Etiquetas
Falei cunha chea de xente para unha reportaxe sobre a exportación dos productos culturais galegos. Todos eran claramente calificables como triunfadores (se a eles non lles molestase). Curiosamente, practicamente todos falaron das dificultades, e quitado excepcións contadas (que polo demais non incluín no texto), sen referencias ós éxitos.
Aínda que eu de cultura non entendo maiormente (xa saben, son un troll, e inda por riba enxeñeiro), téñolle que dar a razón – por unha vez 🙂 – a Manolo no que fala de agochar á Galicia “profunda” detrás da de “deseño” (desculpen as comillas pero é que os invitados non podemos poñer cursivas). Ao millor é que o “deseño” ten ferruxe nos inoxidables e aos neóns estanlle a fallar as reactancias….
De todos modos, penso que a nosa industria cultural presenta os mesmos problemas para a exportación que o resto das industrias: que eu non coñezo pobo máis negado para comerciar que este. Se non somos capaces de encher o mundo mundial coas nosas patacas, as fabes lévanas os veciños do leste para vendelas como súas e os pementos de padrón veñen de Agadir, como carallo pretendemos ir polo mundo vendendo novelas?? Se fósemos italianos, Yoli Castiñeiro substituiría a Paris Hilton como icona da posmodernidade….
Yoli está nello desde hai tempo
e unha man de onanistas reíndolle a gracia
Eu penso que hai cultura e o pais enteiro é exportable, pero o contrario ca os cataláns, non sabemos vender os nosos productos. Hai unha escrita que non lle envidia nada a calquera outra do mundo, pero posiblemente os editores non sepan buscar e arriscar, e despois poñer no mercado. Fano a tirofixo, e van o que xa é coñecido. Efectivamente ten algo de razón Pancho casal, no do Audiovisual, pero digolle o mismo, hai talento e cultura, o que pasa é que quizas non haxa bos escolledores. Que miren debaixo da figueira.
Sera polo vino consumido onte mais,con perdon do Grande Mestre Mendez Ferrin e do noso guru,eu vexo as cousas con mais alegria.
Nisto do import/export non debemos mirar os volumes globais senon as tendencias.Lembremos que non hai tanto o que mais falaba dos galegos por ai fora eran os chistes.Hoxe daquela epoca quedan so certos vestixios como a ideoloxia de Rajoy que, para sulinar a sua exitosa carreira politica,autodefinese como “un senor de provincias”.Tampouco hai tanto do tempo no que a cultura galega considerabase sinonimo de incultura.Dese tempo quedan so pequenos grupos como “tan gallego…” ou algun politico municipal que financia as touradas con cartos publicos.
Ben esta que a Suso de Toro lle acorden as cancions de Dobarro.E ben esta que por modestia non fale dos seus libros ou dos libros de Rivas.Pero deberia lembrar que moitos anos despois de Dobarro,Reixa,malia ser cantante e ideologo,fixo que o sol galego quentara as noites da meseta.O camino de Santiago,a moda galega,non son exportacions de valor?Non e doado construir un Hollywood nos Ancares ou un Broadway no paseo maritimo corunes.Na beira esquerda do Sar non vai emerxer o Barrio Latino por arte de birlibirloque.Pero seremos quen de facer da Cidade da Cultura unha gran factoria cultural?
Por moito que teimen os espanolistas Os Pinos non e tan agresivo como A Marsellesa,mais mesmo sendo tan mansinos,ao dicir velaqui podese ser igual de fino que dicindo voici,por moito que se emperrenchen espanolistas ou lusistas.O que pasou co Albarino pode pasar cos nosos productos culturais.A ventaxa de vir de abaixo e que se pode subir moito.Fora bagoas e benvida unha alborada de groria,grandeur e glamour para as nosas exportacions culturais!