Googleando sobre tradicións, invencións e reciclaxes do Nadal para preparar o post anterior, atopei nunha unidade didáctica da Consellería de Educación un texto estreitamente relacionado co asunto, pero que achegaba opinión, máis que información. O estilo soábame, pero non debei ser meu, porque non o dei atopado no buscador deste blog. Finalmente, atopeino nos arquivos do meu ordenador. Era a columna navideña de hai cinco anos (daquela non tiña blog nin farrapos de gaita). Dous motivos para a reflexión:
- Non sei como estarán as normas de cita nas unidades didácticas. Non polo copyright, senón pola credibilidade dos autores e dos textos.
- Teño que mirar o da memoria, e non precisamente a do ordenador
Acabo de decidir definitivamente chamarlle Solsticio á artistada anteriormente coñecida como Nadal. Nada máis perto da Terra.
E feliz inverno!
Mira tí. A min pásame que xa van varias veces que me atopo páxinas con fotos miñas, que para máis inri teñen licencia creative commons que permite facer con elas de todo, coa soa obriga de cita, e nada… Non o entendo.
Non, a min o que me estraña é que inclúan nun producto educativo un texto tan de opinión como se fose descriptivo. O das fotos é cousa peliaguda, sobre todo agora con tanto paparazzobil (paparazzo con móbil) vocacional.
Home, bonito, bonito non está iso de reproducir un texto sen citar autoría.Eu imaxino que esa actividade foi deseñada por algún profe para os seus alumnos sen pensar na súa difusión pública. Pero por algún moivo (solicitude dalgún tipo de axuda da Consellería) tivo que facer entrega de materiais da súa autoría e non revisou a ausencia de citas. É a explicación que eu atopo. A Consellería de Educación non elabora nada, senón que como moito difunde o que elabora o profesorado, pero debería ser máis coidadosa na revisión antes de difundir algo pprque resulta evidente que nesa actividade se reproducen tres textos que non son orixinais e nos que debería constar a autoría. En conclusión, podo entender (que non xustificar) a falta de rigor do mestre ou mestra que elaborou iso, pero a actitude máis condenable é a ausencia de controis efectivos por parte da administración. Agora ben, se vostede presenta unha reclmación, á qu ten dereito, ao que lle vai caer o pelo é ao mestre; non teña a menor dúbida.
Eu, a verdade, agradecido de que o mestre se fixara no texto (que é preferible nun ensinante, o bó gusto ou o rigor?).
O bó gusto dende logo 🙂
Pero non lle vai un pouco de frío polo lombo véndose nunha escolla de lecturas exemplares?
E moi feliz aninovo ó párroco e ós parroquianos.
Pois si. Igualmente
De ser tan prolífico, lle ocurre que non recoñece vostede as súas creacións a primeira vista. Non sei qué lle dixera unha vez o noso querido eSedidio sobre os rabos de pasas para a memoria 🙂
Por outra parte, vixile polo de agora a súa sombra, porque nunca se sabe de onden poden sair os salvapatrias que o sitúen nas factorías da doctrina nacionalista, ou o eleven de vícitma (de plaxio, enténdese), a culpable de utilizar os púlpitos oficias para sementar os seus discursos… e vostede sin comelo nin bebelo.