Este tipo con careto tipo “Reward” é o autor dun himno excluinte que soamente a preguiza ou a covardía dos políticos de ben permitiu que sexa o himno de Galicia desde hai cen anos. Outro tipo tamén barbado -ou nin iso, semibarbado- pretende agora que os nenos canten o tal himno, aproveitando que o Himno de España non ten aínda letra.
O resto da noticia desvela asimismo que os nacionalistas consideran a Galicia como unha nación, e que pretenden defender tal cousa no Congreso.
Arturo Pondal, nacionalista excluyente
20 Luns Ago 2007
Posted Matrix Press
in
É que hai que cambiar a letra, en vez de “non nos entenen”, cómpre pooñer “o problema é que son gilipollas”…..
Asdo. eSedidió Pondal, xa postos.
Que unha noticia desvele que os nacionalistas consideran a Galicia como unha nación, e que pretenden defender tal cousa no Congreso, non sei debería chamarse máis propiamente “nova de alcance” ou xa, sen cortarse, “exclusiva”.
En xeral todo o texto de El Mundo ten un estilo tan descritivo (“Quintana, que pertenece al BNG, que gobierna con el PSOE…”), que parece que está describindo os costumes ancestrais dunha tribo da Amazonía ou da historia recente dunha ex república soviética.
Atención tamén ao que publican ABC: http://www.abc.es/20070819/nacional-nacional/ahora-himno-gallego_200708190834.html
Ou Periodista Digital: http://blogs.periodistadigital.com/politica.php/2007/08/19/himno_gallego_bng_4747
Éche moito o xornal populista-fascista madrileño.Por 5 minutiños deixan a teima do 11-m e nun gran scoop entéiranse de que en Pondal hai elementos decimonónicos.O seguinte será unha pescuda científica onde quede probado o carácter feudal do meu antergo(O Noso Mariscal),para xa antes das eleccións revelar que os galegos do Medulio non tiñan caridade cristiana.Todo isto en contraposición cos mitos do nacionalismo español,sempre modernos e progresistas con todos.Bueno,hai pequenas excepcións cos xudeos,moros,indios,herexes e periféricos en xeral,anque disto o PP non ten a culpa de nada….
O peor nestes casos, son os parvos que por riba tocan de oídas
Non sei por qué andades tan alporizados con este asunto… Todo o mundo sabe que no mes de agosto os que escriben as noticias nos xornais son os BECARIOS.
http://www.elpais.com/vineta/?autor=Forges&d_date=20070820&anchor=elpporopivin&k=Forges
eu, desde logo, a próxima vez que camiñe entre piñeiros andarei sobre aviso non vaia ser que sexan deses piñeiros nacionalistas e terroristas que discriminan aos que non entenden a súa lingua autonómica. Desde logo, ver para crer!
Pingback: O Trasno Viaxeiro » Conxúgame os teus verbos favoritos…