Edilberto Alonso fai o que pode, emigrado en Irlanda como o fillo de Breogán aquel, pero á hora de compoñer quizais lle axudaría coñecer as preferencias dos residentes presentes en Galicia sobre quen merece unha homenaxe musical e quen non. Sen que esta iniciativa supoña apostar por tendencias de arte teledirixida ou realismo galegofriquista, fago un chamamento universal a propoñer persoas, lugares ou feitos merecentes de ser protagonistas dun tema do druida cantor. Logo xa lle faremos un chamamento particular a el para que se comprometa a facelo (sen presas, cando lle veña a inspiración e se lle presta)

Advertisements