Non asistín á presentación da nova etapa de ANT (entre outras razóns, porque tampouco me invitaron), pero contáronme que, a maiores dos discursos de exaltación do novo producto e de esperanza polo novo camiño que se emprende, houbo tamén unha certa dose de autocrítica por ter transitado no pasado por sendas sectarias. Mesmo no primeiro número da nova xeira, suplemento incluído, hai algúns meaculpas e certos tiróns de orella. Éme moi difícil non estar de acordo con algo como facer autocrítica, pero o principal problema que lle vía a ANT non é que fose unha publicación do BNG, ou do nacionalismo, senón para o BNG, centrada sobre todo no mundo nacionalista, nos seus intereses e puntos de vista. Postos a selo, máis que estritamente sectaria desde o punto de vista político, ANT érao no reduccionismo dos contidos que ofrecía ó público.
(Por outra parte, algo que un de Chantada fixo ben, malo será que non o mellore un de Monforte).
Pois se cadra é que eu vivo fóra do mundo real, mais non me gusta nadiña que unha costrutora sexa a dona do periódico.
Como dicía Borges?, un cabaleiro nunca se debe queixar de algo que non poda remediar. Todos os casos de subscripción popular para facer algo, non chegan a nada. A xeito de consolo ou de explicación, o propietario é un construtor, non a empresa. E xa é rico abondo.
Pois eu, ao mellor por levar a contraria, estou moito máis contento de que empecen a aparecer empresarios ricos neste pais que poñan a súa pasta en iniciativas deste tipo que en libros sobre volvoretas. Moito millor nos iría se as zaras, os fadesos e os pescanovos foran un chisquiño galeguistas….
Cando di vostede “senón para o BNG, centrada sobre todo no mundo nacionalista, nos seus intereses e puntos de vista” o triste do caso é que ten vostede razon pero, para mi, e pero e mais desalentador que a dia de hoxe e dentro do chamado nacionalismo galego,no que por certo non me encadro, sexa ese partido o único que pinta algo (mais ben pouco).
E quedouse corto na crítica sobre o ANT, meu SHS, e llo digo eu que son accionista por duas veces nas sucesivas ampliacións. Nas duas últimas nos fun porque 1º metéronme nunha lista se meu permiso nunha suposta “ampliación pola libertade de expresión” ou non sei que carallada. 2º participei para crear un diario galego e non deu arrancado como tamen participei en TEMPOS NOVOS e outros fracasos que vostede coñecerá.
O que sempre chocoume e que unha pluma como a de vostede nunca participara nese semanario ¿celos de Pucheiro contra un morfontino?¿Nas festas do pueblo bailou un agarrao coa santa do Veiga?¿ou as suas familias teñen liortas de vello por un quitadeahi esa vaca na miña leira?¿ou, indo mais ala, xa que vostede vive no noroeste, mirou de esguello a algun coronel ou coronela e quedou “marcado de por vida”?
Ben, eu fun correspondente na Coruña cando comezaba, tanto ANT coma min.
Manda truco,mira que non convidar a un xornalista de culto como é vostede.Non o farían non vaia se_lo demo que lles aprenda algo,empecen a escribir mellor,rematen vendendo moitos xornais e o señor Pepe teña ANT no seu bar.
ANT é certamente un xornal de minorías,máis que polo seu nivel científico,polo espíritu de grupiño que teñen os que o levan.
Home,ese espíritu localista e pouco aberto é unha constante a todo grupo humano.Vexán senón o gran xornal de centro madrileño, EL PAIS,que leva na frente a ideoloxía e o estilo dun grupo dunha quinta dunha clase social madrileña.Tamén é certo que ós membros dese grupo esíxelles un mínimo, e que meten a xente de fóra para disimular.Deste xeito Miguel Boyer e Javier Solana non son os únicos que mercan ese xornal.
A ver se desta xeira aprenden e ANT deixa de ser o refuxio de xente rexeitada pola folla da súa parroquia e o obxecto de sufrimento de persoas caritativas como o señor Alvarez.
PD.Moi sospeitoso.Pódese falar dunha Monforte Connection? Coa desfeita da dereita máis tradicional, está Monforte a substituir a Vilalba como fonte do poder?
Apampado deixoume Edilberto!Que defensa do noso himno frente ás inxurias do xornal populista-fascista madrileño! A guitarra de Edilberto é unha ferramenta que escarabella na alma dun pobo!Viva o noso curtiense universal!
#5 Refírome á ultima etapa da ANT, claro (anos 80, creo recordar)
#8 Están vostedes feitos uns chavales… 😉
Moi modernos con iso dos cadradiños (#), pero teñan piedade do Sr. Pardo, que se no seu teclado non pode poñer acentos, xa me dirán como vai facer para recurrir ás virguerías…..
#9 Fomos a un curso deses de Caixa Galicia de interné para a terceira idade…
Pois benvida sea ANT,
#10 Moitas grazas,agradézollo ben,pero xa estou co trebello ó que estaba afeito e agora podo fedellar a gusto.Nin os acentos circunflexos póñenseme bravos arestora!E iso que non son lusista.
Por certo,eu aínda ando co medo ou vergoña (allea)no corpo.Non viron o outro día os xornais?Había unha nova moi seguidiña doutra.
1.Grupo de skinheads no intre de ser detido:”Non hai dereito que a policía ataque ós españois e protexa ós extranxeiros”
2.Grupo de dirixentes do PP no intre de ser preguntado:”Que teñen que ir falar cos premios nobel eses?.Se non son españois!”
Isto é,abofé,o “repli identitaire” e o demais son contos.Menos mal que estamos na Unión Europea…..