Soubeno o venres pola noite por un sms que deu chegado aproveitando unha fenda na nula cobertura que eu tiña. Ó chegar a casa o sábado pola noite, tiña un email dos seus fillos contando que Tincho (Tintxu nos emails), Agustín Díaz, morrera o venres de mañá.
Eu coñecino nun comedor universitario de Madrid, un día que estaba xantando con Manuel Rivas, que quedara con el alí. Rivas e Agustín coincidiran naquela redacción de El Ideal Gallego na que estaban tamén Luis Pita e Xosé Antonio Gaciño. Despois souben que fora concelleiro de Unidade Galega en Compostela, e inspector de educación (e profesor de galego, con David de Prado, da miña mai e doutras mestras en Monforte). Máis tarde coincidín con el en TVE.
Diría que era un xornalista ilustrado, se non fose que o que parece que se quere dicir é que era un xornalista máis lido ca media. Era as dúas cousas. Era un xornalista, un profesional rigoroso. Tan rigoroso que, antes de Google, xa tiña os backgrounds que precisaba. Por esa razón non era ben visto nas roldas de prensa políticas, porque a el non lle podían vender mercancías avariadas ou novidades de segunda mao. E era un home ilustrado, políglota e coñecedor de máis mundos que os que ves. E sabía combinar o escepticismo irónico e a mala uva co compromiso coas ideas. Non era un santo, se alguén pensa que vou por aí, pero era mellor ca maioría, se se me permite que poña cualificacións.
Xubilouse hai uns meses acolléndose a ese ERE co que TVE regala ó mundo parte dos seus profesionais. Pero seguía sendo o meirande fornecedor coñecido de curiosidades vía internet. Catro dos emails anteriores ó dos seus fillos eran del. Tiven esa sensación estraña de recibir unha mensaxe de alguén que non está vivo, da que tanto partido sacan os columnistas sociolóxicos para exaltar as innovadoras características da sociedade actual, como se non pasara o mesmo unha chea de veces coas cartas nos tempos da emigración ultramariña. Os catro mandáraos a véspera de morrer pola tarde, o último ás 20,12. Este: unviajeaningunaparte.pps
Lourixe é filla de Agustín Díaz? Non tiña nin idea, aínda que agora vou asociando cousas e lugares. Vaia mala noticia, un abrazo para ela e para todos os que lle queriades ben.
Eu soubeno non hai moito. Así se me presentaba sempre, “son a filla de Agustín”, ata que lle dixen que sería alguén, a maiores do título. O enterro é domingo ás 6, en Ramil (Castro de Rei).
«Era mellor ca maioría». Do que eu coñezo do xénero humano, moito mellor ca maioría. Unha última conversa con el hai dez días para falar (ben) dos amigos, entre eles de vostede.
Unha triste perda para Galicia e os que traballan pola súa cultura e a galeguidade. Dende aquí unha aperta de pésame ós seus familiares (colgo tamén un post no meu blog lembrando os seus primeiros artigos en El Ideal Gallego).
A esta hora é despedido Agutín. As circunstancias da data non me permitiron estar alí. Pero estou aquí para deixar algo…non sei… compartín momentos con el na Escola de Espiritualidade e sei que me pedira o mail para enviarme cousiñas. Tamén leía na Revista Irimia os seus artigos, unha fonte de sabedoría que perdemos…unha mágoa.
Leín agora que tiña 3 fillos; permitídeme que vos envíe unha forte aperta e moito ánimo. Tiña agallas.
Grazas tamén a este blog por permitir expresarme.
O meu máis sentido pésame nestes duros momentos a toda a familia, en especial a Lourixe, e tamén a todos os seus amigos, que me consta que eran e son moitos.
Non coñecía persoalmente a Agustín, pero tiñamos amigos comúns que tamén me enviaron o email dos fillos, e sei canto o apreciaban. Por eso fago meu o seu pesar.
Grazas a todos. Non teño palabras. Unha aperta.
Moi mala nova. Qué ben o defines, ilustre, ilustrado e comprometido. Sempre cunha ollada aberta ao mundo.Apertas para a sua familia e amistades. Sentirei non seguir recebindo seus correos de vitalidade.
Un home xeneroso e intelixente
No enterro comprobei que, a pesar da práctica dese uso social, sigo sen saber que dicir, máis alá das frases consagradas pola costumbre. Como trasladar o meu sentimento a alguén que está embargado de dor, embargado dunha sensación tan forte que transmitir o que eu poida sentir é case unha frivolidade vaidosa.
De seguro que era moito mellor ca todos nós. A dor de perder un ser querido coma el debe ser tremenda, pero penso tamén que non hai fortuna maior nesta vida que ter tido perto un pai, un amigo, como Agustín.
A os que tivemos a sorte de haber coñecido a Tintxu quédanos unha dolorosa ferida e un vacío imposible de encher.
A sua bondade era inmensa; a sua vitalidade contaxiosa; a sua pacencia infinita; e a sua cultura enorme. E por riba de todo sabías que sempre podías contar con él.
Tiven a sorte de compartir con él moitas viaxes, e poido dicir que era o compañeiro de viaxes “imprescindible”. Era una ledicia viaxar con él.
Estou certo que o mundo vai ser un lugar peor sin él.
El vacío que deja este hombre bueno, inteligente, buen amigo y mejor persona es tremento. Lo peor será para hijos y familiares, pero a los amigos nos costará superar el dolor.
Quedan en la nostalgia los bellos recuerdos de un gallego profundamente honesto, culto y andariego, de una persona más que sobresaliente que permanecerá como un ejemplo para todos.
Besos Agustín. Donde estes. Besos a sus familiares
Adeus Augustin. Desde Alemania mando las gracias por haber tenido la suerte de conocerle. Es una gran persona de la que siempre me acordaré con mucho amor y agradecimiento. No sé cómo pasar mis próximas estancias en Galicia sin verle. Pero seguro que lo llevaré dentro de mi corazón, aquí como allá. Una aperta- Augustín.
Moitas gracias a todos polo voso apoio e gracias a “sihomesi” polas palabras que lle adica a meu pai.
Témolo pasado en grande os dous (papá e eu) escoitando as ironías e a retranca de “sihomesi”. Meu pai compartía contigo ese sentido do humor mordaz. Gracias de novo polo voso apoio.
Unha aperta moi forte a todos de Alicia (a irmá “pequena” de Lourixe, a filla “pequena” de Agustín, de Tintxu e de Martine)