Eu tampouco sei que ten a razón nos preitos empresariais do grupo, nen moito menos á que lle van dar a razón os tribunais, que non sempre ven sendo o mesmo. O que si que sei, en carne propia, é da capacidade de algúns ex-amigos de transmutárense en tiburóns en canto cheiran a pasta fresca no seo dunha empresa. Por esa razón, e porque o Grupo Sargadelos nunca foi concibido como unha fábrica de parafusos, seguirei amosando a miña solidariedade co vello D. Isaac sempre e onde poda, non volverei a comprar peza algunha desa marca, procurarei que os meus achegados fagan o mesmo e non lle tirarei os alfileres ao boneco de vudú da sra. YC que teño enriba da miña tele.
PS. Eu tampouco teño o banner dichoso na páxina da miña empresa, maiormente porque non o dou posto.
Xa fai moitos anos lein unhas declaracións do vello que co tempo formaron parte do meu, digamos, “pensamento”: Viña a decir que canda noviño era dun grupo esquerdista e que miraba o seu pai cos seus amigos (a xeneración de ouro desta nación: Castelao, Casas,…) e pensaba que eran unha panda de burgueses dereitosos acomodados que non facian nada para liberar Galicia. Cando nos meses seguientes campeou o sangue e a misería na nosa terra, decatouse de os enemigos sabian realmente quenes eran os verdadeiramente peligrosos e desgraciadamente viu como se cebaron neles sen piedade.
O que nunca din entendido nel é que un home con esa claridade intelectual apoiase reiteradamente e ate a sua última eleción o actual embaixador no Vaticano.
De todolos xeitos o que levantamos os humanos a nivel individual (e iste home xuntou demasiado tempo o seu nome a sua empresa), por moi bo e grande que sexa, son castelos de area que mais tarde ou mais cedo desfanse.
A un o destripan por afrancesado e a outro o xubilan por galeguista. Siousí? Era un inglés quen dixo eso de que nesta terra lévase moito o “to be”, pero máis na súa acepción de “estar”?
Chegar ós 90 anos e que che sigan chamando patrón é unha cousa que seica ten sempre moitos apetecedores.Que llo digan a D.Manuel,que se non é polo Prestige,tería demostrado que Galicia,non como os USA,é un país para vellos.
Aínda por riba os galegos non damos superado o individualismo,non somos quen de artellar accións colectivas e así non hai xeito de montar empresas.
Para ir dereitiño ó conto,podería alguén contarme en que mudou a ideoloxía ou a xestión de Sargadelos?.Como eu non estou no mexunxe cultural do país, só vin que abriron unha tenda na Coruña e que os cacharros siguen sendo bonitos.E que colleron a YC como relacións públicas da tenda.Se Porcelanosa ten á Preysler…Home,a min(e seguro que tamén a eSedidió),se me deran a escollere,escollería a Carla Bruni.Mágoa que estea xa ó servizo da République e que ,case seguro,non teña moito trato coa cultura galega.(Aínda que a min tanto me ten,Carla)
¿Non sería mellor aplicar unha moratoria ó boicot do compañeiro eSedidió e ver como vai indo Sargadelos?Polo de agora eu seguirei mercando Sargadelos e non Lladró,máis que nada porque é máis bonito.Claro que si Carla Bruni sacara artesanía propia,aí xa non respondo…..
Pois a min paréceme que estamos antes figuras nídiamente galegas, con comportamentos tan tradicionalmente galegos, dos que nos levaron históricamente á ruina. Trátase do Petrucio e dos herdeiros. O Petrucio, ao chegar a idade de xubilarse, vai enlíando aos herdeiros: unha vez parece que serás ti o da millora, outra que será outro e así ata que o enlía todo, cabreados a todos e a herdanza remata mal en calqueira man. Nestes lances, o Petrucio vai perdendo creto diante da parroquia, pero él xa está vello para ver outra cousa. E os herdeiros, se sempre foron subalternos, faltos de miras e formación que estea á altura do proxecto de aquel, actuarán como tales. Asi pasou no campo galego durante séculos. Non digo que o caso de Díaz Pardo e a nomenklatura (non coñezo a ningún) que o está a apartar sexa unha fotocopia do que acabo de contar, pero a min seméllaseme muito. Saber testar ben e en tempo, non parece cousa doada. Exemplos, non faltan.
Home…a cousa non funciona moi ben que digamos…¿Cantos empregados se estan prexuvilando? Andres Varela entre eles…Os resultados economicos son de perdas….cerranse tendas….e os fichaxes de deseñadores presentados a bombo e platillo, son de cachondeo, e nada ou moi pouco teñen que ver co produción…no referente a “Poetisa” non era aquela que abrazaba a Diaz Pardo en Santiago cando empezou esto? craro que chaqueteiros-as nesta terra temolos a esgallo.
A min paréceme que Díaz Pardo está a montar un barullo que non ten moito que ver coa realidade. Supoño que para defender o seu, i está no seu dereito, pero eu tampouco vexo por ningures aos asasinos, criminais e feroces capitalistas dos que fala en todos os Medios. Mais ben, semella que, nos derradeiros anos, adicouse máis as súas cousas que a xestionar a empresa, e vai ser que os seus socios, que levan toda a vida traballando con el, se cadra dixéronlle que habería que ir cavilando un pouquiño máis no século XXI e un chisco menos na memoria histórica, que está moi ben, pero non dará de comer. ¿Non?

É difícil estar más de acordo con vostede do que estou.
Agradécese, porque as veces nin eu estou demasiado de acordo conmigo.