Etiquetas
Si, xa sei que non son horas, e menos despois dos impresionantes niveis de análise que hai, pero esta é a miña opinión publicada.
(Por certo, aquí unha posible ‘explicación‘ deses curiosos resultados do senado)
13 Xoves Mar 2008
Posted El País
inEtiquetas
Si, xa sei que non son horas, e menos despois dos impresionantes niveis de análise que hai, pero esta é a miña opinión publicada.
(Por certo, aquí unha posible ‘explicación‘ deses curiosos resultados do senado)
Espléndido (sobre todo a frase final)!
A que argallei a fume de carozo porque había que entregar, e unha frase final é imprescindible? Supoño que teño que agradecelo como o enorme eloxio que é.
Parabéns polo artigo. Só un apuntamento sobre a explicación da diferenza no voto Congreso-Senado.
Estas son as porcentaxes que revelan o número medio de votos no Senado por cada 100 votos no Congreso para as 3 grandes forzas políticas de Galicia no período 1996-2008.
Forza | 1996 | 2000 | 2004 | 2008
PP | 93% | 90% | 88% | 90%
PSOE | 89% | 92% | 85% | 85%
BNG | 101% | 97% | *120%* | *114%*
Esta diferenza é un fenómeno *moi* significativo e que afecta só ao BNG e só desde 2004. Acho que non se pode explicar como ten dito Ender en Chuza! ou nese artigo que Vostede liga, por outras cuestións tan humanas como interesantes pero que non teñan a ver con isto.
Coincido en que é un fenómeno non soamente significativo, senón case paranormal. Os 40.000 de hai catro anos e os 15.000? de agora votantes do BNG ó Senado que non votan ó Congreso non penso que se podan adscribir como “voto útil”, habida conta da inutilidade do Senado e de que -corríxame se me equivoco, e se non, corríxame de todas formas- serían máis útiles ós listas socialistas á Cámara Alta que á Baixa.
De todas formas, o que máis me chama a atención, e aí a intención última da columna/post é a falta de analise de cómo se lle pode estar louvando o “brañismo” durante anos a un electorado, particularmente ó ourensán, e logo venderlle a burra contraria, e pensar que non vai ter certas consecuencias no volume de facturación do vendedor.
Por alusións, dicirlle Sr. Pereiro, que si hai bo nivel por ahí, será porque hai bos mestres no blogomillo. 🙂
Si señor, bo artigo. En canto a analise, deixollo os expertos do politburo(Esedidio, Calidonia, Pardo,..) So constatar que a nación na que alguns soñamos, cada día esta mais e mais lonxe, con ese aplastante 88% dos votantes que pensan, probiños meus , que hespaña una y no 51.
PD:Aclaración para mareantes..Falo do 12% restante que votan a opción españolista e rexionalista como leín nalgun blog que calificaban os bloqueiros, si é asi como a consideran alguns militantes do nacionalismo galego auténtico, pobre de nos, porque enton Galicia so existe na mente dalgun de Cangas e dos segus coleguillas.
Coa única autoridade que me dá a mina condición de humilde caseiro de sHs,diríalle que non hai motivos para o incomodo, senor Alvarez.A cousa mudou ben pouco.O PPdeG baixa un cacho,o PSOEdeG gana bastantes votos e o BNG mantense.Eu diría que Quintana ten bastante mérito,non é igual competir cun PSOE en estado gaseoso en Madrid e con xefes galegos como os nacionalistas Vázquez-Caballero,que co PSOE do presidente Zapatero.E Feijoo,malia perder votos, tamén ten o seu, logo de aturarlle ós xefes discursos de ácidos bóricos e historias para non durmir de nenos inocentes sometidos a falcatruada de chegar a un nivel activo de galego tan bo como o de castelán.
Mais non quero esquecer o realmente importante,EUROVISION.Aí,benquerido sHs, debería ter vostede un peso na conciencia.Coido que se o noso bardo,o noso curtiense universal,chega a ter contado coa súa importante influencia mediática,o pimpín ese do Rodolfo Chikilicuatre nunca tería ganado e agora Curtis sería unha vila eurovisiva.En fin,nunca choveu que non escampara….
Atendendo a unha enchente de peticións de crossovers temáticos como os do sr. Pardo, o novo post.