ppros) “replica a educación por el decreto del gallego”. Como non me vou poñer de mala ostia!
airadasenra said:
o máis perverso é quen o publica e como o fai… ou iso de que o medio é a mensaxe…