http://img218.imageshack.us/img218/6107/yoliciceronia8.swfSempre pensei que ser protagonista dunha Aduanada era unha homenaxe. Como ter sido retratado por Warhol, pero sen cartos polo medio. E sempre pensei que Yolanda desactivaba a maioría das críticas afrontándoas a peito descuberto. Debía estar doblemente equivocado.
Tu quoque outra vez?
17 Mércores Out 2007
Posted Xeral
in
Pingback: Pechan Aduaneiros!! « Blas García
Miratú! Ao final xa temos con que xogar mentres deixamos o comentario no blog. Graz(i)as, sihomesi 😀
Contaba o creador dos Guiñoles que algunhas persoas se teñen interesado polo que habería que facer para “ter” un guiñol. E se falasemos de políticos hai quen afirma éxito de todo político pasa por unha imitación permanente nos programas de humor da TV. Eu pensaba que ser protagonista do mellor humor gráfico galego era do máis grande que lle podía pasar a alguén por estes lares. E aínda o penso.
Abofé
o sentido do humor é evidentemente propio de persoas intelixentes. Non só das que posan de intelixentes. Senón das que o evidencian nos feitos.
Pois vale, vostedes a filosofar sobre o humor e a fama e Morticia presta a facer un akelarre sobre os lombos de D. Isaac (metaforicamente e de buen rollito, of course)
Miren, eu son lector de poesia galega e creo que hai moito fanfarrón nisto. Yolanda paréceme unha delas. Nin creo que os seus textos sexan unha volta de torca ao postfeminismo senón que creo máis ben que copia moito a Olga Novo e tamén a Estíbaliz Espinosa que teñen unha temática máis erótica unha e máis ciberpunk a outra. Con máis innovación e menos ínfulas
Pingback: O mundo desde un chimpín » TU QUOQUE IOLANDA? (OU POLA LIBERDADE DE EXPRESIÓN IV)