Curiosamente, as primeiras reaccións sobre o artigo de hoxe non son as que temía, tendo en conta por un lado ós destinatarios, por outra a que lle montaron a Milleiro e, last but not least, que estaba en castelán.
Gústame esto:
Gústame Cargando...
Relacionado
hormiga said:
Eu conto coas mans os castelanfalantes que se pasan ó galego nunha conversa. Mentras que os galegofaantes que se pasan ó castelán se se une alguén falando neste idioma son moito máis numerosos. Supoño que polo famoso complexo diglosico galego. Pero a min preocupanme eses nenos de pais galegofalantes ou ¿tería que dicir castrapofalantes? que seguen a falarlles tan mal os fillos que ó final estes non saben falar ben nen galego nen castelán nen inglés. O problema non se debe a que ós nenos aprendan galego na escola, senón a que os cazurros diglósicos dos pais seguen a falarlles ós nenos nun mal castelán. É dicir, un castelán con construccións galegas, contribuindo así a minar a esencia tanto da lingua galega como da castelán.
Alfonso Pardo said:
Coido que para entender ben o artigo de El Paīs non hai que darlle moitas voltas ā pureza lingūīstica,nin tan siquera ā existencia de naciōns diferentes.Para min,a clave ē a existencia dunha sociedade con clases sociais.Por iso non falarīa desa maneira deses pais,xente que padeceu unha escolarizaciōn deficiente e ā que nunca lle deu rēdito ningūn a sūa cultura galega.
A soluciōn,xa que logo,serā poner en valor a cultura galega.O decreto do 50% ven sendo un pasino nesa direcciōn.Como cantaba o sempre acertado Reixa,my country is not Galicia,my country is the working-class.Bueno,non sigo,non me vaia chamar demagogo o tamēn sempre acertado eSedidiō.
rábade said:
O galego non é unha lingua comparábel ao islandés, é un erro grande acreditar niso. O galego (á parte a cuestión normativa) fai parte do sistema galego-portugués. Falamos a mesma lingua que Lula. Así de sinxelo. Saúdos.